Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rafael Lema recibe o premio Boas Prácticas Cidadás da Asociación Proxecto Máscaras

Rafael Lema, presidente do Colectivo Exoloxista Px de Ponte do Porto e delegado provincial da Real Liga Naval Español, recibirá este xoves o Premio As Boas Prácticas Cidadáns outurgado pola Asociación Proxecto Máscaras nun acto no que tamén serán galardoadas outras cinco persoas.

Nas nominacións destacan a implicación coa infancia e xuventude, no ámbito cultural e social, na investigación e ecoloxismo e nos programas BoanoiTe e BoaTarde. Os premios ás Boas Prácticas Cidadás son outorgados polas persoas premiadas no ano anterior. Con esta VI Edición son xa 36 as persoas premiadas pola súa labor de implicación e acción solidaria. O acto de entrega será o xoves 22 de setembro ás 18:00 no salón de actos da ONCE na Coruña. A entrada e libre ata completar aforo.

Nesta sexta edición, os premios serán para: Sara Alvar Pariente, polo seu activismo social e implicación no programa BoanoiTe, do que é presidena, premiada por Fray Natalio Saludes. Mónica Fernández Lemos, polo seu activismo social e educativo no coa infancia e a xuventude, premiada por Lorena Nion Lois. Manuel Olveira Paz, polo seu activismo cultural e social desde a súa labor institucional, premiado por Carlota Pérez Fernández. Rafael Lema Mouzo, pola súa intensa labor como escritor, investigador e ecoloxista, premiado por Xosé Manuel Barros, desde a Asociación Mar de Fábula. Lorena Boga García, pola súa implicación e activismo polos dereitos humanos, premiada por Leticia Santaballa Santos.

 

VI-premios-boas-practicas-cidadans
O acto de entrega do galardón será este xoves na Coruña
Rafael Lema recibe o premio Boas Prácticas Cidadás da Asociación Proxecto Máscaras
Comentarios