Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ronquete expón a súa visión da Costa da Morte no Museo Fernando Blanco

Ronquete expón a súa visión da Costa da Morte no Museo Fernando Blanco
Ronquete falando no Museo Fernando Blanco

O sábado 6 de abril, ás 18 horas, tivo lugar no Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee a inauguración da exposición temporal “A terra da auga” de Juanma Abelleira Ronquete, exposición que se encadra dentro do programa de actividades que a Fundación ceense levará adiante neste ano 2013 grazas á colaboración da Deputación da Coruña, e que chega trala exposición salgada de Marcos Rodríguez.

Un total de 13 fotografías paisaxísticas (12 da Costa da Morte e 1 do Courel) conforman a mostra que poderá verse no Museo ata o 11 de maio.

No acto inaugural, ademáis do autor da mostra, interviron María Lado, artista ceense e amiga persoal de Juanma Abelleira, así como Zaira Rodríguez, Presidenta da Fundación Fernando Blanco, Alcaldesa de Cee e Deputada Provincial.
Preto dunhas 100 persoas acompañaron ao fotógrafo neste día especial, moitas delas chegadas de distintos puntos da xeografía galega.

Un centenar de persoas achegaron a inaguracion da Mostra de Ronquete Maria Lado recitou no Museo Fernando Blanco

Juanma Abelleira Ronquete

Músico de profesión, nado en Corcubión no ano 1963. Cursou os seus estudos no Xosé Carrera, no seu pobo natal, no Instituto Agra de Raíces de Cee, e nos conservatorios da Coruña e Compostela. Adentrouse no mundiño da fotografía aló polos anos 80, contaxiado pola paixón que amosaban por esta algún dos seus mellores amigos.

Coa chegada da fotografía dixital, ante aposibilidade de retocar as súas propias fotos, e aproveitando as facilidades da rede, foise especializando no retoque, asistindo a cursos de Mestres de recoñecido prestixio, como José María Mellado.

Aínda que as súas obras impresas ata o momento son máis ben paisaxes, gusta de facer fotografía de “ocurrencias” nas que pretende transmitir ao espectador una mensaxe ou historia.Non se considera un fotógrafo “concursista” e a súa adicación básase máis ben na administración de grupos de fotografía (Tecendo Redes, Nikonistas Galicia, Galiza B/N…).

Os seus traballos viron a luz por primeira vez en exposicións colectivas como “Retrospectiva” co Grupo “Foto Clube Sálvora”, e “As nosas visións” con Emilio Romanos e Isidro Cea.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco.

Comentarios