Senda Nova constrúe o futuro cas propias mans dos seus cativos


Menudos días que leva a Asociación Ambiental Senda Nova. Non podemos deixar facernos eco das súas propostas, porque supoñen unha auténtica aposta polo patrimonio natural, cultural e etnográfico, ao tempo que proporciona ferramentas para os máis novos.
O pasado xoves día 23 tuvo lugar a primeira actividade das SSemanas de Natureza e Paisaxe, consistiu nun achegamento dos nenos e nenas de 4º e 6º do Colexio CEIP Bergantiños ás Herbas Medicinais. A través de sinxelas explicacións e divertidos xogos aprenderon que ata a máis pequena e aparentemente molesta herba do seu xardín ten utilidade e que pode ser moi beneficiosa para as persoas. Descubriron que os abundantes chantaxes ou couselos que ven a diario poden axudarles a curar feridas, picaduras ou frieiras e que en realidade ”Non hai herba mala”.
Máis interesante, se cabe, foi o obradoiro de bioconstrución que Roberto Rivas (o famoso bombeiro anti-desafiuzamentos) e Elena Sanmamede, organizaron na súa casa de Razo. Unha vintena de nenas e nenos acompañados de unha ducia de monitores e voluntarios aprenderon a sacar partido de forma consciente e responsable dos recursos que nos ofrece a natureza. E o fixeron aprendendo a utilizar materiais naturiais e ecolóxicos para construirir as noas casas, así como participar no proceso de elaboración de paredes e tabiques a base de material reciclado.
Unha auténtica clase de arquitectura, ecoloxía, civismo, reciclaxe e autosuficiencia nunha única xornada.

Da bioconstrución á cultura
E o domingo tocaba camiñada no marco do Programa Primavera en Ruta. E tocaba polo Coristanco histórico. Foron varias as paradas pero quedamos ca que fixeron os 60 camiñantes na casa-museo da "Rexoubeira de Bergantiños”. Unha parada obrigatoria para todas as que pasen por Coristanco é que coñecer de preto a esta muller, é un tesouro.

Houbo máis visitas á casa museo estes días, como nos conta a boa de Isabel Rey Porteiro, esa veciña comprometida que coida e fai de guía para amosar o legado de Asunción. Esta fin de semana chegou unha expedición formada por xentes de Bergantiños, pero tamén da Barbanza e mesmo do Brasil. Ata o candidato por TeGa Amancio Lavandeira se achegou a visitar á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.

Novas relacionadas
- Senda Nova achega a importancia da Paisaxe ás escolas.
- A primavera calza as botas na Costa da Morte.
- Senda Nova lévanos un ano máis de ruta por Primavera.
Novas rexoubeiras
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- Unha visita contemporánea á Rexoubeira de Bergantiños polo Día da Muller.
- “Pero como fixo tantas cousas?”.
- Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños.
- 2014: Unha copla polos 95 anos de Asunción Antelo, a Rexubeira de Bergantiños.
- 2010: Unha merecida homenaxe a Asunción Antelo, “A Rexubeira de Bergantiños”
- Vieiros 2008: Entrevista en vídeo con Asunción Antelo.
- A bitácora da semana (CCLXI): Os blogs do CPI Xosé Pichel de Coristanco.
Fonte
- Senda Nova.