![xunqueira-2010-libro-pregon]()
Nas vindeiras horas botaremoslle un ollo ao programa das Festas da Xunqueira para este 2011, pero hoxe como aperitivo, traemos un resumo do que vai dar de si a Feira do Libro de Cee. Celebrarase entre os días 11 e 16 de agosto na Praza da Constitución. As casetas da feira estarán abertas en horario matinal, de 11:00h a 14:00h, e polas tardes entre as 18:00h e as 22:00h. Ademáis, procederase á presentación e sinatura de libros no Museo Fernando Blanco. Deixamos aquí os horarios.
Xoves 11
Ás 13:15h presentación do libro A TERRA DE SONEIRA NO CORAZÓN DA COSTA DA MORTE de Xan Fernández Carrera, Evaristo Domínguez; Roberto Mouzo e Xosé Mª Rei Lema, baixo a coordinación de Xosé Mª Lema Suárez, publicado pola Editorial Galaxia.
Ás 19:15h presentación do libro LUME DE COBIZA de Miguel Anxo Fernández, publicado pola editorial Galaxia. Presenta o acto a xornalista Marcela Riera.
Ás 20:15h presentación do libro EL HOMBRE QUE HABLABA DIFÍCIL de César Brandariz, publicado por Ézaro Ediciones.
A partir das 21:00h animación de rúa con Peter Punk e ás 21.15 horas. Pregón da Feira do Libro a cargo de César Brandariz e inauguración da mesma.
Venres 12
Ás 12:15h presentación e sinatura de exemplares da obra MI LUGAR, MI PEQUEÑO SUEÑO, de Luis Anguita Juega, publicada por Vitruvio, sello Nostrum.
Ás 13:15h presentación dos libros editados polo Seminario de Estudios Comarcais e publicados pola Deputación de A Coruña: AS ROMARÍAS DA COSTA DA MORTE, de Manuel Vilar Álvarez e Xan Fernández Carrera; DICIONARIO DE ESCRITORES E ESCRITORAS DA COSTA DA MORTE de Xosé María Rei e O HÓRREO ATLÁNTICO OU FISTERRÁN. CABAZOS E CABACECEIRAS DA COSTA DA MORTE E BARBANZA de Xosé Mª Lema Suárez e Carlos Fernández Concheiro. Presenta, Miguel Vázquez Freire, escritor e profesor.
Ás 19:15h presentación da obra de José Manuel Otero Lastres EL CAMPO DE BUCÉFALO, editada por Pigmalión Ediciones. Presentan o acto Alfredo Conde, José María Paz Gago e María Canosa.
Ás 20:15h presentación do libro LA RADIO DE RIAL de Javier García Sánchez publicado pola editorial Hércules. Contaremos coa presenza do popular xornalista da Radio Galega, Luis Rial.
Sábado 13
A partir das 12:15h presentación e sinatura de exemplares da obra LA MANCHA NEGRA, de Manuel Sánchez Dalama, publicada por Algaida. Presenta o acto Isabel Ares, directora de expansión do grupo Ler Librerías.
A partir das 13:15h presentación dos libros O PAPAVENTOS DE LAURA, de María Canosa, e A CIENCIA NO PUNTO DE MIRA de Jorge Mira, publicados pola Deputación de Ourense e Auga Editora, respectivamente.
Ás 20:15h presentación do libro BATER DE SOMBRAS de Francisco Fernández Naval, publicado por Espiral Maior e por Huerga y Fierro, na súa edición bilingüe. Presenta o acto, a escritora Concha Blanco.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Área de Cultura do Concello de Cee.