Triple certame de foto, relatos e curtas coa natureza de protagonista
Que a natureza é o noso maior tesouro non cabe díúbida. E que temos grandes especialistas tralo obxectivo, e ca pluma, tampouco. Así que agardamos que sexan moitas as pezas con D.O. Costa da Morte se presenten aos 3 certames que se enmarcan na campaña “Ponte no medio, móvete polo territorio”.
Un triple certame convocado por ADEGA convoca estes concursos intentando "facer participativa á cidadanía na reivindicación dun ordenamento territorial sustentable para frear as ansias especulativas sobre o territorio".
II Concurso “Fotografías polo territorio"
As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: [email protected].
II Concurso “O lugar onde vivo"
Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc.
Concurso de curtas “E ti que é o que ves?"
Poderá paticipar calquera persoa, afeccionada a creación audiovisual que por medio dunha curtametraxe de ficción, documental, animación…desexe denunciar calquera afección negativa ao noso país ou evidenciar a posta en valor dun espazo degradado. Cada participante poderá presentar un máximo de catro curtametraxes. Os traballos de vídeo ou animación crearanse en dixital e presentaranse en formato DVD. As curtas terán un máximo de 5 minutos de duración, incluidos os créditos de principio e final.
- O prazo límite de presentación das obras dos certames remata o día 1 de outubro de 2012.
Máis información
Novas naturais
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
- Costa da Morte: un espazo de rali… fotográfico.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
- Vimianzo engrandece o sendeirismo e Camariñas e Corcubión collen o relevo.
Novas reivindicativas
- Unha cicatriz irreparable na Devesa do Anllares.
- A repotenciación do parque eólico do Vilán abre o debate sobre a súa liberación-
- Contra as fumigacións agresivas.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).