Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un día con lingua

Un día con lingua

17 de maio de 2011. Día das Letras Galegas. A Costa enteira vólcase ca data e son moitos os actos ao longo da bisbarra cun denominador común: a lingua galega.
Con Manuel Suárez levando as letras galegas a Bos Aires enviado pola Secretaría Xeral de Emigración, a comarca érguese con gañas de lingua, con gañas de disfrutar dun día que, malia e todo, non debería existir se o bilingüismo fose tal. Nós, en QPC, celebrámolo todo o ano sendo un dos únicos xornais de Galicia publicado integramente en galego.

O Día das Letras Galegas deste ano está dedicado a Lois Pereiro. Un monfortino que morreu moi novo, que emigrou a Madrid a crecer culturalmente e que voltou para traer os poemas ao seu país. Aquí vos deixamos unhas probas de que falamos dun autor tan transgresor como emotivo.

Moitas citas en toda a Costa

Non faltará á cita o Concello de Muxía, que organiza varios actos co gallo da data. Comezarán ás 12:30h cunha Ofrenda floral diante do monumento a López Abente. E pola tarde, sesión de contacontos para os pequenos e de corais para os maiores.

Por Corcubión poderán disfrutar dunha boa lectura de clásicos, mentres que Cee prefire música de banda. E non se ponde olvidar as citas cas letras en Cabana, que hoxe visitará o Local social de Anos.

Mención especial no Couto

E mención especial merecen as actividades desenvoltas na pequena e loitadora aldea do Couto (Ponteceso). A Asociación Monte Branco prantexa de novo un programa espectacular, dos máis importantes de todo o país.

Xa comezou a andar este pasado sábado e xa pasaron por alí verdadeiros artistas. A veciñanza non pasa por alto a calidade do programa e acodíu en masa nestes primeiros días de festival, que mestura a homenaxe a Lois Pereiro co 150 aniversario da edición do poema “A campana de Anllóns”, do bardo Eduardo Pondal.

Onte foi cita para tres grandes da música galega contemporánea como Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que fixeron unha actuación conxunta inolvidable.

Pero ao longo da fin de semana pasaron outras figuras como Candido Pazó, coas súas Memorias das Memorias dun neno labrego; ou Quico Cadaval, impresionante facendo maxia coas palabras.

Luís Giadas e Sofía González fixeron un especial "Non deas a esquecemento", proposta que trata de recuperar vellas historias de tradición oral. Ademais, os "Bos e xenerosos" deste curso, Xesús Alonso Montero, Antía Cal e Xosé González Martínez, recibiron os seus galardóns.

As citas continúan hoxe cunha cita en Radio Voz con Xosé Manuel Varela e Silvia Losada, e con sesión de maxia pola tarde. As propostas non decaerán ata o vindeiro domingo 22.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios