![Pedro M Rocha0605]()
Hoxe, e nun ton máis desenfadado para estas datas de verán, traemos unha reportaxe acerca do escritor portugués
Pedro Miguel Rocha. Rocha ten parte da súa alma na Costa da Morte, e así o amosan as súas publicacións. O portugués fíxose hai pouco co Premio Literario María Ondina Braga.
Rocha asegura que sinte a súa alma galega. Isto pode ser o que provoque que todas as súas novelas estean ambientadas no noso país, e en especial na Costa da Morte.
O eremita galego serviulle para acadar o premio Maria Ondina Braga, que outorga o Concello de Braga. A obra narra a historia dun profesor universitario de 50 anos que, por mor dos seus problema personais e profesionais, ve a necesidade de refuxiarse na Costa da Morte. Se nesta ocasión Muxía é o escenario elixido por Pedro Miguel Rocha, no seu último libro optara por
Fisterra e o seguinte en camiño desenvolverase en Laxe.
Segundo o escritor, “a historia cometeu un grande erro ao separarnos, somos moi parecidos”, no que se refier á relación entre Galicia e Portugal.
Pedro Miguel Pereira da Rocha naceu en Vouzela en 1973. É licenciado en Ensino de Portugués e Inglés e reside no Miño. Publicou en 2009 Juntos Temos Poder, en 2010 Chegámos a Fisterra e Já Não se Fazem Homens como Antigamente e, en 2011, O Eremita Galego, novela pola que acaba de recibir o importante galardón Maria Ondina Braga.
Novas relacionadas
Fonte
- Informacións achegadas por Miro Villar.