Unha Axenda chea de teatro, música, festas e humor


Chega a Axenda Costa da Morte para esta segunda seman de outubro moi cargada de variedade. Gastronomía, festas, teatro, música, humor… Pero antes repasar as citas, imos ver como chega este revolto tempo para estes días cos amigos de 4gotas, que, coma sempre, nos envían este parte específico para a nosa bisbarra:
O venres non se agarda chuvia na Costa. Como moito un chaparrón ao final da mañá entre Fisterra e Muros.
O sábado xa será outra cousa. Agardamos chaparróns na mañá nese litoral, afectando tamén ao interior (zonas como Dumbría ou Mazaricos). A partir do mediodía do sábado achegarase unha pequena borrasca a Galicia e as chuvias chegarán a toda a Costa da Morte.
Seguirán o domingo, e malia que non choverá seguido, acumularán bastante auga. As temperaturas frescas. Con máximas entre os 18 e 20 graos toda a finde.
Outubro de festa
Son varias as festas que terán protagonismo esta xornada pola volta. E temos comezar ca Pilarica, que terá varias citas: as Festas da Pilarica de Carballo, coa París de Noia na noite do venres, ollo; as Festas da Pilarica da Trabe, Ponteceso; e as Festas da Pilarica de Suxo, cun completo domingo na aldea muxiá.
Poderemos disfrutar tamén de 3 días de troula carnotá nas Festas do Cristo do Pindo-Quimas-A Curra, e mais das Festas do Rosario de Cereo, en Coristanco.
De pinchos, teatro e monólogos no FIOT
Continúan os monólogos invandido as tabernas na Rúa dos Contos mentres arrincan as sesións de sala do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT). E o fai dun xeito completo, pois teremos 3 espectáculos polos bares o venres, outros 2 o sábado e un monólogo o domingo, ademais da estrea en sala con Mofa e Befa na noite do venres e a chegada de Don Quijote o domingo.
Teremos tamén posibilidade de ver a Talía Teatro en Muxía o sábado, e que repetirá na cita que pecha a fin de semana será con ”Demolición” en Vimianzo o domingo.
Ah!, e paralelamente poderán disfrutar da singular ruta de tapas Dalle un bocado ao FIOT, con pinchos teatreiros en 16 bares da capital bergantiñá.
Moita música
Fin de semana musical esta, como comprobamos ca cantidade de concertos. Un pracer ver que as salas da zona ponse ao lío traendo música en directo, algo diferente ás orquestas de sempre. E comezamos co segundo bolo de Alan Acoustic Project en Cee, unha ocasión para ver esta nova banda costeira na súa casa, o Rodín.
Teremos tamén o venres un concerto rockabili na Ventana de Laxe.
E para o sábado, o vimiancés Serj levará as súas letras a Cee.
E unha das citas salientables da fin de semana será a concerto comentado en Cee de Xabier Díaz no marco do Mes da Fundación Fernando Blanco, unha ocasión de gozalo moi preto.
Apuntamos tamén a curiosa e sabrosa proposta do gastro-solpor da Eira, en Ponteceso, con arroz da ribeira, fotos de Marrocos e música dos Mecánicos.
Humor e música benéficos en Muros
Mención aparte mercen as dúas citas benéficas de Muros da fin de semana. O sábado comeza unha Gala Benéfica contra o cancro, pero con moito humor. E de contado, Concerto Benéfico dos rapaces de Maestro Romero e compañía.
E para os trasnos, esta fin de semana teñen unha fantástica Preetapa Libera a Traski e a 4ª etapa do Camiño dos Faros entre Laxe e Arou.
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).