Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Unha axenda de sol e festas para a fin de semana

Unha axenda de sol e festas para a fin de semana
Axenda Costa da Morte 19 xuno 2015

Nova fin de semana de verán na Costa da Morte. Así nolo contan os amigos 4gotas.com no exclusivo parte costeiros que nos mandan para esta #AxendaCostadaMorte cargada de festas.
Será unha fin de semana de praia. E xa se queremos algún matiz: Teremos vento forte do nordés o venres e o sábado, xa máis calmo o domingo. Notarase sobre todo nas tardes nos arredores de Malpica e no solpor en Carnota-Ézaro.
En Bergantiños teremos néboas o venres, con sol sábado e domingo. Sol no resto da Costa toda a finde.
As temperaturas serán altas entre Fisterra e Muros. A primeiras horas da tarde achegaranse aos 30ºC. Nos arredores de Malpica, máis expostos ao vento quedarán entre os 23 e 25ºC. Sendo o domingo o día de temperaturas máis altas.
Ah!! Como podedes ver na http://www.4gotas.com/playas/carnota/de-carnota/#/predicion/mar/18-06-2015/13>predición de praias a auga estará fresquiña.

Marea de festas

Como non pode ser doutro xeito a estas alturas, as festas son as protagonistas nesta terceira fin de semana de xuño, con especial protagonistmo para as Festas de San Adrián de Malpica, que arrincan ca verbena do venres da man da Cinema e a Fania Blanco Show. Para o sábado teremos pasarrías ao longo do día, sesión vermú co Dúo Libertad, tarde coa Charanga Mekánika e verbena con Samba e Filadelfia. Para o domingo, a fermosa Romaría ata a Capela de San Adrián, unha das citas máis auténticas da Costa da Morte. Serán os veciños do Tren da Unha os que poñan a traca final a partir das 22:00h do domingo, cun gran concerto.

Teremos tamén as Festas de Suxo na honra da Virxe do Pilar, en Muxía. Ollo porque o venres teremos á París de Noia, o sábado á Cinema e Tequila e o domingo máis troula.

Por Zas, teremos as Festas de San Adrián de Castro, que comezaban o sábado con Alianza e Channel, e rematan o domingo coa sesión vermú do San Antonio.

Charla irmandiña

O vindeiro sábado 20 de xuño ás 20h celebrarase no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo a charla coloquio “O Asalto na memoria” na que se exporán o contido, o significado e a evolución desta festa histórica. Constará de dúas partes: a primeira será a exposición do contido e da importancia do Asalto e na segunda abrirase a valoracións, debate e preguntas do público asistente.

De concerteo

A gran cita da fin de semana será o “Festifolk Costa da Morte”, un festival de música tradicional galega que contará coa presenza de Luar na Lubre e Birimbao que terá lugar o sábado 20 de xuño a partir das 22:00h na Praza do Concello, despois dunha completa tarde de apoloxía tradicional.

Ademais, o sábado ás 23:30h, o cantante vimiancés Suso Andrea debuta en solitario no Celme Café, facendo un repaso áos mellores cancións do pop-rock español de sempre coa Karaoke Band.

Mentres, o trío Talabarte está nestas datas coa súa nova xira na que presenta as cancións do seu próximo disco en cinco concertos exclusivos en enclaves únicos galegos. O terceiro deles é este domingo 21 de xuño no Muíño das Mareas de Muros e o sábado 27 estarán no Faro de Cabo Vilán. Os concertos inclúen un showcooking con degustación de petiscos a cargo do chef Xián Herrera, maridados co vermú galego Nordesía.

Moito teatro

O venres, no programa RiXallas, teremos o monólogo de Luís Pousada ás 22:00h na Vivenda Comunitaria de Santa Comba,

A Casa da Cultura de Cee acolle o sábado as 21:00h a actuación do grupo de teatro de Lires, da man por Toño Casais.

Mentres, en Muxía, tamén p sábado a partir das 20:00h, María Lado e Lucía Aldao presentan na Biblioteca Municipal o seu novo «Con dez poemas por barba».

E para pechar a finde, a Escola de Teatro de Berdoias traerá a obra “Maribel e a extraña familia” ao auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo ás 20:00h no marco do Xuño Vimianceiro da programación semestral.


Fonte

Comentarios