venres. 16.05.2025
El tiempo

Unha #AxendaCosta de Morte de gintonic e música

Unha #AxendaCosta de Morte de gintonic e música
Axenda Costa da Morte 17-01-15

En pleno inverno, e con temporal pegando forte, nada mellor que meternos nun garito, pedir un gintonic, e disfrutar da boa música. Pois ese é o plan que vos prantexamos para a fin de semana. Pero antes de nada, coñecemos, coma sempre, da man de 4gotas.com, o exclusivo parte meteorolóxico costeiro de cara a estes días:
Tralas chuvias do xoves, o máis destacado en Galicia será a entrada de aire frío e a baixada das temperaturas.
Na Costa non se notará moito a friaxe, pero o venres teremos que falar de chaparróns durante boa parte do día e varios deles chegarán acompañados de saraiba e dalgunha treboada. Sobre todo pola mañá. Na tarde serán máis espalladas esas chuvias e mesmo se abrirán claros. O vento terá refachos fortes do noroeste.
O sábado o vento xira ao suroeste, será frouxo boa parte do día, pero soprará con forza pola noite. Tamén irán chegando chuvascos. Máis frecuentes na madrugada e na mañá e sobre todo no final da tarde.
O domingo volve rolar o vento ao noroeste e volverán a chegar chaparróns desde o mar. Serán máis frecuentes e intensos na mañá e apenas caerán na tarde.
Ollo ao mar o venres con ondas de 6-7 metros. Mellorará na fin de semana con ondas entre os 3 e os 4 metros.
.

De bares

E comezamos a golpe de venres, cun monólogo en Cee con Gari, un herculino tremendamente ácedo…

O mesmo venres teremos sesión musical en Laxe, cun dúo que fai fantásticas versións soul, funk, rock… Two in the mirror estarán na Ventana.

Para o sábado haberá outras dúas citas musiqueiras. Por unha parte, teremos o rokeiro concerto de Doctor Snob en Vimianzo. Pero sen dúbida, a cita da fin de semana darase en Fisterra, cando o gran Kepa Junquera amosará o seu novo traballo no Boulevard.

E de teatro

E non podemos esquecer a proposta teatral que nos ofrece Carballo, coa obra Demolición, de Talía Teatro, no Pazo da Cultura na noitiña do venres.

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios