Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha viaxe, en formato Dogma, á loita do metal con The Gone&Lost

Unha viaxe, en formato Dogma, á loita do metal con The Gone&Lost

Non pasaron das semis, pero a experiencia da banda costeira The Gone&Lost na súa participación no certame Wrestling of Metal dou para moito. Así o podemos comprobar vendo a documental que nos presentan Paco Gallego e Axitpop Comunicación, nunha viaxe apoiada polo Restaurante muxián O Xardín e HT Producciones SL e Dalleqlibras.

Podedes ver a reportaxe completa da viaxe en Galicia Confidencial e podedes tamén escoitar a entrevista que o programa da radiONeria Super Freak Night Show lle fixo a semana pasada ao baixista Iván Villar.

Pero nós deixámoscos directamente co filme da viaxe a Madrid de The Gone&Lost, presentada como un falso documental danés, de director inexistente, en homenaxe ao movemento Dogma 95, movemento de renovación cinematográfica impulsado por cineastas como Lars von Trier o Vinterberg. Desta volta foron Paco Gallego e Axitpop Comunicación os responsables da produción e os Alejo, Iván, Álvaro, Gonzalo, Gon e Miguel. Pero ollo, que en breve estrean nova voz!

"The Gone&Lost, Den Film"


Entrevista con Iván Villar en Super Freaf Night Show

Máis información

Máis información

Comentarios