1ª Autonómica: Boa xornada pero puido ser mellor

Bos resultados esta fin de semana para os nosos equipos. Pero puido ser mellor, pois Fisterra e Camariñas deixaron escapar 2 puntos ante equipos asequibles. Quedan os fisterráns en zona moi perigosa, pero co bo xogo que están amosando confían en ir mellorando as posicións.
Gran vitoria do Malpica ante o potente Noia, que chegaba como líder e marcha de Pedra Queimada na 2ª posición, só con 2 puntos de distancia sobre o propio Malpica. I é que os de Baña xa están 3º, a 3 do liderato.
Outro que sacou un gran resultado foi o Ponteceso, que fixo un dos mellores partidos da tempada en Villestro.
Malpica- Noia (2-0)

- MALPICA: Suso; David Castro, Martín Uruguaio, Víctor, Juanjo Rabuñal, Alemán, Neucha, (Charro, min.81), Cheo, (Adrián, min.67), David Blanco, (Marco, min87), Tato, (Ismael, min.74), Mario Casal.
- Goles: 1-0, min.20: Cheo de fermosa falta directa. 2-0, min.30: Neucha de fermosa falta directa.
A clase a balón parado dos Cheo e Neucha foi suficiente para doblegar ao líder da categoría. Saíu enchufadísimo o equipo de David Baña que non permitiu facer o xogo que gusta ao equipo da Barbanza. A entrega dos locais foi total, e en media hora, tras sendos avisos de David Blanco e Necuha, dúas faltas impecables dende a frontal acababan en gol.
Na segunda o Noia dominou o balón e territorialmente pero os locais non permitiron demasiadas ocasións, e Suso non sufríu.

Piloño - Camariñas (1-1)
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais, Sergio, Julio, Carlos (Manuel, min.75), Moriño (NIco, min.88), Paco (Rodri, min.76), De la Sierra, Martín (Saviola, min.80), Brais, Basti.
- Goles: 0-1, min.30: De la Sierra de penalti sobre Moriño; 1-1, min.92.
- Expulsións: o camariñán Sergio no min.80 e dous locais.
Espacapáronselle, no desconto e contra 9, 2 puntos ao Camariñas do campo do pechacancelas. Foi un partido con moito balón aéreo, moito xogo no medio campo e con poucas ocasións, pero que estivomoi ben controlado en todo momento polo Camariñas, que se metía por diante á media hora cun penalto sobre Moriño que transformaba De la Sierra, apenas sufría. Puideron ampliar a renda Basti, que marrou só contra o porteiro, e Brais, que non estivo fino.
Cando todo parecía que ía rematar nunha apretada vitoria, co cadro local con 9 (os camariñáns con 10 pola expulsión de Sergio), un balón colgado sen aparente perigo, rematou no empate que deixa ao Camariñas con cara de tonto.
Fisterra - Lamela (2-2)

- FISTERRA: Joselu, Munitis (Roberto, min.85), Piti, Sergio Manín, Robertín, Roco, Cote, Guardiola, Roa, Hugo e Aitor.
- Goles: 1-0, min.12: Piti; 2-0, min.20: Cote no segundo pao; 2-1, min.25: de penalti; 2-2, min.62.
- Expulsión: Hugo na primeira metade por unha agresión que non foi tal; e Piti por doble cartón; e un xogador viistante.
Escapáronselle tamén ao Fisterra 2 puntos de Ara Solis. I é que fixo un gran partido pero a actuación arbitral foi determinante. Comezaba o Fisterra moi forte, fallando un penalti por medio de Roa que tamén mandaba un tiro ao longueiro, e o seu rexeite era recollido por Aitor que enviaba ao pao. Non tardaba en poñerse por diante, cun gol de Piti e outro de Cote tras un córner. Pero ao pouco o Lamela recurtaba cunha pena máxima.
Noutra decisión arbitral discutida polos fisterráns, o colexiado expulsaba a Hugo con vermella directa, supostamente por "empurrar con excesiva forza a un rival", co que quedaban máis de 45 minutos cun menos. Non aguantou a SD toda a segunda metade e no ecuador o Lamela. Aínda tivo tempo o colexiado para un par de expulsións máis, unha por bando, para deixar mella en Ara Solis. Ao final un empate que sabe a pouco en Fisterra,

Villestro - Ponteceso (1-3)
- PONTECESO: Norberto, Javi Peón, Alberto, Jorge, Dani Pallas, Mendieta, Recarey, Toniño, Rubén (Martín Puente, min.90), Bieito (Nando, min.65), Brais.
- Goles: 1-0, min.12: 1-1, min.20: Toniño de penalti; 1-2, min.25: Brais; 1-3, min.35: Brais.
Partido moi completo do Ponteceso que colleitaron unha xusta vitoria, mesmo algo curta. Na primeira foi moito mellor o Ponteceso, que a pesar de todo vía como se metía por diante o equipo local. Pero soubo reaccionar, e en apenas 5 minutos do eduador do primeiro tempo, Toniño e Brais, un dos protagonistas da tarde, daban a volta ao marcado.
Na segunda metade, a tónica seguiu igual, pero se cadra o Villestro apretou algo máis. O Ponteceso puido sentenciar nas contras, como unha boa de Brais. Pero ao final o equipo non sufriu, e apenas houbo ocasións para os locais.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
- Alberto Pose: A armada costeira no Cerceda.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora blog do Malpica de Luís E. Porto.