Domingo. 13.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso collen folgos e Camariñas complícase

1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso collen folgos e Camariñas complícase

Dúas vitorias e unha derrota para os nosos 3 equipos en serios apuros. I é que ata varios equipos da Liga da Costa miran aos seus veciños con ilusión de que non descenda ningún para evitar arrastres.

Esta 31ª xornada, quedan só 3, foi clave para realzar as esperanzas de Fisterra e Ponteceso, que chegaban tras sendas malas xeiras de resultados. Foron ademais ante dous rivais directos como Piloño, que se mete no lío, e ante o Laro, máis importante se cabe pois queda con 29 puntos case afundido, deixando só unha praza de descenso.
O Camariñas volveu sufrir unha inxusta derrota na casa, i é que parece que o Hermanas Patiño se lle atraganta aos de Berto.

A cousa queda moi apretada, con 5 equipos loitando por evitar 1 praza de descenso, se contamos con que o Laro ten medio pé na 2ª. O Piloño ten 37 puntos, Camariñas suma 35, Ponteceso con 34 e Fisterra con 33, os mesmos que un Flavia, que aínda non dixo a última palabra e que onte vencía ao Amio, e que a semana que vén ten unha difícil saída ante un Noia que quedou algo descolgado dos dous primeiros postos.

Reunión en Baio

Este xoves 25 de abril, ás 20:30 horas no auditorio do pavillón de Baio, queda convocada unha reunión para todos os Clubes da Costa. A reunión convócase a petición de varios clubes, a obxecto de planificar temas para a vindeira temporada (equipos que participan na Copa, play offs de terceira, primeira autonómica, etc) e tamén se van a tratar temas de esta temporada, por exemplo, intentar unificar o prezo das entradas da Copa da Costa, etc...
Dende a Asociación de Clubes rogan a máxima asistencia, pois agora é o momento de que os clubes fagan todas as peticións ou observacións para planificar axeitadamente a temporada.

Fisterra - Piloño (5-2)

Fisterra-Pilono-Foto-Fran-Insua
  • FISTERRA: Joselu, Robertin, Manuel Cartamil, Sergio, Piti, Bebeto (Dani, min.81), Guardiola (Santi, min.62), Cotte (Marco do Cabo, min.79), Hugo (Mané, min.84), Aitor e Roco (Munitis, min.86).
  • Goles: 1-0, min.2: Aitor; 2-0, min.49: Manuel Cartamil no segundo pao a un córner; 2-1, min.51; 2-2, min.60; 3-2, min.63: Hugo cun golazo tras marcharse do defensa e picarlla por riba ao porteiro; 4-2, min.77: Hugo; 5-1, min.80: Hugo.

Vitoria fundamental e esperanzadora dun Fisterra que levaba 5 derrotas consecutivas e 7 partidos en gañar. Tocaba remar e Ara Solis respondeu cun ambientazo cheo de cor e música, paraa vencer a un rival directo que queda envolto ademais na loita.

Saíu a SD como un raio e Aitor adiantaba aos seus. 2 postes tivo o Piloño na 1º pero o marcador non se movería máis. A segunda comezaba de novo co gol de Manuel Cartamil e unha boa acción de Aitor pola banda, pero o Piloño se metía no partido igualando a contenda en 10 minutos .

Aí saiu o orgullo fisterrán a xogar, e tres golazos de Hugo servían para que o Fisterra siga dependendo de si mesmo para a salvarse. A vindeira xornada tennha boa oportunidade de seguir subindo, pois visita ao Cacheiras, o pechacancelas xa descendido.

Fisterra-Pilono-Foto-Fran-Insua

Camariñas - Puebla (1-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Caamaño (Ousame, min.67), Sergio (Saviola, min.80), Moriño, De la Sierra, Brais, Juan oBello, Martín, Álex.
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.35: Juan oBello; 1-2, min.88.

Dura derrota a do Camariñas que prolonga a mala xeira de Berto na casa, onde aínda non coñece a vitoria dende que tomou o banco. e tivo mala sorte onte o Camariñas que se complica seriamente a vida e se mete no lío. E iso que soubo reaccionar ao gol no ecuador da primeira dos visitantes tras un comezo moi bo do cadro da Pobra. Juan oBello facía, coa caña posta, o empate antes do descanso.

A segunda metade foi de respecto, cun Camariñas algo máis aguerrido pola necesidade dos puntos. Pero precisamente esa necesidade se convertiu en agarrotamento, como vén pasando nos últimos partidos no Hermanas Patiño, e malia chegar con claridade á meta visitante, non se materializaron as ocasións. Mesmo marraron un penalti co empate no marcador os de Berto por medio de Juan oBello. Cando xa se conformaban co empate os dous equipos, o Puebla asinaba un inxusto tanto da vitoria que complica a vida aos camariñáns que a semana que vén teñen unha complicadísima saída ante o líder, o Estudiantil, que malia ter a Liga case que sentenciada, segue coma un rodete.

Ponteceso - Laro (4-1)

  • PONTECESO: Norberto, Javi Peon, Jorge, Dani, Lorenzo, Mendieta, Bolón (Brais, min.55), Josito (Diego, min.88), Bieito (Canay, min.65), Recarey, Toniño (Puente, min.80).
  • Goles: 1-0, min.20: Recarey; 2-0, min.60: Brais; 3-0, min.70; Recarey; 3-1, min.75; 4-1, min.85: Brais.

Vitoria fundamental ante un rival directo que queda descolgado, deixando case que só unha praza de descenso en xogo entre varios equipos, entre eles, 3 da Costa. E foi, por fin, un partido fácil para os de Nacho, en contra do que se esperaba. Sobre todo na segunda metade, tralo tanto de Brais ao cuarto de hora que sentenciaba aos visitantes.

A vitoria sabe mellor ademais contando con 5 xuvenís no equipo como son Lorenzo, Bieito e Recarey de partida e Brais e Diego na segunda, pensando xa nun ano que vén cheo de xente da casa.

Devolve así a goleada que o Laro endosara ao Ponteceso na primeira volta, cun 3-0 estrano, sen apenas superioridade, pero ante un cadro pontecesán ao que non lle saía nada. A vindeira xornada toca saída ante un Arzúa que non se xoga nada.

Atl. Riveira - Malpica (2-2)

  • MALPICA: Suso; Adrián, Marcos Amado (Víctor, min.57), David Castro, Mario Casal, Andrés (Iago, min.93), Alemán, Cheo, David Blanco (Marco, min.89), Fernando Varela, Martín Uruguaio.
  • Goles: 0-1, min.5: David Blanco tras un bo pase de Cheo; 1-1, min.25; 1-2, min.47: David Blanco; 2-2, min.55.
  • Expulsión: O míster malpicán David Baña.

Gran partido do Malpica que segue demostrando por que está aí arriba. Os de Baña, que acabou expulsado por certo, trataron de cara a todo un Riveira situado na 2ª posición e mesmo se meteu por diante en dúas ocasións, con sendos tantos dun David Blanco que recuperaba o seu olfato goleador.

A mellor ocasión para os malpicáns foi un testarazo de Mario Casal aos 10 minutos que pegou no traveseiro, e que significaría un 0-2 que puido cambiar o partido.

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora o o blog do Malpica de Luís E. Porto.

Comentarios