Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Resultados e análise desta importante xornada do #futboldacosta

Resultados e análise desta importante xornada do #futboldacosta
A Esteirana deixouse un par de puntos importantes ante o Castriz- Foto- Jorge Parri

Tremenda a fin de semana de #futboldacosta. Cun sábado completo con moitas cousas, entre elas o alirón da Esteirana Cadete nunha temporada espectacular. Pero hoxe non marchamos á cama sen ver o o novo vídeo dos Ghañan Style polos 50 anos da Copa da Costa. Un vídeo que conta coa colaboración de QPC para reunir as camisolas dos 39 equipos do fútbol costeiro, e que non podedes perder!

Ademais, a fin de semana viña cargada de deporte, como o Rali de Noia, que analizaremos en QPC Motor, pero que nos deixou un incendio e todo, con Víctor Senra facendo un gran rali e acabando no segundo posto, o abandono dos muradáns Lojo e Jose e Ricardo Vidal. De feito, como nos conta o noso enviado especial Manuel Casais, só terminaron os que estreaban coche, cun Grille espectactular e os irmáns Pichín rematando na 28ª praza. O martes, todo en QPC MOTOR!

E imos xa co fútbol da Costa que nos deixou moitas cousas. E hoxe comezamos polos maiores, pois rematou a tempada nos Veteranos, e o Soneira puido celebrar, por fin, o título da 1ª División no seu primeiro ano na categoría e no seu segundo ano en competición. O mércores faremos un repaso pola Liga de Veteranos, pero cómpre felicitar ao cadro soneirán e ao Castriz, que partía como favorito e respondeu apretando ata o último día.

Imos xa cos modestos, e comezamos por unha xa insulsa Preferente. Onte, XSC e Dumbría empataban a 0 en Fontenla, e mesmo resultado colleitou o Soneira en Mugardos.

Pero clave foi a xornada en 1ª Autonómica, coas fundamentais e esperanzadoras vitorias do Fisterra e do Ponteceso, ambos na casa e con goleada, para animar aos seus siareiros neste agónico final de liga. Mágoa da vitoria do Flavia ante o Amio, pero é que parece que o Flavia non ten todo dito. O que segue gafado na casa é o Camariñas de Berto, que sufría unha inxusta derrota nos últimos intres ante o Puebla, complicándose de novo a vida. Agora quedan o Camariñas con 35, Ponteceso con 34 e Fisterra e Flavia e con 33, deixando ao Laro con 29 trala derrota no Pinguel.

Na 2ª Autonómica, a Esteirana deixouse dous puntos no Xosé Luís Vara ante o Castriz e ve como o Baio, que non perdoou ao Outes, se sitúa a só 2 puntos a falta de 3 partidos. O Cee vencía ao Buño, quedando a 5 e 3 puntos, e se preve unfinal de liga agónico coas dúas loitas abertas, tanto polo título como pola segunda praza.
Por abaixo, o Cabana non podía sacar onte nada de Verdillo e o Mazaricos non puido sumar ante o Sofán, e quedan pendentes de que os equipos da 1ª se salven. O Volantes sumaba unha importante vitoria ante o pechacancelas e alcanza ao Outes con 5 sobre o Cabana e 2 sobre os amarelos.

E na 3ª Autonómica, mentres se perfila a promoción, a loita por arriba segue aberta, iso si, cun IDC que parece imparable. Hoxe os de Da Silva remontaban ante o potente Soneira B e se colocan, a falta de 3 patidos, con 4 puntos sobre o 2º, que é agora o Porteño tralo inesperado tropezo do Camelle en casa ante o Nantón, que lle deixa o ascenso directo nas mans do Porteño. Iso si, ambos dependen de si mesmo, unha vez que vindeira semana, A Grixa acolle un impresionante Porteño-Camelle.
E hoxe a UD Cerqueda certificou matematicamente a súa clasificación para a fase de ascenso, empatando a puntos co Soneira B. Queda unha praza, cun Laxe que ten un pé posto trala importante e sufrida vitoria de onte en Arliña, e ademais ten que sumar os 3 puntos do filial fisterrán. O Ameixenda e o Nantón son os únicos que poden poñer en perigo o seu posto, pero difícil vai ser chegar.

Xa analizamos lixeiramente onte a ida dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil. Todo quedará para a volta, cos empates nos choques entre Malpica-Cee e Laxe-Dumbría, e o 3-1 colleitado polo Outes e Cabana ante Mazaricos e Baio respecticamente. O martes traeremos as crónicas.

Temos que recordar tamén a gran vitoria do Dumbría na Liga Galega Cadete ante o seu máximo rival polo ascenso á División de Honra. Os de Lobelos e Leis vencían, sufrindo ao final, ao Ural por 3-2 e teñen 6 puntos de vantaxe sobre o cadro dumbriés a falta de 5 partidos.

O Dumbría da Liga Galega Cadete deu un gran paso no seu camiño á División de Honra

Ademais, cómpre destacar de novo a consecución da Liga Cadete dunha Esteirana espectacular. 23 vitorias en outros tantos partidos, 29 goles a favor e 15 en contra, fan deste equipo o mellor da Costa con diferencia, cantando o alirón con 3 partidos de vantaxe, pois o Cee tamén fixo unha gran tempada.

A Esteirana campiona de Cadetes-Foto-mabefia

En infantís, o protagonista é o Xallas de Santa Comba, que onte, con moitas baixas, sacaba unha gran vitoria ante o Corme que o deixa a 1 só punto do título. Os de Santi Casal tiveron que meter un xogador de campo baixo paos polas lesións dos seus porteiros, pero aínda así sumaron a súa 24ª vitoria da tempada, con só un empate e unha derrota, para sjmar 139 goles a favor e 19 en contra. Uns números que tamén son para envexar. Outro fantástico Cee ten que conformarse tamén en infantís co segundo posto.

Soneira, campións de Veteranos

Soneira de Veteranos campión no seu primeiro ano en 1ª División

Impresionante este Soneira de Veteranos. Segundo ano de existencia, e un título de 2ª División e un ascenso no primeiro, e o título de 1ª División no seu segundo ano. Os soneiráns levaban varias semanas desexando cantar o alirón, pero o Castriz foi un rival tremendamente digno e apretou ata a última xornada . O mércores analizaremos a temporada.
En 2ª, finalmente o Laxe, tras ir por detrás do Muros case todo o ano, leva o título. Ambos equipos ascenden e ocuparán as prazas do Camariñas e do Vimianzo, que remata o ano cun punto.

Preferente, xornada 34

Xallas StComba 0-0 Dumbría
Gal. Mugardos 0-0 Soneira

1ª Autonómica, xornada 31

Atl. Riveira 2-2 Malpica
Fisterra 5-2 Piloño
Camariñas 1-2 Puebla
Ponteceso 4-1 Laro

2ª Autonómica, xornada 31

San Lorenzo 1-0 Cabana
Montelouro 1-1 Corcubión
Cee 3-0 Buño
Dumbría B 2-4 Volantes
Esteirana 1-1 Castriz
Baio 2-0 Outes
Muros 3-0 Carnota
Mazaricos 0-2 Sofán
Zas 2-3 Corme

3ª Autonómica, xornada 31

Camelle 1-2 Nantón
Castrelo 0-0 Ameixenda
Muxía 1-2 Laxe
Lira 0-1 Porteño
Indep. Carballo 4-2 Soneira B
Corcoesto 0-1 Alcaián
Cerqueda 5-0 Xaviña
  • Descansa Baíñas.
  • Fisterra B - Coristanco (0-2) pola retirada do filial.

Copa da Costa Xuvenil, ida dos Cuartos

Copa da costa xuvenil ida cuartos 1

Liga Galega Cadete, xornada 29

Dumbría 3-2 Ural
Villalbés1-2 Bergantiños

Liga Galega Infantil, PlayOff polo Título, xornada 10

Boiro 3-1Bergantiños

Liga Galega Infantil, PlayOff polo descenso, B, xornada 10

Dumbría 3-2 San Cristoba

1ª Cadete, xornada 23

Muxía 3-0 Cabana
Outes 1-3 Xallas StComba
Coristanco 2-4 Ponteceso
Muros 5-0 Baio
Cee 1-3 Fisterra
Esteirana 11-0 Porteño
Zas 2-1 Con. de Carnota

1ª Infantil, xornada 27

Outes 2-2 Fisterra
Cee 7-0 Muxía
Esteirana 3-0* Ponteceso
Sofán - As Baleas
Baio 0-4 Os Miudos
Xallas StComba 7-4 Corme
Vimianzo 1-5 Coristanco
  • Descansa Cabana.
  • O Ponteceso non se presnetaba en Esteiro.

Ligas de Veteranos, xornada 30 (horarios por confirmar)

1ª División

Bergantiños 0-3 Soneira
Baio 0-1 Castriz
Zas 2-4 Coristanco
Nantón 1-2 San Román
Ponteceso 2-5 Xv. Bergantiños
Corcubión Vet. 10-2 Bértoa
Camariñas 2-2 San Lorenzo
Vimianzo 1-11 Cabana

2ª División

Poniente 2-1 Sofán
Laxe 2-1 Agualada
Muros 2-0 Cerqueda
Corme 0-4 Corcoesto
At. Milagrosa 2-2 Porteño
Buño 1-2 Camelle
Leiloio 2-4 Dep. Carballo
  • Descansa Malpica.

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios