1ª Autonómica: O Malpica logra un empate para esquecer

O de onte, partido aprazado da 5ª xornada por mor da grave lesión dun xogador visitante, foi un partido para olvidar por parte do Malpica. Chegaba o Silleda, un dos equipos máis frouxos da categoría, e o cadro de Baña non conseguíu pasar do empate sen goles.

Malpica - Silleda (0-0)

  • MALPICA: Abraham; Pablo Díaz, Diego, Juanjo Rabuñal, Alemán, Ismael, Fernando V. (Eloy, min.79), Joel Pereiro, Petís (Diego Alonso, min.51), Martín Mara e Adrián.

Mal partido en Pedra Queimada. Do medio do campo para diante, cas ausencias de Cololo e Cheo, casi que non existiu, salvo os minutos que quedaban por xogar da primeira parte. Terminaron xogando a segunda metade de forma anárquica. O Silleda, sen facerlle falla o centro do campo para enviar aos balóns aos dianteiros, creou catro ocasións moi claras mais unha delas, aínda que terminou en gol despois de pegar no pao, foi anulado por fóra de xogo claro.

Novas relacionadas

Crónicas da 1ª

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).