Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Os líderes da 1ª son da Costa

1ª Autonómica: Os líderes da 1ª son da Costa
Bertin no Sofan-Baio-Foto-Santi Diaz

O partido da xornada 7ª da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra tiña tintes costeiros. I é que o líder visitaba o inexpugnable campo do 2 clasificado, cun resultado que deixa a liga moito máis apretada. O Sofán, imbatible na casa, pero non tan ben fóra dela, puido cun gran Baio, que se mantén líder con 2 puntos de vantaxe.

Caeu o Corme na casa e descende á 7ª praza, mentres Soneira e Malpica sumaron sendos empates caseiros que souberon máis sabrosos por Pedra Queimada que polo Municipal vimiancés. Segue preocupando a Esteirana, que non acaba de arrincar e caía de novo no Xosé Luís Vara, a pesar do eterno apoio da afección.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Sofán - Baio (3-1)

11 do Sofan ante o Baio-Foto-Santi Soneira
  • SOFÁN: Bugy, Sito, Javi Souto, Félix Garrote, Rubén, Pablo Martínez, Martín, Eloy Boedo (Míchel, min.46), Raúl (Brais, min.78), Bertín (Leilán, min.67) e Iván Rojo (Marcos Pensado, min.85).
11 do Baio no Carral-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Fachal, Porto, Mario, Yago, Eloy (Alberto, min.46), Martín, Brais, Bieito, Christian e MC.
  • Goles: 1-0, min.13: Yago en propia meta; 2-0, min.44: Bertín a centro de Iván Rojo; 3-0, min.48: Yago en propia meta; 3-1, min.50: Alberto de penalti cometido por Rubén sobre MC.
Sofan-Baio saltando ao Carral-Foto-Santi Soneira gran entrada no Carral para o Sofan-Baio-Foto-SD

Partidazo no Carral entre os dous líderes da categoría, e dúas afeccións entregadísimas que ateigaron, con máis de 400 persoas, o campo carballés. Chegaba a Sofán un Baio imbatido, pero o Carral é moito feudo, e o cadro de Josito foi xusto vencedor, contando ademais ca fortuna de cara. I é que dous tantos foron en propia foron clave para manter a racha na casa.

Os dous equipos pelexaron ata a extenuación. Púñase de cara o choque para os locais cando o meta Dani despexaba un balón ante a presión de Bertín, o balón petaba no defensa baiés Yago e o balón colábase na propia meta visitante. Intentaba o Baio penetrar na segura defensa sofanista pero as mellores ocasións foron para os locais, cun balón ao pau de Raúl e dúas boas paradas de Dani a tiros de Rojo e do propio Raúl.

Clave foi o gol ao fío do descanso de Bertín, tras unha gran xogada de Iván Rojo por banda.

Comezaba a segunda co 3º tanto, noutra xogada desgraciada dos visitantes. Pero non se veu abaixo o cadro de Félix, que recurtou de inmediato, e que o intentou cun, coma sempre, combativo MC en punta. A mellor ocasión da segunda, unha fermosa falta que o capitán Martín estrelou na madeira defendida por Bugy.

Alberto rodeado de sofanistas no Sofan-Baio-Foto-Santi Diaz

Aquí o vídeo dos goles de Santi Soneira:


Corme - Flavia (2-4)

Corme-Flavia-Foto-Edu Cambon
  • CORME: Suso, Alejandro, Pandi, Aldofo, Adrián Doldán (Jose, min.46), Brais, Toniño, Diego (Dani, min.70), Juan Chans, Lucas e Alejo (Jesús, min.76).
  • Goles: 1-0, min.8: Diego; 2-0, min.30: Adrián Doldán recolle un rexeite do porteiro a tiro de Alejo; 2-1, min.32; 2-2, min.57; 2-3, min.70; 2-4, min.92.
Marea azul no Cairo-Foto-Fin Lema

Deixouse o Corme 3 puntos no Cairo ante un Flavia que soprendeu cunha gran segunda metade. E iso que a marea azul arrincou coma sempre, apoiada por unha afección incansable, e co acerto de Diego e Adrián Doldán. Pero tralo gol de Adrián á media hora chegaba xusto o primeiro dos padroneses, que se metían de cheo no partido.

E na segunda, o Corme baixou lixeiramente o ritmo, cousa que aproveitou Flavia para meterse arriba. Non estaba fina a defensa cormelá e tres erros na saída do balón propiciou 3 roubos que non desaproveitou o cadro visitante para remontar o partido.

Baixa o Corme ata a 7ª praza, pero só a 4 puntos do líder.

Esteirana - Amio (1-3)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Uru, Álex, Saúl (Cajulo, min.55), Juan (Pesco, min.65), Pabliño (Maseiras, min.46), Simón (Tobío, min.80), Adrián, Serrano e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.13; 0-2, min.42; 0-3, min.55; 1-3, min.82: Álex.
  • Expulsións: Cajulo por dirixirse ao colexiado.

Unha semana máis haberá que esperar para ver a reacción dos esteiráns e levantar a cabeza na 1ª Autonómica. Non tiveron sorte neste encontro, a pesar da gran afección que encheu con 200 persoas o Xosé Luís Vara, pois tras un comezo igualado víase a Esteirana por debaixo nunha acción de loita ca defensa e levarse un balón por forza o dianteiro visitante. Continuou o equipo local presionando e xerando ocasións que non collían porta. Si tivo acerto o equipo de Santiago na beira da primeira tras un disparo lonxano. Gol nun momento crítico.

Despois víronse truncadas as ilusións dos locais, en gol tras rexeite de córner e así poñer máis costa arriba o encontro. Mantivo a cara a Esteirana marcando Álex no final e insistindo na búsqueda de algo positivo pero sen acadar máis proveito.


Malpica - Puebla (0-0)

Malpica contra o Puebla-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Pablo Díaz (Gende, min.76), Diego, Alemán, Juan Rabuñal, Kevin, Joel Pereiro, M. Maradona, Rodrigo, Diego Alonso e Petís,
Malpica-Puebla-Foto-Wash-Calvo

Saltou o equipo de Baña cun 11 plagado de baixas, no que hai que salientar o debut do xuvenil Gende. E o equipo vai collendo firmeza atrás, e se ben non tivo grandes ocasións para levar o partido, si que mellorou moito en actitude e intensidade, e sumou un punto que sabe a gloria.

Dominou o equipo visitante o control do balón, pero apenas foron 5 as chegadas dos barbanzanos en todo o partido. O xuvenil Petís foi o máis activo na punta de ataque, pero non tivo sorte cara gol nas poucas ocasións que tivo.

A este Malpica que quere construir Baña quédanlle moitos deberes por facer.

Malpica-Puebla-Foto-Wash Calvo

Soneira - Unión (2-2)

Soneira quecendo-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Chans (Figueroa, min.73), Pichi, Maykel, Fran de Urroa, Mayor (De la Sierra,min.58), Sandelo, Richi, Javi, Nazo e Basti.
  • Goles: 1-0, min.25: Basti de penalti cometido sobre Nazo; 1-1, min.55: tras un barullo na área a unha falta lateral; 1-2, min.80: de falta pola escuadra; 2-2, min.87: Javito pon unha falta na escuadra.
  • Expulsións: un xogador e o adestrador visitante no min.25 e outro xogador do Unión no min.75.

Empatiño do Soneira na casa que sabe a pouco, pois o equipo visitante quedou con 9 sobre o terreo de xogo. En todo caso, nótase a melloría do equipo de José Ángel.

Foi un choque moi físico, con moito xogo no medio campo. Conforme ían pasando os minutos, o Unión cortaba máis o xogo que intentaba desenvolver o cadro soneirán, buscando un partido bronco.
A primeira chegada foi para os visitantes pero Maikel era quen de sacar o centro a córner. No ecuador da primeira, unha xogada perfecta pola banda de Javito, que consegue centrar e cando Nazo vai rematar de cabeza un xogador o empurra por detrás e o colexiado sinala o punto de penalti e a expulsión do xogador por doble cartón, e de paso ao adestrador visitante por protestar.

Sentoulle ben o gol ao Soneira que mellorou e dispuxo de máis ocasións, pero a defensa do Unión despexaba os balóns a saque de esquina.

Comezou mandando o Soneira na sgeunda, pero unha falta lateral era aproveitada, tras un barullo na área local, para que o Unión empatase a contenda. Seguiu percutindo o Soneira, e Nazo puido meter de novo aos seus por diante pero o seu forte disparon saiu lambendo o a escuadra. O Unión sufría unha nova expulsión pero cando mellor estaba o Soneira, chegaba outro gol a balón parado dos visitantes, cunha fermosa falta pola escuadra.

A resposta foi de Javito, con outra falta maxistralmente botada pola escuadra, para facer o empate cando só faltaban 3 minutos. Seguiuno intentando o Soneira, e no desconto Figueroa e Basti tiveron ocasións para levar o partido.

Soneira ante o Union-Foto-Oscar

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios