Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Uns gañan e outros perden

1ª Autonómica: Uns gañan e outros perden
Corme-Esteirana-Foto-Diego Lema

Sorte dispar para os nosos nesta 14ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Caía o líder da categoría pero gañaba o inmediato perseguidor, ambos costeiros, recurtando a 4 puntos a vantaxe do Sofán sobre o Baio.

Pero a xornada tiña os ollos postos no Cairo, onde Corme e Esteirana disputaban un derbi de urxencias que coloca ao Corme en zona morna pero deixa á Esteirana tocado.

Ademais, gran vitoria do Soneira en Padrón, e gran derrota do Malpica na casa ante o Lesende, dous resultados que rompen as tendencias que traían ambos equipos.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Baio - Cordeiro (2-1)

Baio-Cordeiro-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Fachal, Mario, Yago, Eloy (Costiña, min.84), Brais, Bieito, Martín (Ramón, min.92), Rubio (Alberto, min.62), Christian (Saleta, min.72) e MC.
  • Goles: 1-0, min.69: MC nunha boa xogada por banda; 1-1, min.73; 2-1, min.89: MC noutra xogada pola esquerda.
Afeccion baiesa-Foto-Santi Soneira Martin co arbitro fisterran Castreje e o capi do Cordeiro-Foto-Santi Soneira Sacando o número gañador da porra do Platas Reinoso-Foto-Santi Soneira

Vitoria importante do Baio tras un choque igualadísimo e que se decidía con dúas accións de calidade de MC entrando pola banda esquerda. Os dous equipos buscaron a meta contraria e o Cordeiro tamén demostrou por que está tan arriba, de feito, unha vitoria visitante tivera igualado aos dous conxuntos, deixando agora aos baieses con 6 de vantaxe, e a outros 6 do liderato.

A primeira metade foi igualada e remataba co empate a cero. Saían os de Félix polo partido na segunda, e MC adiantaba aos seus xa pasado o ecuador. Pero un golazo dende 40 metros dun medio visitante igualaba pronto o marcador.

E cando parecía que o partido remataría en táboas, aparecía de novo pola esquerda MC, para nunha internada cruzar o balón e facer o tanto da vitoria, co seu 9º gol da temporada.

Aquí quedan varias imaxes do encontro e o vídeo dos goles de Santi Soneira:

Baio-Cordeiro-Foto-Santi Soneira

Flavia - Soneira (0-4)

Soneira en Padron-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Chans, Brais Mouzo, Maikel, Mayor (Fran de Urroa, min.10), De la Sierra, Sandelo (Efe, min.72), Basti (Rodri, min.80), Javi e Nazo.
  • Goles: 0-1, min.4: Brais Mouzo nun rexeite; 0-2, min.40: en propia meta do porteiro local tras un bo córner lanzado por Sandelo; 0-3, min.70: Javi tras unha gran xogada de Figueroa; 0-4, min.87: Figueroa aproveita un rexeite.
Afeccion soneira en Padron-Foto-Oscar

De novo disputou un bo partido o cadro soneirán, coa novidade de que desta volta tivo acerto cara gol e volve cos puntos de Padrón. E xa saía avisando o equipo de Manolito, e aos 3 minutos Mayor facía que o porteiro tivese que sacar o balón da escuadra. Non pasou un minuto e Brais Mouzo abría a lata aproveitando un rexeite a un córner.

Continuaban os soneiráns mandando, pero Mayor tiña que saír do terreo de xogo tras un forte golpe. Javito quedaba só diante do porteiro pero escorábase moito, e De la Sierra remataba ás rentes do pau un centro de Figueroa, un dos destacados do partido. Eran bos minutos para os visitantes, e o Flavia non deu sinais de vida ata a media hora de xogo, pero o balón ás costas da defensa soneirá saía demasiado cruzado. Xogada clave foi o paradón de Anxo a un tiro dende fóra da área a piques de chegar ao descanso, xusto antes do segundo gol soneirán, que deixaba o choque encarrilado de cara á segunda metade.

Empezaba a segunda cun Javi apretando arriba e mandando á cepa do posto. Eran minutos de igualdade, con ocasións para uns e outros, ata que no min.70 o Soneira rompía o partido, cun gol de Javi tras unha gran xogada por banda de Figueroa, que culminaba o seu partidazo cun gol nos últimos minutos. Un Javi que xa leva 6 goles.

Soneira ante o Flavia-Foto-Oscar

Corme - Esteirana (1-0)

Corme e Esteirana no Cairo-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Pandi, Dani, Alejandro, Adrián Doldán (Diego, min.78), Sergio, Brais, Lucas, Juan Chans (Adolfo, min.30) (Joshua, min.80), Toniño (Jose, min.63) e Alejo (Jesús, min.83).
  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Sui, Serrano, Chispi, Álex (Adrián, min.70), Saúl (Adrián Louro, min.80), Simón (Pabliño, min.42), Kike, Andel e Róber Pladur (Juan, min.63).
  • Goles: 1-0, min.26: Lucas despois de controlar na área e batir ó porteiro de semivolea.
  • Lesión: Juan Chans cunha escordadura.
Lucas Brais e Tonino nunha falta-Foto-Edu Cambon

Outro derbi da costa con moitas personas no campo do Cairo que presenciaron a vitoria do seu equipo. Eran un partido entre dous equipos moi necesitados onde o Corme puxo o fútbol e o empeño na defensa a Esteirana, a cal tratou de pechar os ocos e dar o balón aos locais que gozaron da posesión e das ocasións. O gol chegaba antes do descanso do Corme en acción de rexeites que colleu Lucas para elevar ante un defensa de tiro cruzado lograr o primeiro e a postre o gol do partido. Sen chegadas na primeira, gozou Róber da máis clara do partido para os de Esteiro no borde do descanso que só diante do porteiro non acerta co disparo.

Na segunda foi a tónica a presión dos visitantes pero sen moitos froitos. Defensa e contra do Corme eran as constantes, sen moitas ocasións de perigo por ningún dos bandos. Remataba o encontro cuns man a man do Corme e un tiro ao pau dos de Esteiro. Vitoria clave do Corme que deixa atrás a un rival directo.


Malpica - Lesende (0-3)

11 do Malpica ante o Lesende-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, M. Alberto (J. Rabuñal, min.28), Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro (Rodrigo, min.71), Cheo, Cololo e M. Maradona (Petís, min.67).
  • Goles: 0-1, min.60; 0-2, min.86; 0-3, min.89.
Malpica-Lesende-Foto-Wash Calvo

Partido atípico o xogado en Pedra Queimada que corta unha boa xeira de resultados do cadro de Baña. Se no descanso lle dixeran aos espectadores como ía rematar o partido, ningúen o crería. De 50 partidos que xogaran o Lesende, adestrado polo muradán Sil, gañaría un ou dous, i é que o tanteo ao descanso podería ter sido moi folgado cara o Malpica pero as ocasións máis claras foron repelidas por un defensa baixo os paos (co porteiro batido) ou polo pao dereito da portería na ocasión de Baba.

Na segunda metade presumíamos unha saída en tromba do Malpica. Pero foise diluindo no xogo, ás veces duro e excesivamente permitido polo colexiado. E aos visitantes si lle entraron as ocasións que tiñan, cun só dianteiro en punta que aproveitou as poucas chegadas para matar o partido á contra.

Ao final montóuse unha pequena tangana coa expulsión de Pombo como único resultado, ante as prootestas malpicás.

Malpica-Lesende-Foto-Wash Calvo

Villestro - Sofán (3-0)

  • SOFÁN: Bugy, Sito, Marcos Pensado (Méndez, min.63), Félix, Rubén, Míchel (Brais, min.63), Martin, Eloy Boedo (Maneiro, min.46), Iván Rojo (Leilán, min.46), Bertín e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.14; 2-0, min.60; 3-0, min.80.
Sofan en Villestro-Foto-SD

Segunda derrota da tempada a que colleitou a SD ante o Villestro, un dos equipos que pode poñer en perigo o liderato indiscutible dos carballeses. Os locais demostraron por que son nestes últimos anos un dos mellores equipos da categoria e foron superiores, sabendo, ademais, xogar co marcador.

Arrincaba o partido a toda velocidade, e pronto Raúl dispuña da que sería a ocasión máis clara para a SD cun remate de cabeza case na liña de gol que detivo o meta local. Pouco despois chegaría unha das xogadas claves do partido. O colexiado sinalaba unha rigorosa cesión a Bugy e o Villestro se adiantaría no marcador. Soubo aguantar o sitio o Villestro, ante unha SD que se veu arriba e competiu con todo. Eloy Boedo tivo outra para os costeiros pero Sito tamén tivo que salvar un balón na liña de gol.

Arrincaba a segunda e o Sofán, que saía máis aberto, sufría pronto un mazazo que xa case que remataba co partido.


Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora Isma, Oscar Basalo, Fin Lema, Luís Porto, CD Baio e SD Sofán.

Comentarios