Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi

1ª Autonómica: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi
Esteirana-Sofan-Foto-SD Sofan

Este Corme non ten teito e xa está de líder da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Menuda a que pode liar este ano a marea azul como siga con este ritmo.

Todo, nesta segunda xornada marcada pola Barca e pola Barquiña, algo que uns sufriron máis ca outros. Non as notaron os da Esteirana e Sofán, que protagonizaron o primeiro e tenso derbi do ano na categoría, selado cun xusto empate.

Os que pode que si que notaran as festas foron os soneiráns, que estrearon o Municipal cunha sosa derrota ante o Sigüeiro, nun mal partido por ambas partes. Ademais, O Baio e o Malpica sumaron un puntiño.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Piloño - Malpica (1-1)

Bonito gol de Martin Maradona en Pilono-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo, Pablo Díaz, Diego, David Castro, Dani García, Fernando Varela, Joel Pereiro (Almeida, min.75), Alemán, Rodrigo, Martín Maradona, Kevin (Petís, min.59).
  • Goles: 1-0, min.65: 1-1, min.93: Martín Maradona en fantástica xogada persoal tras varios regates e cano suave ao porteiro.

Partido duro e bronco no que as defensas sempre gañaron a partida ás dianteiras e as chegadas foron pouco claras. O Malpica salvou un merecido punto no desconto cunha gran xogada de Martín Maradona, unha das caras novas deste equipo que dirixe Óscar Suárez como Kevin, Petís ou Almeida, procedentes dos xuvenís, ademais de Dani García, recuperado despois dunha grave lesión.

Houbo moito xogo no medio campo, e loita por ter a posesión pero sen un dominador claro. Rodriguo fallaba un pase de M. Mara ao comezo do choque e Fernando Varela enviaba alto dende o borde da área. Joel probaba de falta á medioa hora, mentres que Pombo tamén tiña que empregarse en varias ocasións durante o primeiro tempo.

Comezaba pegando ao cuarto de hora da segunda o cadro local, e o Malpica tivo que estirarse. Intentouno Diego cunha colada por banda que deixou pasar Petís e Fernando Varela mandou alto, ata que pasados 3 dos 90 regulamentarios, Martín Maradona colleu o balón na esquina da área, fixo un par de recortes, prantouse diante do porteiro e o batiu de suave e calidoso cano, para sumar o primeiro puntiño da temporada.

Amio - Corme (0-3)

  • CORME: Suso, Dani, Pandi, Alejandro, Diego, Toniño, Brais, Adrián, Lucas, Juan Chans e Alejo. Tamén xogaron: Jesús, Javi, Joshua, Antoniño, Adolfo.
  • Goles: 0-1, min.55: Lucas dende o medio do campo; 0-2, min.65: Juan Chans; 0-3, min.80: Alejo.
  • Expulsión: O cormelán Alejandro no min.42, e expulsión dun xogador local no min.70.
Corme e Amio saltando o campo-Foto-Fin Lema

Ponse de líder o Corme metendo ademais ao Amio de pechacancelas, sendo o único equipo sen puntuar. Os de Lentejo van dar moitas lecciónsd e fútbol este curso e os santiagueses así o sufriron, e iso que o cadro azulón estivo cun home menos moitos minutos.

A primeira metade foi de tanteo, cun Corme combinando ben e sen presas. Pero ao fío do descanso o colexiado expulsaba, moi rigorosamente, ao capitán cormelán por doble cartón. Curiosa foi a situación xusto despois da expulsión de Alejandro. O colexiado expulsaba a un xogador local, pero 3 minutos despois o liña indicáballe que podía entrar de novo ao recoñecer que se equivocara e que a tarxeta era para outro xogador.

Arrincaba con 10 a segunda o Corme pero sacou de orgullo, e de calidade. E Lucas enmudeceu o campo cun golazo dende o medio campo cando só ían 10 minutos. Seguiu o Corme percutindo e xogando de cine, ata que Juan Chans fixo o segundo, e o colexiado expulsaba a un xogador local. Alejo puxo o definitivo 0-3 para poñer de líder á marea azul.

Soneira - Sigüeiro (1-2)

Choque do Soneira co Sigueiro-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Martín, Pichi, Fran de Urroa, Mayor, Rodrigo, Sandelo, De la Sierra, Martínazo, Basti, Javi e Brais Triñanes (Figueroa, min71).
  • Goles: 1-0, min.11: Martinazo a pase de Mayor; 1-1, min.42; 1-2, min.71.
  • Expulsión: o capi Fran de Urroa, min.50.

Mal partido dos de Pose, que non souberon aproveitar as facilidades do cadro visitante. Un Sigüeiro que, sen facer nada do outro mundo, leva 3 puntos que son demasiado premio.

Foron 10 bos primeiros minutos dos soneiráns, pero o gol de Martinazo desestabilizou aos locais, que non chegaron máis veces a portería con claridade en todo o partido.

Foi un choque trabado, con moitas amarelas, sen ocasións. O equipo roxiño empataba antes do descanso, pero tampouco foi quen de reaccionar o Soneira na segunda e no ecuador facía o segundo. Contra o final tivo unha Basti para empatar pero sen demasiada claridade.

Villestro - Baio (2-2)

11 inicial do Baio en Villestro-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Yago, Porto (Silva, min.60), Eloy (Norber, min.46), Costiña, Fachal, Brais, Bieito, Martín (Ramón, min.70), Saleta, Christian (Rubio, min.60).
  • Goles: 1-0, min.5; 1-1, min.17: Brais; 1-2, min.40: Saleta; 2-2, min.86.
  • Expulsión: Norberto no min.65.

Non trouxo os puntos por moi pouco de Villestro o equipo baiés, que protestaron a actuación arbitral, clave no resultado final.

Comezou marcando o Villestro pero o Baio de Félix tomou o mando e demostrou que este ano vai volver estar arriba. Brais aos 15 minutos e Saleta antes do descanso xa lle deran a volta ao marcador nunha gran primeira metade baiesa. Saía Norbes na segunda para conter no medio campo pero o colexiado o expulsaba con dúas tarxetas case consecutivas e demasiado esixentes. Quedaba con 10 o Baio e o Villestro apretou, pero o empate non chegaría ata faltando 4 para o final, o que deixou un mal sabor de boca aos costeiros.

Aquí vos deixamos o fantástico resumo dos goles do partido de Santi Soneira.

Esteirana - Sofán (1-1)

Esteirana-Sofan-Foto-SD
  • ESTEIRANA: Fabio, Code (Chispi, nin.73), Simón, Dani Rama, Eloi, Pabliño (Andel, min.50), Martín, Álex, Saúl (Juan, min.73), Adrián (Pesco, min.60) e Róber Pladur.
  • SOFÁN: Bugy, Sito, Javi Souto, Félix Garrote, Rubén, Martín, Diego Maneiro (Pablo Martínez, min.46), Luís (Leilán, min.46), Iván Rojo, Brais (Raul, min.66) e Bertín (Eloy Boedo, min.68).
  • Goles: 0-1, min.72: Raúl de cabeza a un córner botado por Leilán no segundo pau; 1-1, min.80: Juan de forte disparo dende o vértice esquerdo da área.

Encontro da segunda xornada de Liga e primeiro derbi costeiro na categoría, e xa se mostrou o alto nivel deste ano na 1ª Autonómica, con dous equipos moi ben plantados no campo, serios en defensa e con un ataque organizado, se ben hoxe prevaleceron as defensas e non foi un partido vistoso e atractivo de fútbol ofensivo. Dominio alterno na primeira metade con dúas ocasións para o Sofán e nulas chegadas locais. Na segunda foi trocando o partido co paso dos minutos e tras o desgaste físico de ambos equipos,apareceron os espacios o que provocou máis alternativas no xogo. Estirouse o Sofán a polo partido e sen gozar de ocasión claras, anotou a balón parado tras cabezazo de Raúl en saque de córner. Seguíu o partido na mesma liña e un golazo de Juán de Selia puxo o empate no marcador. A última do encontro e xa no desconto foi un man a man de Raúl que sacou perfectamente o porteiro da Esteirana Fabio.

Partido sen incidencias arbitrais e con masiva afluencia de público, entre eles uns 25 seguidores do Sofán.

Esteirana-Sofan-Foto-SD

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios