Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Menudo doble derbi

1ª Autonómica: Menudo doble derbi
Esteirana-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Apaixoante esta 15ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Con dous derbis comarcais de auténtico infarto, que demostran a calidade desta categoría. O Soneira freou ao Baio nun partido tremendamente igualado. Mentres o Malpica venceu en Esteiro e afunde un pouco máis a un cadro esteirán que, de manter esta liña con Pedrosa, vai subir enteiros.

Polo demais, o Sofán segue ao seu na casa. Onte sufría para superar ao Sigüeiro pero aproveita o tropezo baiés para ampliar a renda cos perseguidores. E ben polo Corme, que se afianzan na zona alta da clasificación e segue ollando cara arriba.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Cordeiro - Corme (0-1)

Corme co Cordeiro-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Pandi, Dani Cousillas, Alejandro, Adrián Doldán (Juan Chans, min.77), Brais, Sergio, Jose (Adolfo, min.46), Lucas, Alejo e Toniño (Brais Torrado, min.70).
  • Gol: 0-1, min.24: Lucas marca un golazo.
Banco do Corme ante o Cordeiro-Foto-Fin Lema Corme ante o Cordeiro-Foto-Fin Lema

Terceira vitoria consecutiva dun Corme que parece enderezar de novo o rumbo da goleta azulona. Os de Lentejo visitaban o campo do Cordeiro e tivo que ser Suso o heroe do partido coas súas paradas. Non só parou un penalti no minuto 89 senón que ademais fixo un paradón pouco antes que ía á cruceta e outro a “bocajarro” que valeron 3 puntos.

Iso si, o Corme fixo un bo partido, serio, cunha boa defensa atrás na que Dani Cousillas estivo sobresaliente, e con moitas ocasións arriba. pero non estiveron finos os Lejo e Toniño, e tivo que ser Lucas, cun golazo, o que abrise o marcador.

Paradon de Suso no penalti no 89-Foto-Fin Lema

Esteirana - Malpica (0-2)

11 da Esteirana ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • ESTEIRANA: Pabio; Codesido, Simón, Serrano, Chispi, Uru (Adrián Louro, min.78), Álex, Andel, Roberto Pladur, Quique e Saúl (Pablo, min.41).
11 do Malpica en Esteiro-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Abraham; Adrián, Kevin (M. Maradona, min.35), Diego, Pablo Díaz, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro, Cheo (Petís, min.85), Cololo (Rodrigo, min.87) e Diego Alonso.
  • Goles: 0-1, min.62: Cheo de tiro cruzado tras un saque de banda que peitea Cololo; 0-2, min.85: Cololo rouba un balón en tres cuartos de campo e supera por riba ao descolocado porteiro local.
  • Expulsións: os locais Quique (min.80) e Simón.
  • Lesións: Saúl tras un golpe e Kevin con problemas musculares.
Cheo e Serrano, capis do Malpica e Esteirana-Foto-Luis Porto

Partidazo no Xosé Luís Vara, ante máis de 200 siareiros, que quixeron acompañar aos seus neste derbi costeiro norte-sur. Foi un partido tremendamente competido polos dous conxuntos. Ainda que o Malpica gañou por dous goles de diferenza o partido, se houbese acabado empatado a goles non causaría sorpresa a ningúen.

No bando local, Pedrosa sentou de novo no banco, despois dunha semana convulsa na que pedía o compromiso de todo o equipo. Pero a sorte non estivo co cadro blaugrana. En fronte tivo a un Malpica tremendamente serio, que defendiu moi ben e contou cun Cheo que está en estado de gracia e lle dá un plus en ataque fundamental, buscando a banda de fondo de córner para dar asistencias e marcando o 0-1 cun chut perfecto.

A Esteirana, co marcador a ceros e despois co 0-1 apretou con homes de tremenda calidade en ataque. Álex e Roberto Pladur eran os máis incisivos. Pero un erro defensivo permitiu a Cololo controlar e marcar desde lonxe e, a partires de aí o equipo de Esteiro, con un home menos, xa non foi quen de lograr algo positivo.

Esteirana-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Sofán - Sigüeiro (2-1)

11 do Sofan ante o Sigueiro-Foto-SD
  • SOFÁN: Bugy, Sito, Marcos Pensado, Félix Garrote, Rubén (Diego Maneiro 84), Martin (Eloy Boedo 68), Míchel, Iván Rojo (Leilán 50), Luís, Bertín (Brais 57) e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.47: de penalti; 1-1, min.73: Raúl de penalti por mans; 2-1, min.89: Leilán aproveita un rexeite do meta a un man a man de Brais.
Juanito e Lito do SuperDepor ao Carral

Este Sofán fai do seu Carral un campo inexpugnable. Por vitorias conta os seus partidos no campo carballés, e onte tivo que sufrir ata o pitido final para disfrutala, ante as protestas dos xogadores visitantes. O Sigüeiro prantou cara a todo un líder e mesmo se puxo por diante no comezo do segundo tempo.

O partido comezaba cunha fermosa homenaxe, a de Lito, o mellor xogador da historia do club, que vivía tempos felices en Riazor naquel SuperDepor no que compartiu vestiario cos Bebeto, Mauro Silva e o mesmo Juanito, que chegaba ao Carral para xogar co seu Sigüeiro, moi pasados os 40 anos.

A primeira metade foi dominada polos locais, que tiveron varias ocasións, ningunha clarísima, pero si que dominaron o partido. Comezaba a segunda co gol visitante, que chegaba de penalti protestado polos carballeses. O partido púñase duro ademais coa SD en tromba. Empataba de penalti tamén o Sofán, e co equipo volcado buscando a vitoria, esta chegaría no minuto 89, nunha xogada que comezaba un Raúl lesionado, Brais encaraba ao meta, que facía un paradón pero non podía co oportunismo de Leilán que anotaba un gol que vale 2 puntos.

Sofan-Sigueiro-Foto-SD

Soneira - Baio (2-1)

Soneira-Baio-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Cristian Figueroa, Iván Chans (Fran de Urroa, min.70), Brais Mouzo, Maikel, Nazo (Alberto, min.67), De la Sierra, Sandelo, Basti (Rodri, min.92), Javito e Richi.
  • BAIO: Dani Fedeyo, Yago (Eloy, min.66), Brais Garrido (Saleta, min.87, Porto, Mario, Fachal, MC, Martín, Rubio (Cristian), Alberto (Ramón, min.78) e Bieito.
  • Goles: 1-0, min.40: De la Sierra de penalti; 1-1, min.50: Bieito; 2-1, min.87: De la Sierra.
Bombos no Municipal-Foto-Oscar

Partido tremendamente neste derbi soneirán da xornada entre o Soneira e o Baio, ante un ambientazo fantástico, con bombos e todo. Se ben o Soneira non fixo o mellor partido da tempada, desta volta si que tivo sorte cara gol, e levou o partido nos minutos finais.

Comezaba o cadro soneirán algo nervioso, pero apenas había ocasións e Anxo e Dani Fedeyo respiraban tranquilos. Apenas tímidos tiros de Nazo e Richi nos primeiros 20 minutos poden ser reseñables, nun choque que non tiña dominador claro. Por bando baiés MC, Martín e Alberto lanzaban 3 perigosas faltas que rozaron o pau. O propio Richi ameazaba a meta de Anxo a 7 para o final, pouco antes do gol do soneirán, que chegaría nun penalti realizado sobre Cristian Figueroa, que xogaba por segunda semana de lateral dereito e que facía moito dano coas súas internadas. De la Sierra non fallaba a pesar de que Dani tocaba o esférico.

Asi chegaríase ao descanso nun Municipal que onte lucía a mellor entrada da tempada con 320 persoas e con tambores resoando. Ademais, o cadro soneirán facía a campaña de recollida de alimentos que funcionou de marabilla entre os afeccionados dos dous equipos.

Campana de recollida de alimentos no Municipal de VImianzo-Foto-Oscar

Empezaba a segunda cun Baio máis estirado, pero o Soneira sabía conter as internadas de MC. Pero unha boa contra deixa a MC diante de Anxo, este para o balón pero Bieito aproveita o rexeite para facer o empate.

Eran os mellores momentos do Baio que volve percutir por medio de MC, pero Anxo toca e Iván Chans salva na liña de gol cando os seguidores do Baio cantaban o tanto. Tamén saía o Soneira e Basti mandaba ao pau un centro de Figueroa pouco despois. O propio Figueroa mandou ao corpo de Dani un tiro a “bocajarro”, mentres no Baio todos buscaban a MC, que nunha destas obriba a Anxo a facer un paradón nun balón que ía á escuadra.

Cando parecía que remataría nunhas xustas táboas, chegaría o gol da vitoria local, nunha xogada dentro da área tras varios rexeites, que remata coa combinación entre os irmáns De la Sierra, pase de Basti e remate de Jose que tira dende a frontal axustado ao pau ante o que nada pode facer Dani.

Soneira-Baio -Foto-OScar

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora Isma, Oscar Basalo, Fin Lema, Luís Porto, CD Baio e SD Sofán.

Comentarios