O primeiro domingo do 2015 ven cargado de altos e baixos nos equipos da Costa e moitas sorpresas, pero sobre todo moitisimo Carbón que xa foron deixando os Reis Magos anticipados. Ese carbón en forma de derrota xa daba comezo na tarde de onte. Na Preferente - Senra Sport xa adiantabamos onte esa derrota do XSC fronte o Dorneda e hoxe caía na casa o Dumbría fronte o Castro nun encontro moi malo dos homes de Canosa, e caían derrotados por 1-3.
Na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra xa decíamos onte que o Soneira vencera no derbi o Malpica e foi o encontro adiantado desta categoria, na tarde de hoxe a sorte non acompañou os nosos equipos e o único que sacaba algo positivo era o Sofán que segue lider e traía un empate a 1 do seu enfrontamento co Lesende. O resto de enfrontamentos dos nosos traducianse en derrotas, o Baio caía fronte o Piloño por 3-0 nun mal encontro dos de Felix Raposo, o Corme tras un bó encontro tamén caía derrotado na casa do Unión por 2-1 e a Esteirana que realizaba un boísimo encontro pero 2 goles de fortuna do Sigüeiro facía que os locais acabasen derrotados por 0-2.
Na 2ª Autonómica - ES Bazarra suspendianse dous encontros o Castriz - Buño e o Seaia - Baiñas que se xogarán o dia de Reis, o próximo martes polo falecemento do pai dun xogador moi querido na Costa como é CHARRO xogador do Buño. Mentras tanto, na tarde de hoxe o Fisterradaba a sorpresa e vencía o lider en Verdillo, caía o San Lorenzo por 2-3 nun encontro moi disputado e no que o Fisterra mereceu a victoria. O Outes tamén vencía e con contundencia o Porteño, que lles endosaría un 0-6 e o alza o segundo posto con un encontro mais co Castriz. Outra das sorpresas da tarde foi a derrota do Sporting Zas na casa fronte o Mazaricos por 1-2, un Mazaricos que está a realizar un gran campionato, por outro lado o Cee vencía por 2-1 o Camariñas nun encontro disputadisimo por ambos lados, e no último encontro da xornada e na estrea no banquillo dos de Louro do seu novo adestrador os locais vencían 1-0 o Carnota.
Para cerrar a xornada futboleira na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o lider Ameixenda empataba na casa do Coristanco a 0 goles, mentras o Cerqueda vencía na casa do Lira por 1-2 e acercase o liderato e ponse a tan só dous puntos do lider, por outro lado un dos equipos que estaba en alza nas últimas xornadas do 2014 o Castrelo caía con contundencia pa estrear este 2015 fronte o Muxia por 8-0, un Muxia que está pendente de adestrador tralo cese de Sieso.
E na xornada de hoxe tamén se desputaban dous encontros da Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte onde as cousas co que respeta o Actual Campión de Liga o Dumbria que vencía hoxe na casa do Outes por 0-3 xa quedaban claras fai unhas xornadas, e por outra parte o Xallas facía o mesmo e vencía con contundencia o Fisterra para conservar ese segundo posto na táboa clasificatoria. Na liga 1ª Cadete, o Corme caía derrotado esta mañá na casa fronte o Ponteceso por 0-1. Mentras na 1ª Infantil tiñamos un Derbi no que os Miudos vencían o Outes por 4-1 e metense neses postos de cabeza no que segue mandando o XSC.
Estes son os resultados desta primeira xornada de Domingo do fútbol costeiro neste 2015.