Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta

Xuvenís: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta
Imaxe do derbi xuvenil entre Baio e Zas-Foto_San Diaz

Como remata o ano nas Ligas Xuvenís cando quedan só 3 xornadas para o remate da primeira fase.

Na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, co Dumbría xa campión, XSC, Os Miúdos e Esteirana manteñen a pelexa polas 2 prazas que dan acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Teno fácil o XSC, despois de vencer en Arliña e aproveitar o empate da Esteirana en Outes. 5 puntos sacab os xalleiros aos esteiráns, ademais do golaverage individual, polo que un empate a vindeira semana ante o Fisterra lles chegaría. Mentres, Os Miúdos non fallaban en Corcubión e suman 2 puntos máis que a Esteirana, vantaxe que lle pode servir para asegurar a 3ª praza se non fallan ante Castriz e Muxía. Os esteiráns terán que esperar un tropezo dos veciños muradáns e non fallar ante Corcubión e Castriz.

Xa no Norte, o Camariñas asaltou o liderato vencendo nas Redondas, de novo co Javi Bicho como protagonista. Ambos teñen a clasificación garantida, pero loitarán polo título. A 3ª praza segue sen dono, pero o Porteño, malia caer en Ponteceso, ten a cousa de cara. En todo caso, o Corme terá a súa opción, pois o último partido xógase no Cairo e o Porteño só ten 3 puntos de vantaxe sobre os cormeláns, que ademais terían que superar o 3-0 da ida. O Zas, a 4 do Porteño, espera tropezos.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 16


Corcubión - Os Miudos (2-6)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Junjo, Isma, David, Maikle, Germán, Mario, Pepo, Goche e Tito. Tamén xogaron; Santos, Steven e Mesejo.
  • OS MIÚDOS: Ámgel, Samuel, Eloy. Juanche, Lice, Miguel, Tajes, Yeray, Airán, Hugo e Martínez. Tamén: Álvaro, Anxo e Anxo Cad.
  • Goles: 0-1, min.5: Martínez; 0-2, min.8: Eloy; 1-2, min.55: Steven; 1-2, min.60: Anxo; 1-4, min.65: Martínez; 1-5, min.79: Lice; 1-6, min.87: Anxo Cad.; 2-6, min.90: Tito.

Partido cómodo para os muradáns, que non podían fallar para manter a pelexa ben arriba. Os visitantes xa se metían nos 10 primeiros minutos con dous goles de Martínez e Eloy e a partir de aí o partido foi doado.


Fisterra - Dumbría (2-5)

  • FISTERRA: Xosé, Andrés, Iago, Beto, Senra, Breixo, Gabi, Adri, Gabi Golpes, Iván (David) e Álex.
  • DUMBRÍA: Bruno, Portu., Abuelo, Charly., Cabana, Mauro, Cacha, Edu, Isma, Luís e Andrés. Tamén xogaron: Samuel, Juan de Dora, Maikel, Yeray e Josiño.
  • Goles: 0-1, min.2: Luís; 1-1, min.15: Breixo dende fóra da área; 2-1, min.52: Adri; 2-2, min.71: Juan de Dora; 2-3, min.73: Edu coa axuda dun defensa; 2-4, min.80: Samuel; 2-5, min.82: Juan de Dora.

Comezaba o partido co pasillo ao cadro dumbriés polo seu xa asegurado título, pero o Fisterra demostrou que pode competir con calquera. Óscar Leis e Diego Lobelos daban minutos aos menos habituais e malia poñerse por diante pronto, o Fisterra eran quen de empatar. Nada máis saír da caseta Adri adiantaba aos fisterráns e Breixo tiña unha oportunidade inmellorable para ampliar a renda, pero fallou un penalti.

A partir de aí, espertou o Dumbría e foi creando ocasións que os Juan de Dora, Samuel e Edu convertiron en gol.


Castriz - Cee (0-3)

Xuvenis do Castriz e do Cee-Foto-Castriz
  • CASTRIZ: Víctor, Richar, Luís (Javi), Cris, Álex (Calvo), Adán, Balsa, Redondo (Roony), Joni, Mika e Varillas (Elías).
  • CEE: Maikel (Pablo), Iván, Brais (Pablo Trillo), Borja, Castillo, Chema, Xoán, Yago, Isma, Álex, e Alexis.
  • Goles: 0-1, min.8: Yago de penalti; 0-2, min.55: Álex; 0-3, min.60: Álex.
  • Expulsión: o ceense Xoan (min.20).

Vitoria do Cee en San Pedro de Castriz ante un cadro xalleiro que fixo unha moi boa primeira metade pero que acabou. E iso que o Cee se adiantaba dende 11 metros, pero pouco despois sufría a expulsión de Xoán. Os xalleiros dominarona primeira metade, con boas ocasións de Mika por banda.

O Cee saíu ben colocado na segunda, sen arriscar, e buscando ás contras, e así chegaban os goles de Álex no primeiro cuarto de hora.


Muxía - Xallas StComba (1-3)

  • MUXÍA:
  • XSC: Couto, Cristian, Daniel, Carlos (Parri, min.69), Rubén, Fabián, Landeira, Chiki (Coke, min.83), Barbeira, Tefi (Xoel, min.55) e Anxo.
  • Goles: 0-1, min.49: Anxo; 1-1, min.69: ; 1-2, min.70: Anxo; 1-3, min.88: Anxo aproveitando unha indecisión da defensa local.
  • Expulsións: o xalleiro Couto (min.80).

Primeira parte moi igualada por parte dos dous equipos na que apenas houbo ocasións de gol e na que dominiou o centrocampismo. O Muxía, ben prantado atrás e o Xallas moi estáticos en ataque.

A segunda estivo moito máis emocionante, nun partido típico da Costa. Arrincaba cun gol de Anxo, o xogador que desiquilibrou o partido, apenas pasaban uns minutos do pitido. Despois lograba o empate o Muxía nunha xogada que lle gañaban ás costas á defensa xallleira, que soubo repoñerse do golpe e na seguinte xogada de centro chegaba outro gol de Anxo que empuxou un centro na liña de gol

Despois de ese gol, o partido entrou nunha dinámica de máis contacto e houbo expulsións polos dous equipo.


Outes - Esteirana (0-0)

  • OUTES: Cutu, Joel, Brión, Simón, Serxio (Joel cadete), Álvaro, Saúl (David), Adrián, Samuel, Xurxo (Adán) e Borja (Fabio).
  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Tiko, Rafa (Antonio, min.85), Borja, Damián, Brais (Íkes, min.68), David (Fabio, min.68), Áxel (Rubén, min.79), Juan e Edu (Jaime, min.60).

Empate sen goles no Cunchido nun partido, marcado polo frío e polas baixas no cadro esterán, no que onde o Outes tivo máis balón e máis oportunidades, sobre todo na segunda metade. A Esteirana tiña as súas dúas opcións, e Simón tivo a mellor para os locais na primeira pero a defensa blaugrana salvaba baixo paus. Adrián, só, tiraba frouxo, e na segunda Fabio mandou fóra un man a man.

Non foi moi vistoso o fútbol e nada máis que tiña interese por ver se os de Esteiro podían clasificarse para a fase de ascenso, cousa que agora teñen moito máis complicado, pois xa non dependen deles.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 16

Coristanco - Laxe (1-3)

  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Mol, Varela, Iván, Corral, Navarro, Joni, Bértoa, Chiqui e Gabriel. Tamén xogaron: Jorge, Suso, Cristian, Anido e Fabio.
  • LAXE: Martin, Sergio, Galgo, Djamel, Niko, Elías, Santi, Uxío, Adri, Mouri e Borja.
  • Goles: 0-1, min.25: Adri de penalti cometido sobre el mesmo; 0-2, min.40: Borja a pase de Adri; 0-3, min.60: Uxío de tiro dende a frontal; 1-3, min.75: Chiqui en xogada persoal.

Con 11 xustos deu a sorpresa o equipo de Toni na Rocheira, no que foi o pero partido dos de Lorenzo en toda a temporada. Sen intensidade, os bergantiñáns, que se ven fóra da Liguilla, deixaron que o Laxe levase a iniciativa dende o principio, mentres os verdes buscaban os balóns directos. Pero a defensa laxense estivo firme por arriba, e conseguía chegar por bandas á meta rival.

Adri facía dano e el mesmo sufría un penalti que non desaproveitou, e pouco despois facía unha gran xogada por banda e deu o pase da morte para que Borja definise sen oposición.

Saíu algo máis enchufado o Coristanco na segunda metade, pewro era Uxío o que facía o teceiro dun zarpazo dende a frontal. O gol da honra chegaría nunha xogada por banda de Chiqui.


Cabana - Camariñas (0-4)

  • CABANA: Vázquez, David Varela (David Muíño, min.57), Grille (Cristian, min.46), Aurelio (Javi, min.75), Mateo (Laik, min.12), Álex, Ferreiro, Redondo, Reigía, Fraga e Pablo (Martín, min.60).
  • <
  • CAMARIÑAS: José Luís, Juan, Pose, Miguel, Sergio, Adrián (Pifo, min.60), Álvaro (Felipe, min.50), David, Espi, Chikote (Chuki, min.65) e Javi (Facundo, min.87).
  • Goles; 0-1, min.13: Javi de falta; 0-2, min.38: Javi nunha boa xogada; 0-3, min.50: Sergi nun saque de esquina ben rematado; 0-4, min.88: Sergi nunha contra.
  • Expulsión: o meta local Vázquez no min.12.

Partidazo da xornada, o xogado nas Redondas entre o que era líder e o que queda agora por diante. O Camariñas chegaba moi motivado, sabendo que só a vitoria, lles valía para ter opcións ao título. E menudo partido. En todo caso, o choque estivo marcado pola temprana expulsión do meta cabanés, nunha xogada protestada polos locais. Ademais, a falta era culminada en gol, como non de Javi Bicho, o gran protagonista desta Liga Xuvenil Norte, polo que o partido se lle puña costa arriba ao cadro de Óscar.

Antes e despois do descanso o Camariñas ampliaba a renda, facendo un partidazo. Tivo varias ocasións de reducir o Cabana, incluíndo un balón o largueiro de Redondo. Pero non era o seu día e morrendo o partido chegaba o cuarto do Camariñas.


Baio - Zas (0-4)

Imaxe do derbi xuvenil Baio-Zas-Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Julián, Javier, Miguel, Estefan, Alfonso, Alberto, Mohedano, Moreira, Jose Manuel, Jose Antonio e Fariña. Tamén: Fran e Ayoub.
  • ZAS: Sergio, Julián, Darío, Rubén (Boli, min.77), Ternande (Lody, min.80), Manu, Juan (Andy, min.60), Adrián, Dani Mato, Álvaro (Cristian, min.73) e Andrés.
  • Goles: 0-1, min.70: Dani Mato; 0-2, min.75: Cristian dende fóra da área; 0-3, min.80: Dani Mato tras un genial pase do "capi" Manu; 0-4, min.88: Andy.

O derby caiu a prol do Zas na tarde do sábado. Este mostrou a súa superioridade ao longo do partido tendo a posesión do balón case todo o tempo, malia que movendo algo lento o balón. Só era cuestión de tempo que se adiantaran no marcador e aínda así tiveron que esperar o minuto 70 de partido para que Daniel Mato nunha excelente acción individual conseguira o primeiro gol e a partir de aí lograr outros tres que rompian calquer esperanza do Baio no encontro.

Estes opuxeron resistencia cun prantexamento intermedio a replegado 1-4-5-1 (incluso 1-6-3-1 con moita profundidade defensiva por dentro e con repliegues individuais por fora) buscando algunha acción de contraataque que sorprendera os visitantes.Tardaron os de Zas en encontralle as voltas os baieses pero unha vez se adiantaron e ante o paso adiante dos locais o verse por detras,xa con espacios,foron moi superiores.
O CD Baio viu como se cortaba a racha positiva do último mes que o levou a sumar 8 puntos e reforzar a conduta positiva dos seus xogadores ante un ano con poucos efectivos sempre mostran boa actitude de cara os partidos. Destacar a participacion dos cadetes Santi Moreira e Mohedano.
Pola súa banda, o Zas, despois dunha boa segunda metade, segue con algunha que outra opción de meterse.


Malpica - Corme (0-4)

11 do Malpica xuvenil ante o Corme-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Álvaro; Arcay, Gende, Brais Álvarez, Sebas, Yiño, Eloy, Cristian Villar, Sergio, Xulián, Carlos.
11 do Corme Xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • CORME: Fran; Rubén (Ian, min.67), Ángel, Koeman, Cristian, Pandi (Bruno, min.50), Isma, Isaac, Samuel (Eloy, min.60), Quique e Manu (Maikel, min.60).
  • Goles: 0-1, min.35: Isma dunha fermosa volea; 0-2, min.55: Isma rouba un balón ao defensa e marca; 0-3, min.60: Quique de vaselina; 0-4, min.77: Eloy aproveita outro erro defensivo.
  • Expulsións: o adestrador malpicán Fernando Varela e os seus xogadores Gende e Brais Álvarez.
Capis e arbitro Malpica e Corme xuvenil -Foto-Luis Porto

Os erros defensivos, e falta de efectivos mataron ao Malpica. A primeira metade estaba sendo un choque igualado, ata que na segunda metade o equipo malpicán quedou con 9 por mor das lesións, e pouco despois a actuación arbitral, demasiado protagonista, deixaba ao cadro de Fernando Varela, tamén expulsado, con 7 sobre o campo.


Ponteceso - Porteño (5-1)

  • PONTECESO: Dani Villar, Adrián Pose, Mourelle, Regueiro, Ismael, Sergio, Ismail, Esteban, Eloy Álvarez, Diego Ferreiro e Iván. Tamén: Rubén, Marcos, pedro, Javi Busto e Alex.
  • PORTEÑO: Gonzalo, Dani, J. Manuel (Damián, min.66), Xoel, Bruno, Oli, Robi (Matías, min.46), Rodry, Mario (Josiño, min.46), Maikel (Carlos, min.66) e Borja.
  • Goles: 1-0, min.18: Ismail; 2-0, min.30: Mourelle; 3-0, min.40: Diego Ferreiro; 4-0, min.51: Eloy; 4-1, min.75L: Carlos; 5-1, min.82: Eloy.
  • Expulsión: o visitante Borja e o local Ismael, os dous por unha rifa no min.25.

Unha das, relativas, sorpresas da semana chegou no Pinguel. O Porteño, que está a un paso de cerciorar o seu pase á seguinte fase, caía con rotunidade ante un Ponteceso que segue a demostrar que xoga mellor do que din os resultados. Ordóñez chegaba co equipo moi tocado, pois as baixas do porteiro habitual Brais, e a do segundo porteiro-xogador, obrigou a Gonzalo a poñerse baixo paus por primeira vez.

En todo caso, o cadro de Carracedo fixo un gran partido, xogando un fútbol combinativo moi vistoso. Comezaba o Porteño avisando pero Ismail abría o marcador cun golazo. A partir de aí, e ca doble expulsión, o partido foi de completo dominio local, que cada vez que chegaba con claridade ampliaban a renda.


Crónicas dos Xuvenís

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios