Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto

1ª Autonómica: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto
A SD Sofan pecha un ano historico o 2014

Apaixoante esta 16ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Unha xornada que pecha un un ano incrible para a SD Sofán, un ano cun ascenso soñado, e cun liderato implacable nunha categoría que estrea o cadro carballés, e ademais o fai cuns números e unha fortaleza impresionantes.

Ademais, a xornada deparou un derbi de infarto no Cairo, que non se decidía ata o minuto 90, e o fixo cunha relativa sorpresa, pois o Soneira conseguía gañar a un Corme que parecía coller de novo a confianza perdida durante os últimos dous meses, e despois de 3 vitorias seguidas non podía vencer ao cadro soneirán.

Cómpre salientar tamén que o CD Baio celebraba o seu partido número 1500, pero o celebrou con derrota, confirmando un baixón neste último mes de competición.

Polo demais, empate sen goles do Malpica que o deixa na metade da táboa, e derrota da Esteirana, que pecha este primeiro treito da competición coa súa terceira derrota consecutiva. Moito terá que traballar Pedrosa, pois os seus quedan a 6 da salvación.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Aí van o resumos dos partidos, mentres quedamos pendentes do Partido Benéfico do Combinado da Costa da Morte artellado por QPC.


Sofán - Silleda (3-1)

  • SOFÁN: Bugy, Sito, Boedo, Félix, Rubén, Martín, Míchel, Bertín, Iván Rojo, Luís e Brais.
  • Goles: 1-0, min.15: Bertín tras unha falta; 1-1, min.66; 2-1, min.77: Iván Rojo tras un córner; 3-1, min.80: Félix de novo de córner.

9º partido no Carral, e 9ª vitoria do cadro carballés. I é que o campo é un fortín, e con esa afección é máis sinxelo. Centos de persoas ateigaron o campo para pechar o mellor ano da historia da SD, cun ascenso soñado e cun liderato tan impecable como o que leva na 1ª Autonómica. Os de Josito pechan o 2014, con 28 goles a favor, o equipo máis goleador da categoría, e 13 en contra, só un máis que o menos goleado, o Unión.

O partido foi complicado. O Silleda empezaba enchufado, pero Bugy comezaba demostrando por que é o segundo porteiro menos batido. Pronto, unha falta botada por Martín era rematada por Bertín ao fondo das mallas. O resto da primeira metade foi de respecto e poucas chegadas claras, cunha SD contemporizando ben o balón.

Comezaba a segunda metade con un par de tímidas chegadas por cada bando, pero non había moita profundidade. Ata que o Silleda marcaba aos 20 da segunda, gol que fixo que os locais espertasee pronto Iván Rojo remataba un córner a gol. O balón parado é unha das grandes armas desta SD e así o demostrou Félix rematando outro córner pouco despois, a 10 do final, para sumar outros 3 puntos que o deixan no máis alto da táboa.


Baio - Unión (0-4)

Baio-Union-Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Dani, Fachal, Yago, Porto, Ramón (Saleta, min.67), Eloy (Costiña, min.82), Martín, Bieito, Rubio (Alberto, min.46), Christian (Silvariño, min.85) e MC.
  • Goles: 0-1, min.37; 0-2, min.42; 0-3, min.71; 0-4, min.78.
Martin detras dun medio do Union-Foto-Santi Diaz

Celebraba o Baio o seu partido 1500. Unha celebración pouco habitual i é que poucos equipos contan con xentes involucradas que leven ao pé esta clase de estatísticas. Pero o Baio si que se preocupa por estes detalles. O Decano da Liga da Costa ademais, como ten o faroliño vermello no escudo, parece que quere celebrar estas datas con derrota, ou alomenos así bromean dende o club para quitarlle ferro á xusta derrota, mentres valoran en todo caso o gran comezo de temporada do cadro de Félix.

O Unión foi superior dende o principio ante un Baio descoñecido, frouxo, sen intensidade. Dous goles ao fío do descanso mataron o partido, e o cadro baiés non foi quen de meterse na segunda metade. Quedan os baieses a 10 puntos do Sofán, a 4 do Puebla e a 1 do VIllestro.


Corme - Soneira (1-2)

O Soneira deu a sorpresa relativa en Corme-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Dani Cousillas (Antoniño, min.89), Pandi (Joshua, min.68), Adolfo, Jose (Brais Torrado, min.85), Brais, Sergio (Toniño, min.18), Adrián Doldán, Lucas, Juan Chans e Alejo.
  • SONEIRA: Anxo, Brais Mouzo, Fran de Urroa (Iván Chans, min.73), Alberto (Nazo, min.63), Maikel, Figueroa, De la Sierra, Richi, Basti (Brais Triñanes, min.63), Javito e Sandelo.
  • Goles: 1-0, min.49: Alejo de penalti; 1-1, min.65: De la Sierra de fermosa volea dende fóra da área; 1-2, min.90: De la Sierra de penalti.
  • Lesións: o cormelán Sergio Sueiro aos 20 minutos cando estaba facendo un partidazo.
Corme-Soneira-Foto-Oscar

Partido de infarto no Cairo, cun ambientazo fantástico para pechar o ano. Pero os soneiráns amargaron a festa cormelá cunha vitoria que pode supoñer unha, relativa, sorpresa, tendo en conta que o Corme estaba recuperando a confianza estas últimas semanas despois dun par de meses de “pájara”. Pero Manolito sorprendeu cun 5-4-1, con moi boas entradas polas bandas, e o partido non acabou ata o minuto 90, cun gol de penalti de De la Sierra, que leva 2 partidos seguidas marcando o gol da vitoria, como fixera ante o Baio.

O partido comezaba co Corme amasando o balón, como lle gustan, combinando ben, pero con dificultades para pasar a primeira liña da defensa soneirá. Pronto Anxo tiña que facer un paradón a un remate de Alejo, un dos grandes protagonistas da resurección deste Corme, pois o punta ademais de estar xa realmente en forma, está tremendamente comprometido e manda coma un capitán máis.

De la Sierra e Richi tamén avisaban e Suso facía sendas paradas. O Soneira seguía entrando por bandas, Javito mandaba alto un centro de Figueroa e Alberto tocaba ca punteira pero Suso paraba. Así se pechaba a primeira metade, cun Corme que tiña o dominio territorial pero non acababa de conectar cos Lucas e Alejo.

Corme-Soneira-Foto-Edu Cambon

Empezaba a segunda cunha das xogadas polémicas do partido, un penalti de Maikel a Alejo que os soneiráns non viron. O propio Alejo adiantaba so seus. Pocuo despois o visitantes pedían penalti de Suso sobre Basti, e sen tempo, De la Sierra facía a igualada cun golazo.

Co empate chegaban ocasións por ambos bandos, por medio de Nazo e Javito para o Soneira e por medio de Alejo para o Corme. E xa no 89, cando parecía que quedaría en táboas, unha xogada de Javito na área pega na man dun defensa cormelá, e De la Sierra non falla dende os 11 metros para darlle 3 puntazos ao Soneira, que os deixa con 22 puntos na 9ª, un punto máis que os cormeláns.

Corme-Soneira-Foto-Oscar

Malpica - Cordeiro (0-0)

11 do Malpica ante o Cordeiro-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Abraham; Adrián, Kevin, Diego, Pablo Díaz; Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro, Petís (Rodrigo, min.65), Cololo e Martín Mara.
Malpica-Cordeiro-Foto-Wash-Calvo

Foi un partido moi físico, tremendamente disputado polos dous equipos, con gran intensidade pero sen apenas ocasións preto das porterías. As defensas sempre se sobrepuxeron aos ataques.

En todo caso foi o Malpica o que máis o intentou, e de feito tivo a mellor ocasión nas botas de Cololo, un dos revulsivos do equipo dende a súa chegada, pero o herculino marrrou.

Malpica-Cordeiro-Foto-Wash Calvo

Agolada - Esteirana (3-0)

  • ESTEIRANA: Fabio, Code, Sui (Tobío, min.46), Serrano, Chispi, Álex, Adrián, Alberto (Adrián Louro, min.46), Pabliño, PEsco (Manu Yi, min.70) e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.15: Centro desde a banda que lle cae na área para anotar. 2-0, min.30: Disparo desde a frontal que toca na defensa e cólase na porta. 3-0, min.50: de penalti.

Xusto merecedor, o Agolada, dos tres puntos nesta derradeira xornada do ano. Comezou o encontro con igualdade e algunhas chegadas a balón parado da Esteirana pero na primeira dos locais, e como soe ser costume este ano para os de Esteiro, anota o equipo contrario. Isto trouxo como consecuencia o maior dominio dos locais, un mellor asentamento no campo e dominar o encontro con máis claridade. En seguido chegou o segundo e foise ó descanso sen máis.

Na reanudación volveu a marcar o Agolada de penalti e sen perderlle a cara ao encontro seguiu intentando reducir as distancias a Esteirana sen proveito algún.


Novas relacionadas

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios