Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os 80 resultados e a análise da última xornada do 2014 no Fútbol da Costa

Os 80 resultados e a análise da última xornada do 2014 no Fútbol da Costa
O Soneira deu a sorpresa relativa en Corme-Foto-Fin Lema Partido Benefico Costa-Coruxo web

Última xornada do 2014, pero non o último suspiro do Fútbol costeiro, pois saben que o martes 30 a Selección da Costa xogará contra o Coruxo nun Partido Benéfico artellado por QPC. Desto daremos conta mañá nunha presentación oficial ás 19.00h no Museo Terra do Xallas.

Pero polo de pronto, toca analizar como quedan as cousas despois desta última xornada. E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos pechano ano demostrando a súa irregularidade. O Dumbría volvía case na súa visita ao Escairón, un dos da zona baixa, e deixa escapar o grupo da Promoción, que agora lle queda a 5 puntos. Pola contra, o XSC recuperaba a senda da vitoria na casa ante a Sarriana, outro en descenso, e se coloca a só un punto dos dumbrieses.

Rematamos o ano con líder costeiro na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Sofán sumaba a súa 9º vitoria, de 9 partidos, no Carral, e finaliza o ano de líder destacado, con 38 puntos, con 6 de vantaxe sobre o Puebla. Un éxito total dando conta de que o cadro carballés estrea categoría.
Ademais, era unha xornada especial pois se disputaba o era o partido 1500 da historia do C.D. Baio, pero a tarde non foi boa no Platas Reinoso. O cadro de Félix caía 0-4 ante un rival directo, o Unión, que queda a só 1 puntos dos baieses, deixando o liderato xa a 10.
A xornada tiña derbi costeiro, e o Soneira deu a relativa sorpresa no Cairo, ante un Cairo que parecía remontar posicións nas últimas xornadas.
O Malpica pecha o curso cun empate sen goles na casa ante o Cordeiro, mentres a Esteirana comerá as uvas en descenso, despois de caer ante o Agolada. 6 puntos son os que separan aos de Pedrosa da salvación.

A última xornada do ano deixou, na 2ª Autonómica - ES Bazarra, a segunda derrota do líder, o San Lorenzo, e tivo que ser no sempre complicado campo como o de Xaviña de Buño. Un cadro malpicán que queda na 5ª praza a 9 do liderato, mentres polo medio quedan o Castriz, que se aúpa á 2ª praza tras vencer en Carnota e aproveitar o empate do Zas en Ponteceso; emailo Outes, que vencía ao Seaia e queda a só 8 do San Lorenzo. Pecha a zona alta o Volantes, que vencía de novo ao Porteño e queda a 10 puntos.
Na zona baixa, Montelouro e Camelle necesitan un cambio de cara ao ano novo, pois non dan sinais de vida. E de feito, o Montelouro xa destituiu a Jurjo e anda na procura dun novo adestrador. O Camariñas daba conta do cadro loureán e podía respirar un pouco, deixando agora ao Carnota como equipo que marca a salvación. con 6 de vantaxe sobre os camelláns e 7 sobre os de Louro.

Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, pendentes do Cerqueda-Coristanco que se disputa ás 20:00h, o Ameixenda deixou escapar dous puntos e pecha o ano no seu peor momento, despois da primeira derrota colleitada a semana pasada. Os de Manolín quedan a só 4 puntos do Corcubión, que non fallaba ante o Castrelo. Ademais, o Lira reponse da inxusta sanción que sufría a semana pasada e vencía en Nantón por 3-4.

Quedan só 2 xornadas para o remate das Ligas Xuvenís e a cousa aínda ten emoción. CO Dumbría ao seu na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, a pelexa parece que vai estar entre a Esteirana e Os Miúdos pola 3ª praza que dá acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. I é que o XSC non fallou en Arliña, e ten 3 puntos sobre os muradáns, que vencían en Corcubión, e 5 sobre a Esteirana, que non pasaba do empate en Outes. Veremos quen falla menos.
Xa polo Norte, o Camariñas daba o salto ao liderato vencendo nas Redondas, nun partido marcado pola pronta expulsión do meta cabanés. Ambos conxuntos, en todo caso, xa están clasificados para a Liguilla. A loita agora está entre Porteño e Corme, e pode que o Zas. O Porteño caía en Ponteceso, e o Corme vencía en Malpica, quedando agora a só 3 puntos dos da Ponte, e cun Corme-Porteño na última xornada que pode ser de infarto. O Zas está a 4 do Porteño así que aínda ten opcións.

Nas Ligas Autonómicas, non puido ser peor a última xornada do ano, con triple derrota, e algunha das duras.

Mentres, nas Ligas Locais, o Corme pecha o ano coa maior vantaxe no alto da 1ª Cadete, despois de vencer en Baio, e aproveitar o tropezo do Cabana en Ponteceso. Mentres, na 1ª Infantil é o XSC o que pecha o ano no máis alto.
E nos peques, o Outes pecha o ano de líder na F8 Alevín Costa Sur e na F8 Benxamín Costa Sur. Complicada foi a vitoria do cadro da Serra onte ante o Sofán, como vemos neste fantástico vídeo de Lúis González.

E xa nos Veteranos, había un choque fantástico no alto da 1ª División para pechar o ano. E o Coristanco demostrou por que é o actual campión, e venceu de goleada ao líder, o Hosgran, que aínda así remata de líder, con 4 puntos sobre os coristanqueses. o Dumbría non aproveitou o resultado ao empatar en casa co Xuv. Bergantiños.
Mentres, na 2ª División, Agualada, Porteño, Erbecedo e San Isidro-Razo acabaron con vitorias e manteñen a loita polo ascenso.


Preferente - Senra Sport, xornada 17

Escairón 2-1 Dumbría
Xallas StComba 4-0 Sarriana

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 16

Sofán 3-1 Silleda
Baio 0-4 Unión
Corme 1-2 Soneira
Malpica 0-0 Cordeiro
Agolada 3-0 Esteirana

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 16

Volantes 3-1Porteño
Fisterra6-1 Camelle
Ponteceso 0-0 Zas
Mazaricos 0-1 Cee
Camariñas 4-1 Montelouro
Carnota 1-2 Castriz
Buño 1-0 San Lorenzo
Outes 3-1 Seaia
Baíñas 3-2 Cabana

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 16

Ameixenda 1-1 Muxía
Castrelo 0-4 Corcubión
Nantón 3-4 Lira
Cerqueda 1-0 Coristanco
  • Descansa Laxe.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 16

Corcubión 2-5 Os Miudos
Fisterra 2-5 Dumbría
Castriz 0-3 Cee
Muxía 1-3 Xallas StComba
Outes 0-0 Esteirana

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 16

Coristanco 1-3 Laxe
Cabana 0-4 Camariñas
Baio 0-4 Zas
Malpica 0-4 Corme
Ponteceso 5-1 Porteño

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 16

Dumbría 0-1Arosa

Liga Galega Cadete, xornada 16

Atl. Arteixo 3-0 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 14

Racing Ferrol 8-0 Dumbría

1ª Cadete, xornada 15

Fisterra 0-5 Cee
Outes 0-3 As Baleas
Ponteceso 2-1 Cabana
Esteirana4-2 Muxía
Baio 0-8 Corme
Coristanco 2-1 Sofán
  • Descansa Os Miúdos.

1ª Infantil, xornada 15

Corme 8-1 Ponteceso
Cabana 1-0 Os Miudos
Cee 0-1 Xallas StComba
Sofán 3-2Vimianzo
Esteirana 2-0Coristanco
Outes 4-1 Zas
  • Descansa Fisterra.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 8

Dumbría B 5-3 Dumbría
Esteirana B 0-7 Cee A
As Baleas 1-2 XSC A
Esteirana A 14-0 Cee B
Outes A 3-2Sofán
Lira1-11 Fisterra
Os Miúdos A 4-5Os Miúdos B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 8

Outes 3-2 Sofán
XSC B 9-0 Cee
As Baleas 3-6XSC A
Esteirana 2-3Cee B
Os Miúdos A 13-1 Os Miúdos B
Lira 4-16Fisterra
  • Descansa Dumbría A.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 15

At. Milagrosa 4-3 Soneira
Laxe 2-1 Ponteceso
Dumbría 2-2 Xv. Bergantiños
Hosgran 3-6 Coristanco
Cabana 3-1 Castriz
San Román 1-0 Bértoa
Baio 0-7 Zas
  • Descansa San Lorenzo.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 15

Malpica 2-2 Leiloio
Poniente 0-5 Porteño
Cerqueda 1-3 Agualada
Sofán 3-1 Buño
Camariñas 0-2 San Isidro-Razo
Corcoesto 3-5 Erbecedo
Dep. Carballo 1-3 Vimianzo
  • Descansa Nantón.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios