Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Esperando o turrón para recuperar folgos

Ligas Galegas: Esperando o turrón para recuperar folgos
Dumbria e XSC cadetes Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Non foi boa esta última xornada dos equipos costeiros en Ligas Autonómicas. 3 derrotas diferentes, pero igualmente duras. O Dumbría de Joaquín e Juan queda na 11ª praza da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, con 21 puntos, e pouco perigo de descender.

Pola súa parte, o XSC de Corredoira da Liga Galega Cadete remata o ano con algún problema máis, con 13 puntos na 14ª posición, con só 2 de vantaxe sobre o equipo que marca o descenso.

Ademais, o equipo dumbriés de Pablo e Huelvis remata o ano na 17ª posición da Liga Galega Infantil, con só 8 puntos, e con necesidade de sumar moitos máis nas 5 xornadas que quedan da primeira fase para afrontar con garantías o Play Off por evitar o descenso, unha vez que parece lonxe a liguilla polo título.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 16

Dumbría - Arosa (0-1)

  • DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, Jose, Ayoze (Xabi, min.74), Marcos, Luís, Borja (Gabriel, min.63)e Gabi (Brandón, min.46).
  • Gol: 0-1, min.45.

Partido moi igualado o disputado o sábado pola maná no Conco entre o Dumbría e o Arousa .A primeira metade o Dumbría levou a iniciativa do xogo, creando perigo, sobre todo pola banda dereita onde as boas internadas de Ayoze non atopaban rematador dentro do área arosana. Sen embargo, a primera ocasión chegaría para o Arousa, no minuto 15, tras un erro na zaga local a pelota chegaría ó xogador arosán Guillermo que tras un bo tiro obrigaba a Jorge a facer una gran parada. No minuto 18 chegaría a primeira ocasión para o Dumbría logo dun tiro lonxano de Marcos que se estrelaba no longueiro. De seguido otras dúas ocasións por medio de Luís e de Gabi non conseguían bater ó portero visitante Yago.

Xa na segunda parte, no minuto 5, chegaría o único tanto do encontro, logo dun saque de esquina e unha mala saída de Jorge a pelota chegaría ó dianteiro arousán Luís que tras un forte disparo batía por baixo a Jorge. A partir do gol encaixado o Dumbría vocouse en ataque, Pablo volvía convertirse en dianteiro centro, chegarían algunas ocasións para os locais pero non conseguían o gol. Xa no desconto e no último suspiro Josiño elevaba a pelota, no borde do área, por riba do porteiro visitante chegando a liña de gol e aínda que Pablo se tiraba ó chan para empurrala sería un defensa arousano que na enviaba fóra.

Liga Galega Cadete, xornada 16

Atl. Arteixo - Xallas StComba (3-0)

  • XSC: Rubén (Ángel); Óscar (Mosteiro), Alberto, Pablo (Guillín), Alberto, Raúl; Carlos Baio; Thiago; Manuel, Juan Lois, Juanjo (Héitor) e Carlos Rieiro.
  • Goles: 1-0, min.23; 2-0, min.39; 3-0, min.54.

Clara derrota dun XSC que nunca se atopou cómodo sobre o terreo de xogo do Atlético Arteixo, e que terminou sucumbindo ante un conxunto máis efectivo nas súas accións.
Os visitantes gozaron de tres grandes oportunidades nos primeiros 20 minutos, con dous man a man de Carlos Rieiro ante o meta local, pero non atopando o premio do gol. Pola contra, nun erro defensivo, os rojiblancos adiantáronse no marcador, e aínda puideron aumentar a súa vantaxe nun penalti que detivo o meta Rubén.

O 2-0, ao filo do descanso, deixou vista para sentenza a contenda, e o terceiro gol local, cando apertaban os xalleiros en busca de recortar distancias, sentenciaba totalmente o choque. As baixas lastraron ao XSC e non estivo ao nivel habitual no equipo verde-laranja.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 14

Racing Ferrol - Dumbría (8-0)

  • DUMBRÍA: Juan (Breo, min.55); Samuel, Toni, Luis, Àlex, Sergio (Jhonny, min.70), Berto (Xan, min.41), Brais Fernández, Moisés (Xulián, min.68), Tajes (Ángel Sestayo, min.57) e Adrián.

O partido do Dumbría infantil tivo a historia que lle quixo dar Borja Pita. O diandeiro do Racing de Ferrol marcou as diferencias dun partido que os costeiros afrontaban con ilusión, pero que voltaron á realidade do potencial da categoria.

Saíu ben plantado e presionando con criterio o Dumbría, e lonxe de encerrarse, trataba de neutralizar o caudal ofensivo ferrolàn lonxe do seu marco. Os primeiros 15 minutos foron de equilibrio, pero cando Pita abriu o marcador, e na seguinte xogada Tajes non superaba o porteiro local no man a man para empatar, intuiase que o partido se lle ía a complicar e moito o equipo de Conde e Huelvis.

O segundo gol, e sobre todo os 2 seguintes, deixaron a evidencia. da superioridade do Racing, e da impotencia costeira para equilibrar o bagaxe de futbol verdillo.

O segundo tempo foi un trámite, doloroso eso si, pola superioridade do equipo de Martiño Botana. Iso si, sempre ecomo eixo, co sensacional Borja Pita. Despois dos turróns, a recuperar as ilusións.

Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios