mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: A mocidade toma o relevo de cara a 2015

Preferente: A mocidade toma o relevo de cara a 2015
XSC saca petroleo do Conco-Foto-Mca Cuns

Parece que tanto os Canosa e Lobelos por Dumbría e Rubén Coméndez por Santa Comba queren deixar bo sabor de boca aos rapaces da canteira. Nesta última xornada do 2014, os equipos costeiros da Preferente - Senra Sport pechaban con resultados dispares, pero rematan o ano moi parellos, cun só punto de diferencia entre ambos e aínda con opcións de meterse arriba.

O máis salientable, é a participación dos Javi, Marcote, Coke, Sergio Barbeira, Steven… Rapaces en idade xuvenil, saídos da canteira que xa están tendo minutos en toda unha categoría como a Preferente.

Aí van o resumos destes dous partidos, mentres quedamos pendentes do Partido Benéfico do Combinado da Costa da Morte artellado por QPC.

Escairón - Dumbría (2-1)

  • DUMBRÍA: Iván, Tantán, David (Bryan, min.65), Iago, Aarón, Pablo, Cote, Darío, Javi (Jesús, min.54), Marcote (Diego Cespón, min.55), e Adrián Makaay.
  • Goles: 1-0, min.6: 2-0, min,55; 2-1, min.70: Adrián Makaay.

Moita xuventude no cadro de Canosa e Lobelos pero non valeu desta volta para traer algo positivo do campo do Saviñao. E iso que os locais levaban 6 partidos sen gañar. O cadro dumbriés non foi quen de facer o seu xogo combinativo e os locais marcaron pronto, souberon administrar a renda e mesmo tiveron ocasións durante a segunda metade de ampliar o marcador. Adrián Makaay maquillou o marcador a 20 minutos do final, pero non houbo fe no empate.


Xallas StComba - Sarriana (5-0)

  • XSC: Julián (Coke, min.90), Rubén Forján, Oscarín, Rubio, Jota, David Baña (César, min.72), Marcos (Sergio Barbeira, min.65), Steven (Choco, min.50), Pablo Muíño, Jesús (Joshi, min.61) e Kevin.
  • Goles: 1-0, min.27: Pablo Muíño; 2-0, min.31: Kevin de penalti sobre el mesmo; 3-0, min.52: Kevin rouba na presión, dribla a un defensa e define por baixo; 4-0, min.73: Pablo Muíño de penalti; 5-0, min.87: Kevin.

Bo partido do XSC para pechar este 2014. E iso que custou marcar o primeiro gol, pero a partir do golazo de Pablo Muíño dende 25 metros á media hora, a Sarriana tivo que arriscar deixando ocos atrás para que os Kevin, Marcos e o propio Muíño creasen moito perigo. Kevin marcou o segundo pronto dende os 11 metros, e o terceiro nada máis comezar a segunda metade que xa acababa co partido. Ambos aínda tiveron tempo de repetir.


Novas relacionadas

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios