Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha

3ª Autonómica: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha
Victor Foi expulsado ante o Muxia-Foto-Jorge Parri A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Remata o ano na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e o fai co segundo partido seguido do Ameixenda sen conseguir a vitoria. Así e todo, os de Manolín rematan con 4 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores, neste caso o Cerqueda, que sufría para superar ao Coristanco, e o Corcubión, que gañaba en Castrelo e ten un partido máis.

Pelexando tamén polos postos da Promoción queda o Lira, despois da gran remontada en Nantón. Os Lirachos, trala sanción por suposta (e irreal) aliñación indebida pola denuncia do Corcubión, queda con 22 puntos, a 9 do liderato, empatado a puntos co cadro cabanés.

Pecha agora a Promoción o Coristanco, que leva 5 partidos sen gañar, e deixa que Castrelo e Muxía sigan soñando. Aínda queda moito.

p>Aí van o resumos dos partidos, mentres quedamos pendentes do Partido Solidario do Combinado da Costa da Morte artellado por QPC.


Ameixenda - Muxía (1-1)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge (Mateo, min.66), Miro, Samuel, Javichu, Camacho (Antón Lestón, mon.70), Momaño, Bichiño (Borja, min.46), Cristian (Vicente, min.9), Víctor e Mario.
  • MUXÍA: José Antonio, Currás, Esteban (Man, min.70), Martín, Peski (Antonio, min.80), Tomás, Juan, Conguito, Gerardo, Jonathan (Ruso, min.60) e Alxires.
  • Goles: 0-1, min.20: Jonathan tras un erro da defensa local; 1-1, min.55: Mario de penalti.
  • Expulsión: o local Víctor no min.75.
  • Lesión: o visitante Esteban.

Conseguíun un valioso empate o Muxía no San Paio de Refoxos ante un Ameixenda que remata o ano cunha marcha menos. O Partido estaba para os locais, pero a expulsión de Víctor deixouao equipo cun home menos no treito final do choque e permitiu que o Muxía aguantara ata o longo desconto co empate.


Castrelo - Corcubión (0-4)

David Lourido anotou un hattrick co Corcubion-Foto-Jorge parri
  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos, Pichón (Quintáns, min.17), Berdoias, Víctor, Luís (Israel, min.58), Edreira, Roi (Suso, min.25) (Lucho, min.68), Félix (Raúl, min.60) Capote e Stiven.
  • CORCUBIÓN: SIto, Trillo, Balucho, Javi (Checho, min.60); Marco (Gabi, min.70); Sebas, Toja, Lema, Lourido (Mini, min.80) e Gorka (Edu, min.66).
  • Goles: 0-1, min.10: Lourido; 0-2, min.20: Lema; 0-3, min.30: Lourido; 0-4, min.75: Lourido.
  • Expulsión: o local Marcos (min.56).

Levou o partido o Corcubión cun Lourido enchufadísimo, que leva 7 goles en 7 partidos dende que voltou xogar ca camisola branquiazul. Unha vitoria que deixa ao cadro de Lema empatado co Cerqueda na segunda praza, a só 4 puntos do liderato, e que frea as aspiracións do Castrelo a pelexar pola Promoción, malia que aínda está a tempo.

O Castrelo non tivo o seu día, e a cada minuto que pasaba tiña peor suerte. No minuto 5 Pichón tería unha ocasión para adiantar aos locais pero un defensa saca o balón baixo paus. Pronto Lourido deixaría ver a súa calidade co primeiro tanto.

Apenas chegabamos ao cuarto de hora e Pichón lesionábase e 5 despois Lema non desaproivetaba un erro defensivo para facer o segundo. E á media hora, nun posible fóra de xogo, Lourido facía o terceiro matando o partido.

Trofeo Castrelo-Camelle

Saíu o equipo de Roland despois do descanso un pouco mellor e intentando recuperar sensacións. E tiveron dúas claras ocasións para marcar pero a fortuna neste partido non estaba do lado vimiancés. Aínda sufrían a expulsión de Marcos, e na seguinte xogada un bo saque de córner no que remata Stiven e sin querer bate en Edreira e evita o gol vimiancés. O Corcubión, que redondeaba a goleada na segunda, remata así o ano no mellor momento da tempada.

Cómpre mencionar que non remata o fútbol en Vimianzo, pois este sábado 27 ás 17.00 disputaremos o 1 trofeo do Castrelo contra o camelle, no que habera pinchon gratis para todo o mundo (aficion xogadores directivo) invitamos a todo o mundo a asistir. Envioche o cartel

Nantón - Lira (3-4)

  • NANTÓN: Guillermo, Carlos (Raúl,m in.84), Eloy, Lareu, Diego, Dani Costa, Fabio, David (Amado, min.55), Luís, Martín e Iván.
  • LIRA: Peipo, Adrián Porto, Josiño, Pata, Eloy, Paky, Javi Carnota, Oli, Yanky, Miky e Javi Pelos. Tamén: Manu, Cibrán, Trozo e Aitor.
  • Goles: 1-0, min.17: Carlos remata un centro de Lareu; 1-1, min.27: Javi Pelos; 2-1, min.29: Fabio; 3-1, min.55: Luís; 3-2, min.58: Cibrán; 3-3, min.80: Oli; 3-4, min.90: Javi Pelos.

Partido tolo nas Fontiñas entre dous rivais directos na loita polo ascenso. Un partido que puido caer de calquera lado e ao que o Lira nunca lle perdeu a cara e conseguía remontar. O Nantón comezaba mandando, combinando mellor e anticipándose na recuperación do balón, e cun Lira que buscaba con balóns longos as súas dúas referencias arriba, Oli e Yanki, pero sen atoparse cómodos.

Ao cuarto de hora Carlos adiantaba aos locais, pero o empate para o Lira chegou 10 minutos despois, cun tiro dende a frontal da área de Javi Pelos que fai un estrano cando parecía que ía atallar Guille sen problemas, colándose no interior da portería. Tan só dous minutos despois, tras o saque de centro, Fabio poñería un bo pase para Ivan, quen ía facer o 2-1.

Tivo o Nantón dúas ocasións moi claras para ampliar a diferencia no marcador nos pés de David e Iván, que os defensas do Lira sacarían na liña de gol.

Xa na segunda metade, saía o Lira con máis intensidade e facendo máis dano, pero sería Luis quen faría o 3-1 no minuto 55 de tiro cruzado, despois dun rechace de outro tiro del. Pero tan só dous minutos despois recortaría diferencias o Lira, cando despois dun saque de falta a zaga do Nantón falla á hora de despexar o balón ata en tres ocasións. Seguía o Lira volcado,intentando conseguir o empate, cando a 10 do final, Oli en posición dubidosa para os locais, conseguía o empate.

O Nantón vía como se lle ía o partido, e no minuto 89 o Lira conseguía a difícil remontada de novo da man de Javi Pelos despois dun rechace no longueiro. Cos dous equipos intentándoo ata o último minuto; o Nantón buscando a remontada e co Lira buscando a sentencia chegou o final deste intenso e apasionante partido.


Cerqueda - Coristanco (1-0)

  • CERQUEDA: Ángel, Sergio, Atu, Dani, Javi Pazos, Lorenzo, Uru (Pailos, min.55), Darío, Jacobo (Juanjo, min.63), Luchi (Añón, min.75) e Martín.
  • CORISTANCO: Nacho, Marcos (Facal, min.50), Mato, Jose, Rubén, Gonzalo, Toni, Cholo (Moreno, min.60), Juan, Pazos e Joni (Joaquín, min.65).
  • Gol: 1-0, min.30: Darío de tiro lonxano.

Duelo directo, de pouco xogo e moita tensión, moito ambiente nas bancadas, no que a néboa (o choque foi disputado ás 20:00h do domingo) e o respecto facía que parecera que ningún quería arriscar. De partido tenebroso, de feito, califícano os adestradores dos equipos, no que tiveron que abusar do balón directo e de tiros lonxanos. Precisamente dun lanzamento dende fóra da área chegaba o gol de Darío.

Pouco despois chegaba unha das xogadas claves do partido, co Coristanco apretando na procura do empate, Juan tiraba, o rexeite lle queda a Pazos que marca, pero o colexiado anula por fóra de xogo, cando segundo os visitantes había un xogador local baixo paus.

Pelexou na segunda o Coristanco, pero sen ocasións claras, cun Cerqueda que buscaba sentenciar á contra.


Crónicas da 3ª Autonómica

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios