Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Peche de ano apretado

2ª Autonómica: Peche de ano apretado
O Castriz venceu en Lombans ante o Carnota Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Remata o 2014 na 2ª Autonómica - ES Bazarra. A xornada 16 da Liga da Costa déixanos a segunda derrota do curso do líder, o San Lorenzo, e tivo que ser en Buño, ante un dos perseguidores. Ata 5 equipos forman o grupo perseguidor, comezando polo Castriz, que vencía en Carnota e que aproveita o empate do Zas en Ponteceso para pechar o ano na segunda praza, a 6 do liderato. Se a 7 queda o Zas, a 8 queda o Outes, no seu mellor momento da tempada tras 5 partidos sen perder. O Buño queda a 9 do líder, mentres o Volantes, que superaba ao Porteño, queda a 10 puntos.

Por abaixo, os dous de abaixo seguen en problemas. Por Louro o club vén de destiuír a Jurjo, mentres por Camelle Varu terá moito que levantar. Os loureáns caían anteun Camariñas que respira, mentres os camelláns non podían cun Fisterra feito un vendabal.

Aí van o resumos dos partidos, mentres quedamos pendentes do Partido Solidario do Combinado da Costa da Morte artellado por QPC.


Volantes - Porteño (3-1)

  • VOLANTES: Rubén, Brea, Juan, Mayu, Miguel, Espi, Edu (Parde), Brais (Javi), Picho, Óscar (Mingos) e Piti.
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Gabi, Maikol, Manuel, Doyle, Roi (Jose, min.63) , Iago (Curra, min.55), Cristian, Marcos e Meu Lar (Cachi, min.63).
  • Goles: 1-0, min.47: Edu; 2-0, min.80: Mayuyo; 2-1, min.82: Jose; 3-1, min.83: Espi.
  • Expulsión: o meta Bonano no penalti (min.23).

Partido cómodo para o Volantes marcado pola expulsión do meta Bonano aos 23 minutos, que provocou demasiado cansanzo nas filas visitantes.

O Porteño aguantaba ben as acometidas iniciais dos laranxas. A mellor chegaría dende os 11 metros, canda a expulsión de Bonano, pero Maikol, que se metía baixo paus, paráballe o penalti a Espi. O Volantes dominaba e conseguía facer dano pero sen acerto. O Porteño aguantaba ben.

Na segunda saíu o cadro local, a pesar de baixar o ritmo, conseguiu marcar e de contado marcou Edu. Pouco despois Mayu facía o segundo, pero os de Roski, a pesar do cansanzo, non tiraron a toalla, e recurtaron de seguido. Quedaban apenas 10 minutos, e o Porteño o intentaba co corazón pero Espi puña a puntiña.


Fisterra- Camelle (6-1)

  • FISTERRA: Norberto, Manuel Cartamil (Santi, min.75), Robertín, Roco, Rodrigo, Piti (Munitis, min.55), Juan, Noé (Eddy, min.58), Guardiola (Teray, min.70), Aitor e Pablo Lestón.
  • CAMELLE: Jimmi, Sikario del Amor (Felipe, min.40), Lado (Peseta, min.70), Valiña, Alberto, Dido, Macho, Arnosi, Tajes (Tonsón, min.46), Felisiano e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.1: Pablo Lestón; 2-0, min.3: Pablo Lestón; 3-0, min.9: Aitor; 3-1, min.57: Sergio de penalti; 4-1, min.63: Aitor; 5-1, min.75: Aitor; 6-1, min.80: Aitor.

Cando carbura este Fisterra é un auténtico vendabal. Así saíu o sábado ante o Camelle en Ara Solis, e aos 10 minutos xa marchaba 3-0, con dous tantos de Pablo Lestón e o primeiro, de catro, de Aitor, un dos protagonistas da tarde.

O Camelle aguantaba a tormenta como podía e recurtaba á volta do descanso, pero Aitor aparecía de novo para completar o set e o partido.


Ponteceso - Zas (0-0)

11 do Ponteceso ante o Zas-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Javi Peón, Diego Collazo, Moscoso, Dani Valle, Alberto Recarey, Sergio Juvenil (Ismail, min.68), Martín Puente, Dieguito, Christian (Juanma, min.46), Martínez e Eloy.
11 do Zas eno Pinguel-Foto-SD
  • ZAS: Tívoli, Fabián (Oli, min.57), Pereiro, Martín, Vecino, Isma (Canedo, min.61), Peque (Pablo, min.71), Samu (Alex, min.70), David Blanco, Rubio e Abel.
Ponteceso-Zas-Foto-SD

Partido intenso, algo bronco pero moi vivido no Pinguel. Partido de poder a poder, sen demasiadas ocasións, que ao Zas non lle vale para seguir pelexando arriba e aproveitar o tropezo do líder, pero ao Ponteceso lle serve para demostrarse que pode competir con todos. Así, por ocasións pode que o Zas tivera máis opcións, pero a igualada é xusta.

Houbo moito xogo duro con total pasividade do colexiado que non fixo un moi bo encontro, dando por rematada a primeira parte practicamente sin chegadas. Xa a volta dos vestiarios saíron os dous equipos a por todo e o partido era de ida e volta, houbo un par de faltas sacadas polo Ponteceso con moito perigo.

Nos últimos 10 minutos puido pasar de todo, un tiro ao poste do Ponteceso, que se volcou, por medio de Moscoso, un corner que remata Vecino preto do pau par ao Zas e un posible penalti sobre David Blanco co tempo cumplido.

Recarey falando co colexiado no Ponteceso-Zas-Foto-SD

Mazaricos - Cee (0-1)

  • MAZARICOS: Marcos, Chico (Molinos, min.46), Esteban, Coxo, Matías (Ricardo, min.40), Ferreiro (Ramón, min.46), Pereiro, David, Estéfano, Chenel e Cabrexo.
  • CEE: Maikel, Fiuza, Jorge, Jacobo, Tebo, Paco, Josiño (Andrés, min.82), Hidalgo, Isma Leis (Juan oBello min.60), Bruno e Leo (Lamela, min.77).
  • Gol: 0-1, min.70: Jorge de remate de cabeza tras falta ó longueiro.

Unha parte para cada un e un empate se cadra tería sido máis xusto. Mala primeira metade do Mazaricos, que se cadra tivo que afrontar demasiados cambios no 11, que non baixaba o balón. O Cee controlaba máis aínda que sen moitas ocasións, xa que era difícil xogar debido ó estado do campo. Ó final da primeira parte tivo o Mazaricos dúas ocasións moi claras de Cabrexo que resolveu moi ben Maikel.

Na segunda parte mellorou o Mazaricos, pero o Cee tamén dispuña dun par de boas oportunidades nos pés de Bruno despois de combinar ben con Juan. Tamén tivo unha clara Chenel que sacou Maikel co pé. O gol ceense chegaba no min.70 tras un rexeite, e o marcou un pouco habitual, Jorge e de cabeza ademais... E nos últimos minutos acoso intenso do Mazaricos con fútbol directo pero que non foron capaz de materializar.

O Cee da un pasiño máis na melloría do xogo, que xa empezara na xornada anterior e agora a recuperar xente no parón ligueiro. Onte, Rafa puido contar con Juan oBello, un grande da categoría.


Camariñas - Montelouro (4-1)

Jurjo destituido no Montelouro
  • CAMARIÑAS: Pablo, Denis, Martín Kanga (Martín, min.20), Darío (Adrián, min.70), Pereira, Moro, Piti, Sule (Manuel, min.75), Javi (Brais, min.60), Ismael e Yuyo.
  • MONTELOURO: Isma, Teo, Pablo (César, min.34) (Pese, min.60), Abel, Isma, Geico, Gelo, Edu (Fernando, min.60), Benja (Pesi, min.3), Pepe e David.
  • Goles: 1-0, min.5: Yuyo; 1-1, min.20: David; 2-1, min.40: Yuyo; 3-1, min.44: Ismael; 4-1, min.60: Sule.
  • Lesións: todos os cambios do Montelouro foron por lesións.

Remata o ano para o Montelouro cunha derrota en Camariñas. Unha vitoria importante para o cadro de Gerpe, que respira para tomar as uvas. O que non tomará as uvas no banco loureán será o bo de Jurjo, pois a directiva quere afrontar un cambio de cara ao 2015 e decidiu destituílo. Un Jurjo que conseguía ascender ao equipo o ano pasado, pero que non puido contar cun equipo estable para afianzalo na Liga da Costa.

O choque foi igualado nos primeiros 45 minutos, pero o teceiro tanto, o de Ismael, ao fío do descanso, fixo que os loureáns baixaran os brazos na segunda metade.


Carnota - Castriz (1-2)

Carnota-Castriz en Lombans
  • CARNOTA: Luís, Pablo Pichín, Manolo Chouza, Ferreiro, Tono da Caixa, Boni (Berni), Nakata (Raúl), Pumuki, Manuel Luís (Andrés) e Pablo Beiro.
  • CASTRIZ: Pablo, Martín Uruguayo, Cili, Bruno (Velo), Chinda (Víctor), Álex, Martín, Luís, Bolón, Agra e Adrián Prol,.
  • Goles: 0-1, min.11: Bolón remata un centro; 1-1, min.16: Manuel Luís aproveita unha deixada de Pumuki e a coloca axustada ao pau; 1-2, min.60: Agra remata só na área pequena nun córner.
  • Expulsión: o local Pablo Pichín no rimeiro tempo.

Partido igualado en Lombáns, entre un Carnota que se mete en problemas con esta derrota ante un Castriz que pecha o ano no 2º posto, e a só 6 puntos do liderato. Comezaba marcando pronto o cadro xalleiro, pero o Carnota reaccionaba. Manolo Chouza remataba dentro da área, o meta xalleiro paraba e o rexeite non o aproveita Pumuki con todo ao seu favor. Non pasaron 10 minutos e Manuel Luís facía a igualada. Estaba sendo igualada a contenda, pero a expulsión de Pablo Pichín por unha falta e unha man foi clave.

A partir de aí o Castriz fíxose co dominio do balón e meteu atrás ao Carnota, que aguantou o que puido, ata que nun erro defensivo nunha xogada a balón parado, Agra facía o segundo. De aí ao final, o Castriz controlou o partido sen demasiados riscos.


Buño - San Lorenzo (1-0)

  • BUÑO: Toni; Casais, Eloy, Matías, Fran; Miguel Dourado (Neucha, min.60), David (Emilio, min.90), Jorge Calvete e Uru (Víctor, min.92), Dani (Víctor Rojo, min.70) e Jorge Pombo.
  • SAN LORENZO: Diego, Rubén (Adrián Fraga, min.52), Adrián Varela, Pablo Novo, Rudi, Álex Figueiras (Anxo, min.60), Schuster, Carlos, Fuentefría (Javi Pensado, min.58), Parafita (Javi Puñal, min.60) e Juni.
  • Gol: 1-0, min.35: Jorge Pombo tras un saque de banda prolongado.
  • Lesións: Álex Figueiras e Parafita.

Tras 10 vitorias seguidas chegou a segunda derrota do San Lorenzo. Os de Pedro Gómez dominaron territorialmente pero o Buño estivo ben ordenado e controlou bastante ben a situación. Durante a primeira metade os líderes puideron abrir o marcador, pero non houbo sorte, e mandaron dous tiros ao longueiro, un remate de Parafita que tamén puido ser penalti; e outro Alex Figueiras ao longueiro.
Así e todo non era o mellor partido dos carballeses e o Buño saía e marcaba tras un saque de banda.

Pouco fútbol na segunda metade, con moitos paróns, e se o San Lorenzo apenas chegou con claridade, o Buño tivo as mellores ocasións para sentenciar.


Outes - Seaia (3-1)

  • OUTES: Gato, Borja (Rafa), Róber Amoedo, Chúa, Saúl, Chía, Martín, Babu (David), Mario (Fabio), Jura (Martín Lago “Flica”) e Piki.
  • SEAIA: Jesús, Miguel, Avelino, Vistas, Parga (Magovi, min.65), Eme (Manuel, min.60), Felipe, Nando, Camilo, Dimaga e Richard.
  • Goles: 1-0, min.35: Róber Amoedo de penalti sobre Piki; 2-0, min.40: Chía de vaselina; 3-0, min.86: David; 3-1, min.89: Manu.

Bo partido no Cunchido, nun campo a rebentar de xente mesmo cantando, un luxo para o Fútbol da Costa. E fixo o Seaia un bo partido pero caza ao Outes no mellor momento da temporada.

Comezaba o partido co Outes combinando e o Seaia ben plantado. Jura avisaba con dous mans a man ao comezo, e á media chegaban dúas xogadas claves. Os visitantes pedían penalti nunha xogada dubidosa, e pouco despois o colexiado sinalaba un penalti na outra área cometido sobre Piki, que Roberto Amoedo non desperdiciaba. Pouco despois, e antes do descanso, Chía facía unha fermosa vaselina para marcar o segundo.

O Seaia seguía competindo e dando guerra, pero non chegou o desgaste físico dos malpicáns, que apretaron pero sen pegada. Despois de 40 minutos, David facía o terceiro para os locais e despois Manu facía o gol da honra para os seus, cun golazo dende lonxe.


Baíñas - Cabana (3-2)

  • BAÍÑAS: David, Rodri (Marcos, min.80), Héctor, Martín, Mario, Iván, Esteban, Braulio (Tasky, min.60), Jaime (Diego, min.75), Eloy (Cris, min.70) e Javi Suárez.
  • CABANA: Añón, Raúl (Eloy García), Iván de Treos, Ismael (Pepe), Charly, Fernando, Miky, Moreno (Diego), Dani Mato (Adán), Manu Guillamet e Iván Mato.
  • Goles: 1-0, min.4: Javi Suárez de penalti cometido sobre el mesmo; 1-1, min.5: Dani Mato; 1-2, min.37: Miky; 2-2, min.55: Javi Suárez; 3-2, min.65: Javi Suárez á saída dun córner.

Para estas cousas valen ter xogadores doutra categoría. Javi Suárez decidiu un partido que o Cabana prantexou moi ben, e que tivo na man. Pero a calidade de Javi decantou o partido na segunda metade.

O Cabana comezou moi enchufado, ben atrás, saíndo á contra e facendo moito dano a un Baíñas que non se atopaba sobre o céspeder. E iso que Javi adiantaba aos de Mario de José aos 5 minutos anotando un penalti que el mesmo provocaba. O Cabana reaccionou de contado e ao minuto xa empataba. Ademais soubo esperar e remontar con outro tanto ao fío do descanso.

O Baíñas mellorou a imaxe na segunda metade, pero non foi superior a un Cabana que viu como a calidade dun xogador decidiu o partido.


Novas relacionadas

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios