100 peque-deportistas asaltarán o pavillón de Zas para o comarcal de tenis de mesa


Os máis pequenos xogadores de pinpon da comarca tomarán este sábado 13 de maio o pavillón municipal de Zas. Era a primeira vez que o polideportivo soneirán albergaba un campionato comarcal, organizado pola AD Zas e o servizo provincial de Deportes, dentro do programa XOGADE da Xunta.
Dende as 10:00h da mañá, máis de 100 deportistas de 40 equipos da provincial disputarán os torneos ata ás 19:00h, cando se celebre a entrega de premios.
Participarán equipos de Vimianzo, en infantil masculino; Baio, en alevín femenino; e Zas, en benxamín mixto, alevín femenino, alevín masculino e cadete femenino, aos que se xuntarán os do resto da provincia pois ademáis dos xa habituais de A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Outes, Portomouro e Noia; virán tamen rapaces de A Coruña, Cambre, Ferrol, Santiago e Oroso.
Tamén hai liga
Ademais o domingo pola tarde desprazaranse a Oroso para participar na última xornada da liga organizada polo clube Oroso TM e como en domingos anteriores irán nun bus que nesta ocasión pagarán os propios xogadores, que xa o fixeran na anterior xornada, coa colaboración concellos de A Baña, Vimianzo e Zas que tamén colaboraron facilitando un bus unha vez cada concello. Nesta xornada entregaranse os premios e AD Zas pretende acadar o primeiro posto o Vimianzo TM o terceiro.
Novas relacionadas
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
- O Ponciano Nieto soña cun ascenso histórico para a comarca.
- O tenis de mesa feminino está en alza.
- O AD Zas Ponciano Nieto suma un punto que o posiciona na fase de ascenso:
- A Fase de Ascenso á 2ª Nacional chega ao pavillón de Zas
- O AD Zas Ponciano Nieto empata en Santiago co 1º clasificado da 3ª división nacional de tenis de mesa.
- Mala xornada para un tenis de mesa comarcal coa mente en Valladolid
- O tenis de mesa costeiro aguantou o temporal.
- Os equipos de Zas dan un gran paso cara o título e a permanencia.
- O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa.
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.