Basket: Mans de manteiga
Escapouse a primeira vitoria ao ACB Cume Costa da Morte ante un Terra Chá máis alto pero non mellor. As presas de última hora e as mans de manteiga decidiron o partido en contra dos ceeses.
Por Carballo, boas novas para os sénior, con sendas vitorias do Calvo e do Vázquez y Reino.
3ª División Sénior Masculina, Coruña B, xornada 2
- Resultado: C.E. CUME COSTA DA MORTE - CB TERRA CHÁ (42-45)
A gran diferencia a de altura xa colocaba aos lucenses como favoritos, pero os costeitos comezaron entoados, cun Mani espectacular a media e longa distancia que permitía irse aos locais con 9-2. Despois dun tempo morto o conxunto visitante despertou e comezou tamén a anotar con mais soltura, chagando a un cuarto igualado no marcador, mais cunhas boas sensacións.
No segundo período xa volveron haber as típicas perdas, pero aínda se conseguíu volver á seriedade ir e marchando 6 arriba ao descanso.
Na segunda metade, a presión dos lucenses provoca moitas presas nos ceeses que non impediron chegar con vantaxe ao último cuarto. Uun último cuarto cheo de despropósitos, con perdas de balón, fallos debaixo do aro, mans de manteiga… e unha presión visitante que provocaba que os ceeses deixasen escapar unha vitoria que tiveron nesas mans de manteiga. Cómpre recoñecer, iso si, o traballo feito por Fran e Jorge.
Junior Masculino
- Resultado: CB ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE (44-41)
Primeiro partido para os júnior do ACB que contaban con 9 xogadores. Partido no que se mostraron moi erráticos de cara a canastra, e na primeira metade o equipo local conseguiu acertar dende mais aló da liña de 6,75 en 5 ocasións, chegando ao descanso cun marcador desfavorable de 23-15. Á volta dos vestiarios a cousa non fai mais que empeorar, dado que ante os fallos, os xogadores empezar a xogar sen cabeza intentando anotar con dous ou incluso tres defensores rodeándoos, polo lado arteixán, seguiron facendo o seu xogo e ampliando a vantaxe ata os 15 puntos. No derradeiro período, unha cuarta parte dos tiros que se estaban a fallar comezan a entrar, polo que os ceenses reaccionan e volven a poñer o partido cada vez mais cerca. Ao final, non acertaron ca tripla que os levaria á prorroga.
3ª División Sénior Masculina, Coruña B, xornada 1
- Resultado: Calvo Basket Xiria - CB Noia (65-58)
- Calvo Xiria: Javi (11), Mariño, Guillamet (4), Peli (8), Manu (16), Roi, Fran (7), Martín Vidal (2), Luis (-), Moreira (6), Rubén, Luciano Calvo.
A pesar do frío comezo dos carballeses, pronto acadou unha gran velocidade conseguindo moitas canastas fáciles nas contras, marchando 10 arriba no primeiro cuarto. Pero no segundo, os da Barbanza ralentizaron o ritmo e se meteron no partido. No terceiro periodo mantívose un ritmo cansino que non favorecía aos verdes, pero o acerto dende a liña de 6,25 permitiu manter a vitoria.
2ª División Sénior Feminina, xornada 2
- Resultado: Compañía de María - Vázquez y Reino Xiria (52-68).
- Vázquez y Reino Xiria: Iria (2), Ana Aldao (2), Ana Grille (6), Silvia (22), Sara (18), María (2), Estela (8), Lola (2), Irene, Alba (4) e Andy (2).
Gran partido das carballesas na Coruña, que comezaban a remolque pero que collían o mando nun fantástico segundo cuarto, gracias a unha gran intensidade defensiva, que permitía fáciles contras. Cun 7-21 no segundo cuarto mandaban por 11 ao descanso.
A segunda metade foi mais relaxada, e intentaron levar o partido dentro da pintura onde as carballesas foron superiores.
Crónicas da tempada
Novas relacionadas
- Setembro 17: Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas.
- Xuño 2017: Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria.
- Maio 17: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).