111 inscritos para a Travesía a Nado Camariñas-Muxía
07:32 30/06/17
111 deportistas inscritos para tomar este sábado a saída no Club Náutico de Camariñas ás 17:00 horas para percorrer os 2.500 metros que separan este peirao da Praia do Lago de Muxía.
Os grades favoritos da II Travesía a Nado Camariñas-Muxía son o super triatleta Francisco Javier Gómez Noya e a que foi campiona mundial de aquatlon Anneke Jenkins.
Tamén están inscritos o adestrador de Gomez Noya, Carlos David Prieto e o grande tritaleta Pablo Dapena.