120 regatistas uniron a vela A Couña e Malpica
02:40 19/06/18
120 regatistas participaron esta pasada fin de semana na XXXI Regata Illas Sisargas en Malpica-Memorial Pucho Bermúdez de Castro. Unha proba, unha das máis antigas do Club Náutico da Coruña, que une, cada ano, a vila herculina e Malpica, que serve para lembrar a Jose Luís Arcay e Juan Manuel Vázquez.
O domingo, a segunda etapa saía dende Baldaio, foi vibrante e divertida. Finalmente os ”Salseiro", "Alma do Mar" e "Zóspiro", foron os vencedores das súas categorías. Aos vencedores desta primeira etapa entregáronselles os seus respectivos trofeos na Lonja de Malpica, onde ademais o Concello ofreceulles unha cea de bienvenida.
O Concello de Malpica premiou aos gañadores da Regata Illas SisargasFonte
- Redacción de QPC ([email protected]).