Martes. 16.04.2024
El tiempo

13 medallas máis para os atletas do Manuela Rial

13 medallas máis para os atletas do Manuela Rial

O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, que vén de celebrar o título de Campión Galego en Volei, segue demostrando o ben que traballa, en materia deportiva. O equipo ceense logrou un total de 13 medallas nos Campionatos Provinciais de atletismo en pista, disputados en Ribeira o pasado sábado día 12 de maio.

O Manuela Rial acudiu finalmente con 20 atletas dos 28 que lograran a clasificación para participar en devandito campionato, nas diferentes probas clasificatorias celebradas con anterioridade en Santiago de Compostela e en Poboa.

O colexio ceense, adestrado por Luís Alberto Fernández logrou un total de 3 medallas de ouro, 8 pratas e 2 bronces.
Os Campións provinciais foron Enrique Moreda en 1km. marcha benjamín, Iñaki Coronilla en 3 km. marcha infantil e José Carlos Rei en lanzamento de martelo infantil.
Os subcampións provinciais foron Enrique Moreda en lanzamento de peso benjamín, Aberu Ríos en lanzamento de pelota benjamín, Daniel González en 1000 m. banjamín, Samuel Sambade en lanzamento de disco, José Carlos Rei en lanzamento de peso, Saulo Pose en 1000 m. obstáculos e Juan Bautista Marcote e Carmen Ramón en 3 km. marcha.
Ademais Adrián Sambade en lanzamento de peso e Alba Moreno en 1 km. marcha tamén subiron ao podium para recoller a medalla de bronce nas súas respectivas probas.

Un balance máis que positivo

O balance final é moi positivo, xa que ademais moitos atletas quedaron en 4º e 5º lugar e ningún dos 20 que se desprazaron a Riveira baixou do 7º lugar. Hai que recordar que había 16 participantes en cada proba e para iso tiñan que conseguir praza anteriormente.

Vindeira cita: Campionato Galego

O día 26 de maio aqueles atletas clasificados acudirán a Pontevedra ao Campionato Galego Infantil de atletismo. Os 6 medallistas infantís xa están directamente clasificados e haberá que esperar cantos máis conseguen a clasificación por marcas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Manuela Rial da man de Luís Alberto Fernández.

Comentarios