Sábado. 14.09.2024
El tiempo

13 trofeos en Narón para preprarar a proba máis importante do ano para o baile costeiro

13 trofeos en Narón para preprarar a proba máis importante do ano para o baile costeiro
Parella federada de Arte e Movemento

O Club Arte e Movemento asistiu o pasado domingo a Narón, ó Trofeo de Baile Deportivo, que se celebra todolos anos nesa vila. Tátase dunha proba puntuable para o ranking nacional da Federacion Española de Baile deportivo. Nesta proba Arte e Movemento presentaba 9 parellas federadas, máis 15 parellas nas categoria de iniciación, e servíu de bo adestramento para a cita desta vindeira semana en Zaragoza, onde 3 parellas terán unha cita crucial.

Pero antes, volvemos a Narón, onde das 24 parellas, 13 acadaron trofeos de podio, e 8 parellas foron medallistas na final. Cabe destacar que o pavillón de Narón estaban a estoupar, e non había sitio onde moverse, con tanto público e participante.

Equipo Federado do Clube Arte e Movemento en Naron

As parellas que acadaron o podio nas categorías puntuables foron:

  • Xuvenil 2º territorial: Alvaro Lado e Antia Mendez (bronce).
  • Junior 2º territorial: Tomas fuentes e Fatima Lopez (prata).
  • Youth 1º territorial: Cristian Dominguez e Lara Rivadulla (ouro); Juan Alvarellos e Melani Lois (prata) e Juan Luis Lista e Noelia Reguerira (bronce).
  • Adulto A nacional: Diego Rivadulla e Ariadna Leis (bronce).
  • Youth 2º standard: Juan Alvarellos e Melani Lois (prata) e mais Juan Luis Lista e Noelia Regreira (bronce).

Nas categorias de iniciacion, participaban nenos que non levan o tempo suficiente para pertencer ó equipo federado, e para a maioria deles tratabase da sua primeira competicion. Os que acadaron o podio foron:

  • Benxamín H: Carla e Laura (ouro).
  • Xuvenil H: Fabian e Irimia (bronce).
  • Junior H: Raul e Gissela (prata).
  • Xuvenil G: Maitena e Zaira (bronce).
  • Junior G: Iria e Erika (ouro).
Mateo e Bistra unha das parellas dos pequenos de Arte e Movemento

Vindeira proba

A próxima cita do clube Arte e Movemento, trátase dunha das máis importantes da temporada. Sera esta próxima fin de semana en Zaragoza. 2 parellas do clube foron seleccionadas para optar ó ascenso de categoria, son as parellas formadas por Cristian Dominguez e Laura Rivadulla, Roberto Ezara e Patricia Tuñez.

Pero ademais, nas mesmas instalacions disputase o Campionato de España de Baile Standard 2013, onde participarán Diego Rivadulla e Ariadna Leis, sendo esta a primeira vez para esta parella que participa no campionato de España, que lles servira para medirse e saber en que nivel estan.

As 3 parellas do clube viaxarán en coche acompañados do seu entrenador Juan Carlos Diaz.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.

Comentarios