130 nadadores pecharon en Fisterra o Circuito Travesía Costa


Este domingo Fisterra vestiuse de gala para a celebración da Travesía Costa Fisterra, que serviu para pechar a primeira edición do Circuíto Travesía Costa Abanca by Duacode 2018. Un circuito que contou con cinco probas (A Coruña, Oleiros, Balarés, Sisargas e Fisterra), e que xa é o maior circuíto de travesías marítimas a nado de Galicia. En total, foron máis de 900 os nadadores que participaron nalgunha das probas.
En Fisterra foron 130 os que saltaron ás augas, sendo a primeira vez que se organizaba unha proba de natación en augas abertas, con dúas distancias, 2.000 e 4.000 metros. Na proba longa, os vencedores en categoría absoluta foron Manuel Regueiro Picallo con un tempo de 1:04:28 e Marta Barbeito (1:17:50) foron os vencedores, mentres que en Masters40 gañaron Pablo M Carro, con 1:12:00, e Maria de o mar Terceiro, que cubriu a distancia en 1:23:40.