Venres. 11.10.2024
El tiempo

150 alumnos aprenden o mar á vela en Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Camariñas

150 alumnos aprenden o mar á vela en Corcubión, Cee, Fisterra, Dumbría e Camariñas
Imaxe dunha sesión do programa O Mar na Escola 2012 en Camariñas

Presentado o programa completo de "O Mar na Escola", esta fermosa iniciativa de Escola de Vela Cataventos que permite que alumnos da zona disfruten do mar en horas lectivas. Este ano, serán máis de 150 alumnos de colexios dos concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra e Corcubión os que ademais de matemáticas, teñan "Vela" entre as súas asignaturas.

Este programa convírtese nun fermoso xeito de achegarse ao mar, ese auténtico protagonista do noso entorno pero que en moitos casos permanece demasiado alonxado das vidas dos nosos pequenos. E que xa leva en marcha varios anos, de feito xa son 11 anos traballando en Camariñas a través do seu Concello e o seu club náutico por iniciativa dos técnicos deportivos e profesores, e comezaba en Cee fai 5 anos cun gran éxito de aceptación.

Este ano os centros que participan nesta iniciativa lúdico-didáctica son Colexio Areal da Ponte do Portto, Manuela Rial Mouzo e Eugenio López de Cee; Santa Eulalia de Dumbría, Mar de Fóra de Fisterra e Praia de Quenxe de Corcubión.
A iniciativa, que comeza o luns 4 de marzo e desenvolverase durante os meses de marzo, abril e maio, e rematará en xuño, cando todos realizarán as súas orlas de diplomados.

Desenvolvemento

Os escolares recibirán formación teórico-práctica en biodiversidade dos mares e océanos, meteorología e teoría da navegación a vela e kayak, todo iso enmarcado na asignatura de Coñecemento do Medio. Este proxecto é un achegamento dos mozos ao mar e á súa contorna a través da práctica do deporte.
Poderán aproximarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e a contorna de ría, achegarse ao deporte en xeral e en particular á vela lixeira, ademais de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun ambiente lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor.

A primeira sesión realizarase en cada un dos centros escolares, onde os técnicos da Escola Cataventos imparten unha clase teórica apoiada en soporte digital e exercicios prácticos. As sucesivas sesións realizaranse no peirao de Corcubión e nas instalacións do Club Marítimo Carrumeiro.

Apoio empresarial

Presentación do programa O Mar na Escola 2013 en Corcubión

Un programa, que se inclúe dentro do plan Xogade da Xunta de Galicia, e que se desenvolve gracias aos apoios empresariais. Aí están Ferroatlántica, no marco da súa política de Responsabilidade Social Corporativa, patrocinando as actividades nos concellos da comarca de Fisterra, e Industrias Cerdeimar en Camariñas axudando economicamente para que o proxecto sexa viable e de balde para todos os alumnos.

Á presentación, celebrada o martes 27 de febreiro, do programa en terras da comarca de Fisterra, celebrada na sé do Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, acudiron Carlos Oliete, director das fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría; Roberto García, Xefe de Servizo da Secretaría Xeral para ou Deporte; Manuel Villaverde, presidente da Federación Galega de Vela; Zaira Rodríguez, Alcaldesa de Cee; Santiago Insua, concelleiro de Deportes de Finisterre e Manuela Fernández Louro, Concejala de Servizos Sociais de Corcubión. Ademais, asistiron os directores e profesores dos colexios participantes e representantes da Escola de Vela Cataventos e o Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, que detallaron os beneficios deste programa dirixido a alumnos de Primaria.

Ademais, en Camariñas a presentación tivo lugar o pasado venres con membros de Conservas Boya e do Concello camariñán, ademais dos directores dos colexios que participan no proxecto O Areal e Ponte do Porto.

Presentacion do Mar na Escola en Camarinas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios