Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Así tamén vale

1ª Autonómica: Así tamén vale
Festin do Sofan -Foto-SD O Sofán pegouse un festín a costa do Palmeira -Foto-SD A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com

Continúa o pleno dun Soneira que esta vez non sacou a apasionadora a pasear; a mala nova foi o patinazo do Outes.

Outes 1-3 Cordeiro

  • Campo: O Cunchido.
  • Outes: Rizos (Vele), Samu, Pose (Pablo), Dani, Borja, Chía (David), Jorge (Álvaro), Piki, Martín, Mario e Yago (Babu).
  • Goles: 0-1, m.20: de penalti; 1-1, m.30: Jorge; 1-2, m.40; 1-3, 55.
  • Lesión: o meta Rizos cunha lesión muscular.

Lesión inoportuna

Malísimo balance o do Outes do choque desta semana. Ademais de quedar sen os puntos, leva a lesión do único porteiro, Rizos, que deixa ao equipo de Manu Roque sen arqueiro para a vindeira xornada.

O choque non ía mal, co Outes dominando, sempre en campo contrario. Os visintantes, cun auténtico equipazo, e acostumados xa a vencer case sen facer nada, aguantaban e cando roubaban saían con moito perigo ata que nunha saída dubidosa o porteiro local cometia penalti. Pouco despois chegaba a súa lesión e tiña que ser Piki o que se metía baixo paus.

Aínda así o equipo reaccionou e Jorge empatou cun golazo, e Mario tivo o 2-1 nas súas botas. Pero nun córner o Cordeiro colocábase de novo por diante e ao comezo da segunda metade, unha falta que para Piki, a defensa non pecha ben o rexeite e os visitantes sentencian o choque. Así o Cordeiro levou o partido cun par de contras, boas accións a balón parado e un par de pases do mítico Padín.


Sofán 8-2 Palmeira

11 do Sofan ante o Palmeira-Foto-SD 11 do Sofan ante o Palmeira-Foto-SD
  • Campo: O Carral.
  • Sofán: David Insua (Lerma, m.65), Adrián, Álex Varela, Rubén (Martín, m.46), Félix, Sito (Ceide, m.60), Pablo Martínez, Luís, Iván Rey, Javi Doldán (Alex Pri, m.50) e Raúl (Xuco, m.57).
  • Goles: 1-0, m.8: Javi Doldán; 2-0, m.38: Raúl; 3-0, m.40: Luís; 4-0, m.44: Raúl; 5-0, m.46: Raúl; 5-1, m.52: Vicente de penalti; 6-1, m.57: Alex Pri; 7-1, m.59: Xuco; de penalti; 8-1, m.73: Iván Rey; 8-2, m.87: Moncho.

Festín no Carral

Tarde de festa no Carral ante o recén ascendido Palmeira, que aguantou na primeira metade bastante ben, pero nos últimos 7 minutos o Sofán antou 3 tantos para marchar aos vestiarios 4-0 e deixar o choque completamente decidido.

Sofan-Palmeira-Foto-SD Sofan-Palmeira-Foto-SD

Baio 3-1 Sigüeiro

  • Campo: San Andrés.
  • Baio: Pablo, Fachal (Porto, m.40), Yago, Mario, Luís Alvite, Norber, Moreno (Peke, m.75), Martín (Rubio, m.73), Saleta (Luís, m.61), Christian e MC.
  • Goles: 1-0, m.30: Norberto de tiro lonxano; 1-1, m.31: Diego Arnejo; 2-1, m.41: Martín; 3-1, m.60: MC.

Vitoria en San Andrés?

Desprazouse, por mor das obras no Pratas Reinoso, ata San Andrés o Baio, que agradece a colaboración da directiva zaense ao ceder as instalacións, concretamente a Paula Rodríguez Lagoa.

Foi unha boa vitoria dos de Óscar Suárez, dominando o partido en todo momento e só sufrindo o susto do empate un minuto despois de que Norberto adiantase aos seus. Pero Martín, o eterno Martín, antes do descanso facía xustiza anotando o segundo. Xa nada máis comezar MC tiña dúas claras ocasións, mentres os visitantes só facían dano cando buscaban en longo a Diego Arnejo, autor do gol.

A segunda metade só houbo un equipo sobre o campo, e MC completou unha vitoria mesmo curta para os baieses.

Aquí quedan os goles da man de Santi Soneira.


Corme 4-1 Tordoia

  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Suso, Dani, Jesús, Alejandro, Diego (Adolfo, m.46), Brais Torrado (Jose, m.65), Sergio (Isaac, m.85), Brais, Lucas (Joshua, m.80), Juan Chans e Toniño (Eloy, m.66).
  • Goles: 1-0, m.18: Juan Chans tras gran xogada de Brais Torrado; 2-0, m.41: Juan Chans anota un golazo; 3-0, m.44: Juan Chans; 4-0, m.70: Eloy; 4-1, m.80.

Primeira metade para enmarcar

Espectacular primeira metade do Corme que sentenciou co triplete dun Juan Chans que volve parecerse cada día máis ao Iniesta da pasada campaña. Non apareceu o Tordoia polo Cairo ata o final, xa co Corme relaxado, para poñer o gol da honra.

Unión 4-0 Malpica

11 do Malpica ante o Union-Foto-Luis Porto 11 do Malpica ante o Union-Foto-Luis Porto
  • Campo: As Vilas.
  • Unión: Miguel; Sergio, Andrés, Pablo, Dani Conde; Víctor, Óscar, (Álex, m.59), Walter, (Saviola, m.72), Chicho; (Ardilla m.46), Manoliño, Mauro, (Santi m.75)
  • Malpica: Asier; Casais, Carlos Mallo, (Dímaga m.59), Kike, Rubén; Eme, Martín Uru, Eloi Vilas, Petís, Sergio, Juny, (Víctor m.67)
  • Árbitro: Gude González (Boiro). Expulsou a Asier, do Malpica (m.67).
  • Goles: 1-0 m.62 Mauro; 2-0 m.73 Manoliño; 3-0 m.92 Saviola; 4-0 m.94 Saviola.

Un golpe con axuda exóxena

Non foi mellor o Malpica na súa visita ao Unión de Asados, pero no resultado final influíu decisivamente a labor do colexiado boirense. Dubidosa resultou a acción do primeiro tanto, por posibles mans previas no pase da morte a Mauro, e tamén a expulsión do meta bergantiñán, ao supostamente recoller o esférico coa man fóra da área. A partires de aí, e do 2-0 do matador Manoliño, non houbo demasiada historia. Foron escasas as opcións visitantes en campo contrario, pero o castigo resultou excesivo e desmedido.


Soneira 1-0 Agolada

  • Campo: Municipal de Vimianzo:
  • Soneira: Anxo, Figueroa (Brais Mouzo m.75), Pichi, Alberto, Michael, Cristian (Fran de Urroa m.66), Mario, Richi (De la Sierra m.33), Basti, Javi e Martín (Darío m.62)
  • Agolada: Rafa, Carlos, Miguel (David m.48), Santi, Pablo, Juanjo (Gabi m.46), Rubén, Otero, Rubén Varela, Alexandre e Aitor.
  • Árbitro: Recarey Añón (A Coruña). Amonestou a De la Sierra e Fran de Urroa do Soneira; Santi, Rubén e Gabi do Agolada
  • Gol: 1-0 m.5 Basti.

A outra versión tamén vale

Mantense o pleno dun Soneira que non compretou o seu compromiso máis redondo do ano, pero que si atopou o guión adecuado en cada intre. Iso, baseado nun gol madrugador de Basti, en xeira triunfal, ao aproveitar un bo servizo. Non resultou especialmente pródiga a tarde en ocasións, aínda que os locais protestarían un gol anulado. Non houbo demasiados achegamentos dun Agolada que buscou constantemente as pivotacións do xigantón Pablo, ex de Lalín e Silleda entre outros moitos. Tocado vía e con rotacións, o equipo non se resentiu.

O Soneira e o Bertamirans B-Foto-Oscar O Soneira e o Bertamirans B-Foto-Oscar

Crónicas da 1ª Autonómica


Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga ([email protected]).
  • Colaboran Luís Porto, SD Sofán, Óscar Basalo, Manu Roque, Fin Lema.

Comentarios