1ª Autonómica: Irmadiños por arriba e malpicáns por abaixo
12:57 25/01/16
O Sofán non puido co Cordeiro-Foto-SD
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Polos opostos os que se ven no máis alto e no máis baixo da táboa da 1ª. O Soneira vencía, facendo gala da súa canteira ademais, e afianzaba o seu liderado. Pola contra, o Malpica, con 11 xustos e o porteiro no medio campo, caía estrepitosamente ata o faroliño vermello, dando conta dunha imperiosa reforma.
Polo medio, o Sofán, no partido da xornada, tivo o mal día cara gol e perdeu unha ocasión de meterse definitivamente na pelexa por todo. O Outes caía tamén ante un bo Sigüeiro. O Baio quedou sen unha merecida vitoria mentres o Corme sumaba unha fundamental, pero cara, vitoria.
Soneira - Bertamiráns (3-1)
- Soneira: Bonano, Fran, Jota, Alberto, Figueroa, De la Sierra, Mayor, Vía, Javi, Darío e Nazo. Tamén xogaron: Josiño, Edgar, Curra, Alex e Sandelo.
- Goles: 1-0, m.5: De la Sierra de volea; 1-1, m.9; 2-1, m.30: Vía remata un pase da morte de Javi; 3-1, m.70: Sandelo.
O Soneira ante o Bertamiráns-Foto-SD
Adiantaba o Soneira, aproveitando a festa de San Vicente, o choque ante o filial do Bertamiráns. E non lle foi mal aos de Manolito, que venceron, afianzaron o liderado e ademais cubriron as numerosas baixas tirando da canteira. Xogaron Curra, procedente do Castrelo, filial do club soneirán, e debutron dous cadetes, Edgar e Alex.
Comezaba o Soneira moi forte, e Nazo e De la Sierra avisaban xa nos primeiros 5 minutos con boas ocasións. Era o maior dos De la Sierra o que metía por diante aos seus moi cedo cunha boa volea, pero apenas 4 minutos despois, a primeira chegada por banda dos visitantes remataba co empate no marcador.
Volta a empezar pero parecía que estaba sendo un bo partido no Municipal. Bonano daba conta da súa veteranía, mentres na área visitante Javi avisaba e Vía non fallaba o pase da morte de Javi para facer o 2-1 á media hora.
Quería resolver pronto o choque o Soneira á saída dos vestiarios, e seguía chegando con claridade. Javi, Vía e Figueroa facían lucirse ao meta rival, ata que Sandelo, no primeiro balón que tocaba, lanza un tiro raso que toca na cepa do pau e sube o 3º ao marcador. Quedaba tempo para disfrutar e facer debutar ás novas promesas da canteira.
Os cadetes Alex e Edgar debutaron co Soneira-Foto-Jorge Parri
Sofán - Cordeiro (0-1)
11 do Sofan no Carral-Foto-SD
- Sofán: David, Sito (Álex Varela, m.81), Adrián, Félix, Rubén, Seo (Xuko, m.62), Felipe, Luís (Javi Doldán, m.54), Iván Rey, Raúl Insua (Franchu, m.46) e Raúl.
- Gol: 0-1, m.27: Manu.
- Expulsión: O visitante Juanito no m.80.
O Sofan non puido co Cordeiro-Foto-SD
Un gol anulado e 3 paus. O Sofán non tivo o seu día cara gol nun partido deses de vital importancia que puideron ter determinado as aspiracións do equipo. Puido terse metido no podio o Sofán e superar a todo un Cordeiro, pero o cadro da Barbanza soubo aguantar e aproveitar a falta de acerto dos carballeses no seu feudo.
Comezou o cadro visitante mandando ante unha SD que non se atopaba. David tivo que salvar varias ocasións pero non puido, á media hora cun córner que serviu para adiantar aos visitantes.
Cambiou o conto na segunda, con Franchu gañou moita presencia no medio campo o equipo local pouco a pouco foron chegando as ocasións. Raúl mandanba ao longueiro. Adrián e Sito probaban dende lonxe. Xuco vía como lle anulaban un gol por un dubidoso fóra de xogo. O equipo acabou volcado sobre un rival que quedara con 10 e que se defendía como podía, e mesmo co tempo cumplido, Rubén mandaba outro balón ao pau nun córner. Non ía entrar…
Corme - Val do Ulla (1-0)
Brais será baixa no Corme as vindeiras semanas-Sigueiro-Foto-Fin Lema
- Corme: Suso, Diego, Dani, Adolfo, Miguel Torrado, Eloy, Brais, Juan Chans, Adrián Doldán, Toniño e Lucas. Tamen xogaron: Joshua, Alejandro, Josiño, Brais Torrado e Ángel.
- Gol: 1-0, m.55: Lucas dende fóra da área.
Outes - Sigüeiro (1-2)
O Outes con Mario no Cunchido
- Outes: Rizos, Borja, Pose, Maroñas, Dani, David (Samuel, m.67), Jorge (Veleiro, m.20), Chía, Eli (Babu, m.74), Martín (Álvaro, m.89) e Yago Dosil.
- Goles: 1-0, m.55: Maroñas de falta; 1-1, m.57: Garba Solue; 1-2, m.88: Garba Solue
- Lesión: Jorge.
Baio - Agolada (1-1)
- Baio: Pablo, Yago, Porto, Mario, Luís Alvite, Norberto, Moreno (Rubio, m.58), Martín, Saleta (Fachal, m.77), Luís e MC.
- Goles: 1-0, m.19: MC; 1-1, m.68.
Piloño - Malpica (7-2)
O Malpica saltando ao campo do Piloño-Foto-Piloño
- Malpica: Ángel; Dímaga, Carlos Mallo, Kike, Moscoso, Eme, Víctor, Sergio, Roi Carril, Cololo e Petís.
- Goles: 1-0, m.4; 2-0, m.8; 3-0, m.18; 3-1, m.35: Cololo de falta; 4-1, m.37; 5-1, m.39; 6-1,m .53; 7-1, m,67; 7-2, m.80: Petís de penalti.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).