Mércores. 16.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cunchido, pesadelo do líder

1ª Autonómica: O Cunchido, pesadelo do líder
Carcacia Sofan-Foto-SD 2 O Sofán venceu ao Carcacia-Foto-SD A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com

Caeu por primeira vez esta tempada o Soneira no fantástico derbi vivido no Cunchido. Aínda así mantén o liderado o cadro de Manolito, aínda con 4 puntos de vantaxe sobre Flavia e Cordeiro.
Mentres, o Sofán segue sumándose e achegándose á zona noble e xa está a só 2 puntos dos perseguidores do líder.

As vitorias máis importantes chegaron en Malpica e Baio, sacando aos dous equipos do pozo, onde segue, a pesar das boas sensacións, un Corme que non puido pasar do empate na casa.

Outes 1-0 Soneira

Outes e Soneira no Cunchido Outes e Soneira no Cunchido-Foto-SD
  • Campo: Cunchido.
  • Outes: Ángel Esmorís, Borja, Samu, Dani, Maroñas, Davi, Martín, Chía (Elías), Piki, Yago (Jura) e Mario.
  • Soneira: Anxo, Figueroa, Michael, Aarón, Brais (Fran de Urroa, m.66), Mayor, De la Sierra (Basti, m.56), Sandelo, Richi, Javí e Alberto Vía.
  • Gol: 1-0, m.30: Iago Dosil aproveita o rexeite de Anxo tras unha contra lanzada por Piki que remataba en primeira instancia David.

Sen sufrimento non se gaña a este Soneira

Vibrante partido o vivido na Serra de Outes ante máis de 300 siareiros dos dous equipos. Coñecía ben o cadro de Manu Roque as armas do seu veciño soneirán e fixo un gran partido defensivamente, presionando moi forte no medio campo, roubando e saíndo con perigosas contras, e sobre todo, impedindo a rotura por bandas de homes claves como Richi ou Cristian Figueroa, que este ano están sendo importantísimos para abrir as defensas rivais.

Vía e Javi probaron a Esmorís pero tiñan que facelo dende lonxe. E era o Outes o que tras unha contra rapidísima se metía por diante, cando Iago Dosil, un ex soneirán, aproveitaba o rexeite de Anxo. Aínda puido levar maior renda o cadro local pero Anxo fixo dúas grandes paradas antes do descanso.

Mellorou o equipo de Manolito na segunda e fixo sufrir, e moito, aos locais. Coa saída de Basti o cadro soneirán tiña máis presencia na área rival, pero o Outes defendía moi xuntiño. Permitiu varias chegadas pero as ocasións nas botas de Figueroa, Vía e o propio Basti non foron suficientes para acadar o empate ante un bo Esmorís.

Á contra puido matalo partido o Outes, pero ademais dun gol anulado por fóra de xogo, David, Mario ou Elías non puideron batir a Anxo. En todo caso, parece imposible gañarlle sen sufrir a este Soneira.

 

Carcacía 0-1 Sofán

  • Campo: Municipal.
  • Carcacía: Cerqueiras, Grela (Jorge m.58), Barreiro, Quique, Ducho, Pablo, Isma, Guille (Marcos m.64), Rafa (Manteiga m.58), Juan e Roi (Juan Carlos m.71).
  • Sofán: David Insua, Sito, Ivan Rey, Felix, Javi Souto, Martin (Felipe m.46), Franchu, Pablo Martínez (Alex Varela m.46), Luis (Alex Prim m.82), Raul (Xuco m.46), Javi Doldán.
  • Árbitro: Díaz Cruz (Lalín). Amonestou a Marcos, Pablo e Franchu.
  • Gol: 0-1 m.49 Iván Rey.
Carcacia-Sofan-Foto-SD Campazo no Carcacia-Sofan-Foto-SD

Un triunfo necesario

Unha mala primeira metade do Sofán ante o colista, que lle obrigou a facer tres trocos, deu paso a un inicio decisivo, con bo gol de Iván Rey incluido. Estivo preto a sentencia, non chegou, e a base de fútbol directo o rival da provincia de Pontevedra estivo a piques de dar algún susto.

 

Malpica 3-1 Val do Ulla

  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Asier; Casais, Carlos Mallo, (Eme, m.46), Kike, Óscar Moscoso; Rubén, Martín Uru, (Sergio, m.93), Juny, (Dímaga, m.93), M. Mara, Charro, Petís (Adra m.46)
  • Val do Ulla: Álvaro; Farruco, (Gonzalo m.60), Cristian, Carlos, Martín, Javi, Álex, Pintiño, (Eco m.90), Jordan, (Neiriña m.66), Piru, (Samuel m.90), Jacobo, (Quique m.90)
  • Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Expulsou a Carlos, do Val do Ulla (m.68).
  • Goles: 0-1 m.7 Jacobo; 1-1 m.45 Charro, de penalti; 2-1 m.62 Eme; 3-1 m.68 Charro, de penalti.
Foto do Plantel completo do Malpica 15-16-Luis Porto Foto do Plantel completo do Malpica 15-16-Luis Porto

Na boa dirección

Atopou o camiño na casa un Malpica que prácticamente toda a primeira metade foi en desventaxe, pero que acadou un merecido triunfo, que lle sirve ademáis para nadar na tranquilidade. Un desaxuste defensivo permitiulle adiantarse aos santiagueses, con tanto de Jacobo a pracer. Chave foi a igualada de Charro, nun claro penalti, e a posterior reacción de Eme cun bo cabezazo. O 3-1, con expulsión incluida noutra pena máxima, deulle carpetazo ao encontro.

 

Corme 1-1 Agolada

  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Suso, Adolfo (Joshua, m.80), Jesús, Alejandro (Pandi, m.60), Dani Cousillas; Adrián Doldán (Manu Bermúdez, m.43), Sergio Sueiro, Brais, Brais Torrado (Eloy, m.40); Diego e Lucas.
  • Goles: 0-1, m.70; 1-1, m.82: Lucas.
  • Expulsión: un xogador visitante no min.40.
  • Lesionados: Adrián Doldán, Brais Torrado nun dedo e Dani Cousillas cunha brecha ma cabeza.

Un punto "in extremis" que sabe a pouco

Necesita sumar de 3 en 3 o Corme, e máis no Cairo. E onte volveu merecelo, pois a pesar das baixas levou o mando do partido e tivo as mellores ocasións. Pero falta a dinamita, e tardou en convertilas accións en tantos.

Tivo que adiantarse primeiro o Agolada, xa na recta final do encontro, para que o Corme se estirase definitivamente na busca da meta local. E conseguiu empatar a 7 do final, e aínda tivo tempo para manter os 3 puntos, pero o empate déixao en postos de descenso.

A pesar das lesións, positiva foi a volta de Pandi aos terreos de xogo, pero a enfermeríacormelá segue chea.

 

Baio 3-0 Bertamiráns B

Baio- Bertamirans B-Foto-Santi Soneira Baio- Bertamirans B-Foto-Santi Soneira
  • Campo: Platas Reinoso.
  • Baio; Pablo, Yago, Porto, Mario, Eloy, Martín (Brais, m.62), Peke, Moreno (Rubio, m.55), Saleta, Christian (Ramón, m.76) e Luís (MC, m.66).
  • Goles: 1-0, m.47: Martín; 2-0, m.60: Saleta; 3-0, m.62: Saleta.
Capis do Baio e Bertamiráns B cos colexiados-Foto-Santi Soneira Capis do Baio e Bertamiráns B cos colexiados-Foto-Santi Soneira O Baio ganou por fin-Foto-Santi Soneira O Baio gañou por fin-Foto-Santi Soneira

Cambio de adestrador e a sorte de cara

Despois da dimisión de Óscar Suárez, tomaba o mando Pastoriza, un home da casa que de momento vai continuar á fronte do equipo. E parece que o cadro baiés que estivo máis solto, e sobre todo, acertado cara gol. Despois dunha igualada primeira metade, sen demasiadas ocasións, a saída fulgurante dos vestiarios e o tempraneiro gol de Martín, marcou o devir do partido. Foi Saleta, en dúas xogadas consecutivas, o que puxo a puntiña e permitiu por fin un partido tranquilo no Pratas Reinoso, que ademais adicou unha boa ovación a MC na súa volta aos terreos de xogo.

En definitiva, foi un resultado corto para o visto no terreo de xogo, nun choque no que o porteiro visitante foi a figura. Aquí quedan os goles no vídeo de Santi Soneira, onde vemos que a calidade de Martín segue intacta a pesar dos anos.

 

Crónicas da 1ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios