mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Sequía entre baños

1ª Autonómica: Sequía entre baños
Soneira-Sofan-Foto-SD 2 Fantástico foi o derbi Soneira-Sofán-Foto-SD A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Unha pésima tarde, con paréntese de partidazo, foi a nota común para os nosos equipos. O partidazo, o vivido no Municipal, nun derbi no que o Sofán era o primeiro en parar á maquinaria dos de Manolito. Foi a última hora pero o empate chegou. Polo demais, malas novas para Malpica, Baio, Outes e Corme que sufriron sendas derrotas.      

Soneira 1-1 Sofán

11 do Soneira ante o Sofan-Foto-SD 11 do Soneira ante o Sofan-Foto-SD
  • Campo: Municipal.
  • Soneira: Anxo, Cristian (Dario m.54), Pichi, Maikel, Alberto, Mayor, Sandelo, De la Sierra (Fran de Urroa m.81), Basti (Nazo m.71), Javi e Alberto Vía.
11 do Sofan en Vimianzo-Foto-Sd 11 do Sofán en Vimianzo-Foto-Sd
  • Sofán: David Insua, Adrián, Álex Varela (Martín m.60), Rubén (Raúl Insua m.73), Felix, Pablo Martínez (Felipe m.6), Sito, Ivan Rey, Luús, Raúl (Alex Pri, m.60) e Javi Doldán.
  • Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Alberto, Dario e Cristian por parte local e a Javi Doldán por parte visitante.
  • Goles: 1-0 m.52 Basti; 1-1 m.86 Javi Doldán.
Soneira-Sofan-Foto-SD Non defraudou Gala do 50 aniversario do Soneira SD O que estaba chamado a ser partidazo da xornada en 1ª Autonómica non fallou. Notábase algo especial nun graderío máis ateigado do normal e na intensidade dos dous equipos. Impuxo a súa condición de líder nun primeiro acto moi ofensivo o Soneira. Javi estrelaríase co pau e Vía tivo ata tres bos achegamentos sen puntería. Pola súa banda, os carballeses, ben organizados, non acabaron de profundizar ante un equipo que sempre funciona como tal. Parecía sairlle todo a pedir de boca aos vimianceses nada máis voltar do vestiario, co enésimo tanto dun Basti en estado de gracia, aproveitando un balón morto. Xogou co marcador o Soneira e emerxeu entón a figura de Anxo, con dúas grandes intervencións. Non obstante, o meta ceense nada podería facer ante a imposible parábola a gol do cabezazo de Javi a falta de catro minutos. Por certo, atentos estaremos esta fin de semana á Gala dos 50 anos do Soneira, un evento de consideración. Aquí deixámosvos co vídeo do partido:

 

Bertamiráns B 1-0 Outes

  • Outes: Ángel Esmorís, Borja, Samu, Maroñas, Pose, Martín (Jura), Davi, Jorge (Chía), Elías, Piki e Mario.
  • Gol: 1-0, m..86.
Mal momento para o equipo do Outes ao que non lle entra nin coa man. O cadro de Manu Roque dominou o partido e puideron marcar con varias chegadas de Mario e Jorge, ademais de dous claros mans a man de Elías. O filial tamén tivo 3 boas chegadas pero o gol da vitoria local chegaba case no último minuto tras un balón que se lle escapa ao debutante Ángel Esmorís na portería dos da Serra que, así e todo, fixera un moi bo primeiro partido coa camisola.  

Flavia 6-2 Baio

  • Baio: Pablo, Yago, Porto, Mario, Luís Alvite, Norberto, Fachal (Saleta, m.59), Rubio (Moreno, m.55), Christian, Luís (Eloy, m.64)e MC.
  • Goles: 1-0, m.7; 2-0, m.20; 3-0, m.34; 4-0, m.46; 4-1, m.70: Yago; 4-2, m.82: Norberto; 5-2, m.84; 6-2, m.89.
A piques de chegar a tempo Non chegou a tempo a remontada do Baio, que parecía que na segunda metade se metía no partido. Pero demasiada lousa levaba enriba tras o 3-0 co que marcharon os padroneses ao descanso e o gol nada máis sacar de centro na segunda metade. Yago e Norberto fixeron soñar aos de Óscar Suárez, pero xa quedaba moi pouco, e co equipo volcado, o Flavia completou o set.
 

Palmeira 4-3 Come

  • Corme: Suso, Eloy Villar (Joshua, m.73), Dani Cousillas (Manu Bermúdez, m.85), Alejandro, Jesús, Sergio Sueiro, Juan Chans, Adrián Doldán (Adolfo, m.66), Brais, Brais Torrado (Alejo, m.52) e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.14; 1-1, m.40: Lucas; 2-1, m.61; 2-2, m.62: Alejo; 3-2, m.64; 3-3, m.86: Lucas; 4-3, m.88.
  • Expulsión: un xogador local no m.47.
Máxima pegada local Caeu o Corme ante un Palmeira que se tivo que meter ata 4 veces por diante para bater ao cadro de Miguel Torrado, que segue con moitas baixas e tivo que tirar de Juan Chans na punta de ataque. Os locais tiveron unha eficacia próxima ao 100% e, xa na primeira chegada e coa axuda de Suso, adiantábanse. Conseguiu empatar Lucas tras unha longa primeira metade con moitas imprecisións, pois os azulóns non se adaptaban ao céspede natural, algo pesado pola cantidade de auga. Na segunda, cada vez que chegaban á area visitante era gol. Tiña que facer moito máis o Corme para marcar, e foi Alejo, recuperado milagrosamente da súa lesión, o que acadaba o 2-2, xa co equipo do Palmeira cun home menos. Metéronse atrás pero cada saída era gol. Ao 3-2 respondeu case ao final Lucas e, cando parecía que o empate sería definitivo, o equipo local marcaba no último suspiro.  

Agolada 5-1 Malpica

  • Campo: Hospitalillo.
  • Agolada: Dani; David, Rubén, Alexandre, Gabriel, (Ayala m.57), Marcos, (Diego m.13), Santi, (Riki m.64), Bryan, Pablo, (Rafa m.82), Rubén II, Aitor (Garea m.62).
  • Malpica: Víctor; (Ángel m.81), Casais, Carlos Mallo, Kike, Rubén, (Javi Trigo m.56); Eme, Dímaga, (Sergio m.32), Martín Uru, Eloi Vilas (Almeida m.34), Petís e Charro.
  • Árbitro: García Lázara (Lalín).
  • Goles: 1-0 m-6 Aitor; 2-0 m.24 Pablo; 3-0 m.35 Santi; 4-0 m.40 Aitor; 5-0 m.51 Pablo; 5-1 m.76 Petís.
Tarde para esquecer Foi unha tarde para esquecer do Malpica en Agolada pois no ecuador do primeiro acto xa tiña o partido case perdido e no descanso ben se podía ter pitado o final. Os bergantiñáns marrarían tamén un penalti con 5-1.

Crónicas da 1ª Autonómica

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios