Domingo. 06.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Unha dupla que vale un liderato

1ª Autonómica: Unha dupla que vale un liderato
SD Sofan no Carral-Foto-SD A SD Sofan xa gaña no Carral-Foto-SD A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com

Boas novas para 4 dos equipos costeiros na categoría. O Soneira segue pletórico, cunha dupla formada por Basti e Vía Rápida en plena forma. Ata o minuto 93 pelexaron os de Manolito para conseguir unha vitoria que os deixa líderes en solitario.
Por detrás chegan Outes e Malpica con 9 puntos, xa en zona noble, ata onde tamén se achega un Sofán que volveu facer do Carral un fortín.

Pola contra, Corme e aio protagonizan a mala faciana costeira da categoría. Volveron perder, sen merecelo, e pechan a clasificación con só 1 punto.


Soneira - Tordoia (2-1)

  • Campo: Municipal de Vimianzo.
  • Soneira: Anxo, Darío, Aarón, Brais, Maikel, Sandelo, De la Sierra, Figueroa, Javi, Vía Rápida e Basti.
  • Goles: 1-0, m.44: Basti a pase de Vía; 1-1, m.60; 2-1, m.93: Basti tras un pase atrás de calcaño de Vía.
De la Sierra vai sacar un corner

Sempre Basti

5 goles (dos 13 do equipo) leva Basti nestas 4 primeiras xornadas de Liga, que deixan ao equipo de Manolito como líder en solitario. A derrota do Flavia e do Lesende ante os veciños Outes e Malpica permiten ao equipo soneirán ser o único equipo con 12 puntos.

Tocou sufrir pero o equipo mantivo o pulso ata o pitido final e tivo recompensa cun gol no desconto do home gol. Xa marcara ao fío do descanso o pequeno dos De la Sierra tras unha fermosa cesión de Vía, despois de que Javi e el mesmo tiveran un par de ocasións. Tamén Anxo fixo unha boa parada nos primeiros compases para evitar o gol dos visitantes.

Na segunda tampouco houbo demasiadas ocasións pero era o Soneira o máis incisivo. Vía puido ampliar pero era o Tordoia o que empataba. Despois de moitos minutos de zozobra, e cando parecía que o choque remataría en empate, o Soneira pegou o último arreón. Javi no 91 avisou pero o seu man a man saíu alto e un minuto despois era Basti o que non perdoaba tras unha fermosa cesión de Vía co calcaño, para facer o 2-1.

O Soneira non para e ganou no min93 co gol de Basti

Outes - Flavia (3-2)

  • Campo: Cunchido.
  • Outes: Rizos, Borja, Jura, Samu, Jorge (David), Chía, Martín, Piki (Babu), Yago (Veleiro) e Elías (Álvaro).
  • Goles: 0-1, m.30; 1-1, m.55: Piki; 2-1, m.65: Elías; 3-1, m.70: Piki; 3-2, m.88.
Outes estreou camiseta

Unha feliz estrea

Gran vitoria do equipo de Manu Roque que saíu moi forte, pero viu como o cadro padronés, que chegaba de líder, foise facendo co partido. Meteuse por diante xustamente o equipo visitante nunha primeira metade sen demasiadas ocasións, pero que deixa claro que o cadro de Roque ten que mellorar nalgunha fase do xogo e non perder a intensidade.

Na segunda impuxo o seu ritmo o cadro da Serra, superando claramente nunha gran primeira media hora, e meténdose cun 3-1 que deixaba en carrilado o partido. Un despiste contra o final permitiu ao Flavia recurtar, pero sen tempo á remontada.


Sofán 3-0 Bertamiráns

11 do Sofan ante o Bertamirans-Foto-SD
  • Campo: O Carral.
  • Sofán: David Insua (Brais, m.71), Adrián (Ceide, m.60), Alex Varela, Rubén, Félix, Sito, Pablo Martinez (Martín, m.46), Franchu, Ivan Rey, Javi Doldán (Alex Pri, m.46) e Raúl (Insua, m.64).
  • Goles: 1-0, m.9: Raúl de remate; 2-0, m.13: Rubén nun córner; 3-0, m.31: Pablo Martínez noutro córner.
  • Árbitro: Souto Minguez, que amonestou a Ruben e Ivan Rey por parte local e a Alberto por parte visitante.

O Carral volveu ser un fortín

Volveu ser o Carral o fortín do curso pasado e o cadro de Josito sumou unha cómoda vitoria que o ergue ata a 8ª paza, xa con 6 puntos. Un inicio moi forte e o aproveitamento das xogadas a balón parado no primeiro tempo serviron para certificar unha cómoda vitoria, á que lle sobrou a segunda metade ante un filial aurinegro que demostrou calidade e candidez a partes iguais.

Imaxe do Sofan-Bertamirans B-Foto-SD

Lesende 1-2 Malpica

Lesende 1-2 Malpica T.15-16
  • Campo: Cabanetán.
  • Lesende: Pedro; Carlos, Toni, Kubala, Teo, Beto, (Liñares m.79), Brais, (Berbe m.61), Fran, Adrián, (Cacho m.51), Borja, César, (Óliver m.51).
  • Malpica: Asier; Casais, Rubén, (Carlos Mallo m.79), Kike, Eme, Eloi Vilas, Martín Uru, Adrián Rei, (Sergio m.86), Martín Mara, Charro. Almeida, (Víctor m.93)
  • Árbitro: Martínez Miguéns (Santiago). Expulsou a Kubala, do Lesende.
  • Goles: 1-0 m.3 Adrián; 1-1 m.62 Charro, de penalti; 1-2 m.91 Eme.

Con sufrimento ata o final

Novo éxito a domicilio dun Malpica que tivo que agardar ata a prolongación para sacar a súa visita ao Barbanza. Compricáronse moito as cousas nun balón longo para o extremo César, que en semifallo asistiu a Adrián para facer o primeiro. Foise facendo dono do balón o cadro de Chema, pero non sería ata o segundo acto cando decidiría, primeiro nun penalti convertido por Charro tras claro derribo sobre Eme, e xa na prolongación nunha magnífica acción colectiva finalizada polo propio Eme.


Baio 0-4 Unión

  • Campo: Pratas Reinoso.
  • Baio: Pablo, Fachal, Porto, Mario, Luis Alvite, Norber, Brais (Peke, m.82), Moreno (Moreno, m.60), Christian, Saleta (Rubio, m.63) e MC.
  • Goles: 0-1, m.30; 0-2, m.60; 0-3, m.65; 0-4, m.71.

Non foi para tanto

Moi mala sorte está tendo Óscar Suárez neste comezo de campaña en Baio. Non reflicte para nada o resultado o que se viu no terreo de xogo pois o Baio fixo un bo partido pero non estivo acertado cara gol, mentres o Unión aproveitou as súas contras para matar e facer dano aos baieses.

Comezou o equipo costeiro mandando, pero á media hora, unha contra significaba o 0-1. A segunda metade comezaba igual, co Baio percutindo pero sen sorte. E co segundo gol o equipo baiés veuse lixeiramente abaixo, e deixou demasiados espazos para que, á contra, o equipo rianxeiro rematase a faena e levase un premio excesivo de Baio.

Cómpre solucionar os seus problemas cara gol o cadro baiés, pois só suma 1 tanto en 4 partidos.


Corme 2-3 Cordeiro

  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Suso, Diego, Pandi (Toniño, m.18), Jesús, Sergio Sueiro (Eloy Villar, m.55), Brais, Juan Chans, Adrián Doldán (Brais Torrado, m.70), Lucas e Alejo.
  • Goles: 1-0, m.33: Alejo; 1-1, m.39; 1-2, m.42; 1-3, m.65; 2-3, m.86: Alejo de penalti.
  • Árbitro: David Castreje expulsou ao míster cormelán Miguel Torrado e ao xogador visitante Rodigo no m.94.

Sen tempo

Mala sorte está tendo este Corme que caía no Cairo ante un bo Cordeiro un choque que deixou escapar cun par de minutos de despiste ao final da primeira metade. Intentaron recuperar na segunda metade pero o terceiro gol puxo o partido moi costa arriba. O gol de Alejo de penalti deixaban uns 10 últimos minutos de moita tensión, pero o gol non chegou.


Crónicas da 1ª Autonómica

Conversas co Mito

Crónicas da semana

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Luís Porto, SD Sofán, Óscar Basalo, Manu Roque, Fin Lema.

Comentarios