venres. 02.05.2025
El tiempo

1ª Galega: Só goza o Dumbria

1ª Galega: Só goza o Dumbria
O Dumbría vai ao seu nesta 1ª Galega, empeñado en volver á súa Preferente. Os que non dan atopado o seu lugar son os outros 3 equipos, metidos en zona perigosa, sobre todo o cadro da Serra. dumbria-ante-o-lalin O Dumbría venceu comodamente ao Lalín A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

En estado de gracia está este Dumbría con 6 vitorias nos últimos 6 partidos. O equipo de Julián aproveitou ademais o tropezo do Tordoira e xa saca 4 puntos ao segundo. POla contra os outros tres equipos caían e seguen en postos perigosos, sobre todo o Outes.

Toca xa ir pensando Volta dos Dezaseisavos da #CopadaCosta, que se disputa este martes.

 

Zas - Silleda (0-1)

  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Anxo, Pablo, Anxo Tarrío, Manu, Lagoa, Bruno, Agra, Josito, Dani, Chapea e Nolo.
  • Goles: 0-1, m.31: Richi dende a frontal.
Minuto de silencio en San Andrés polo Chapecoense Minuto de silencio en San Andrés polo Chapecoense

Pouco ou nada

Pouco o nada fixo o Silleda en San Andrés e así e todo levou 3 puntos importantísimos. O cadro visitante prantouse firme en defensa, sen correr riscos e topouse cun gol dende a frontal á media hora e viu como o Zas batía unha e outra vez ca mala sorte. Chapela foi o xogador máis activo, mandando un córner ao pau e un par de tiros, pero no treito final Nolo, cun fermoso taconazo, ou Dani cun tiro dende lonxe, puideron tamén conseguir o que sería un xusto empate.

zas-ante-o-silleda-na-casa  

Dumbría - Lalín (3-1)

  • Campo: O Conco.
  • Dumbría: Iván Bouzón, José, Raúl, David Carreira, Iago, Charly, Aarón, Rubén, Diego Cespón, Darío Capelo e Adrián Makaay. Tamén; Pablo, Rivi, Cristian e Jose Miguel.
  • Goles: 1-0, m.5: Jose; 2-0, m.11: Charly; 3-0, m.28: Charly; 3-1, m.79.

”Sobraos”

Moi “sobrao” anda este Dumbría, xa con 4 puntos de vantaxe sobre o Tordoia. O cadro de Julián encarrilou pronto o choque ante un Lalin que pouca resistencia opuxo na primeira metade, deixando o marcador claro cun 3-0. Na segunda metade relaxouse o cadro local, pero o Lalín apenas marcou o gol da honra.

 

Outes - Unión (0-1)

  • Campo: Cunchido.
  • Outes: Xandre, Borja, Maroñas, Pose, Chia (Babu, m.75), Martín, Mario (Simón, m.85), Yago, Jura (Chúa, m.70), Eli (Kim, m.55) e Cutu.
  • Gol: 0-1, m.66: Romero.

”Que pena de partido”

Levou os 3 puntos seguramente o que menos mereceu futbolisticamente falando. O Outes fixo bo a frase de “o que perdoa, acaba caendo”, e marrou unha morea de ocasións, mentres que o Unión na única ocasión clara, marcaba. Un Unión que intentaba desplegar bo fútbol pero que era moi ben contrarrestado por un Outes merecedor de algo máis.

Mención aparte merece a afección da Serra, que segue animando ao seu equipo a pesar de levar 9 partiso sen gañar. Onte eran 250 personas as que enchían o municipal do Cunchido.

 

Agolada - Fisterra (3-1)

  • Campo: Hospitalillo.
  • Fisterra: Ángel Luís, Piti, Roco, Breixo, Fabián (Bruno, m.46), Rubia, Álex, Cote (Champi, m.70), Pablo Lestón, Jesús (Gabi, m.55)e Adrián (Abel, m.50).
  • Goles: 1-0, m.20: Jonathan; 2-0, m.35: Pablo Castro; 3-0, m.70: Pablo Castro; 3-1, m.89: Champi de falta coa axuda da barreira.

Pouco que roer

Foi superior o Agolada a un Fisterra que saíu moi defensivo. O Agolada metíase por diante tras un balón peiteado e collendo ás costas da defensa, e aproveitou depois as ocasións a balón parado para sentenciar. Pola contra, os verdes apenas tiraron a gol en todo o partido, e só Champi, de falta e case que co tempo cumplido e coa axuda da barrreira, marcou o gol da honra.

 

Máis información

Comentarios