xoves. 01.05.2025
El tiempo

1ª Galicia: igualada no derbi

1ª Galicia: igualada no derbi
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica Empate nun disputado derbi no Platas Reinoso, onde se adiantou o Fisterra pero pronto igualou o Baio. O San Lorenzo igualou no difícil campo do Bertamiráns con tres tantos de Parafita, e o Soneira caeu ante un renacido Tordoia, colista da clasificación BAIO 1 - FISTERRA 1 BAIO: Dani Varela, Mario, Yago Couto, Isaac, Adrián Lema, Martín, Bieito (Iván Rojo 56´), MC, Moreno (Rubio 68´), Peke e Santi Díaz FISTERRA: Joselu, Andrés Vigo, Fabián, Dani, Piti, Roa, Isaac (Gabriel Vigo 86´), Gabri, Jesús, Jose (Noé 80´)e Ezequiel (Mané 72´) GOLES: 0-1 25´Andrés Vigo   1-1 31´Santi Díaz Derbi intenso, de contraste de estilos, que acabou en xusta igualad. O Baio tivo a posesión do balón, e o Fisterra tentou facer dano ó contragolpe. Nunha falta lateral adiantouse o Fisterra. Joselu estivo moi fino nun par de mans a man con Santi Díaz, que igualou o marcador pouco despois nunha estratexia. Bieito e MC tiveron boas oportunidades antes do descanso. No segundo tempo o Baio acosou, tivo ocasións en pes de MC, Bieito e SAnti de novo, pero foi o Fisterra contra o final o que se puido levar o partido nunha boa oportunidade de Mané que Dani Varela sacou. BERTAMIRÁNS 3 - SAN LORENZO 3 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Baneira (Javi Puñal 84´), Adrián, Pablo Díaz, Parafita, Alex Taibo, Dani Pena, Diego Varela (Brais Cancela 88´), Yago Varela (David Lorenzo 46´) e Aitor GOLES: 0-1 2´Parafita   1-1 9´Pinaque   2-1 43´Diego   3-1 44´Pinaque   3-2 53´Parafita   3-3 81´Parafita Que mérito tivo onte o SAn Lorenzo, que non se rendiu a pesar de ir perdendo claramente ó descanso, e puido arañar un punto nun dos terreos de xogo mais incómodos da categoría. Pronto se adiantou o San Lorenzo por medio de Iván Parafita, no inicio do que sería unha tarde gloriosa do medio verdillés. Pero o home referencia do Bertamiráns, Pinaque, empatou antes dos 10 minutos. Foron uns minutos aciagos antes do descanso nos que o Bertamiráns pillou terra de por medio, para irse con 3-1 ó descanso. O San Lorenzo foi outro no segundo tempo e Parafita culminaría a remontada con dous tantos máis. Está en boa línea o San Lorenzo, so lle falta unha vitoria para afianzarse. TORDOIA 2 - SONEIRA 1 SONEIRA: Anxo, Darío (Mayor 57´), Jota, Aarón, Nazo, De la Sierra (Forján 57´), Basti, Pichi, Sandelo, Figueiras e Vía (Chinda 46´) GOLES: 1-0 48´Maki   1-1 49´Basti   2-1 56´Che Mala tarde do Soneira en Tordoia, onde caeu ante o colista. Un primeiro tempo dominado polo Soneira, con ocasión de Pichi e Basti, dou paso ó decisivo segundo acto. Maki bateu a Anxo na primeira ocasión local, pero acto seguido unha internada de Chinda permitiu a Basti lograr a igualada. O Soneira tentou ir a polo partido, pero nun erro defensivo aproveitou Che para poñer o definitivo tanteo. Ó Tordoia chegoulle con encerrarse e asegurar a súa porta para levarse unha importante vitoria.

Comentarios