Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: ningunha vitoria e moitas dúbidas

1ª Galicia: ningunha vitoria e moitas dúbidas
C.D. BAIO 1 - SONEIRA S.D. 1 BAIO: Dani Varela, Pablo Novo, Isaac, Adrián Lema, Yago Couto, Moreno, Norberto, Iván Rojo (Raúl 83´), Martín (Rubio 68´), MC e Fachal SONEIRA: Anxo (Josiño 46´), Darío (Chinda 81´), Jota, Aarón, Forján, Chapela, De la Sierra (Nazo 68´), Pichi, Sandelo, Alex Figueiras e Basti GOLES: 1-0 49´MC   1-1 67´Aarón de pti Bonito derbi en Baio, onde acabou con empate que non contenta a ningún dos dous equipos. O Soneira levou o peso ante un Baio replegado. Dani Varela estivo espléndido ante Pichi, e Basti e Chapela marraron claras ocasións. Un balón longo a MC no inicio do segundo tempo serviu para que o dianteiro adiantara ó Baio. Igualou Aarón de penalti, e Dani VArela apareceu outra vez para sacar ocasións de Alex Figueiras e Sandelo. O gardameta, a figura do encontro, sacou outro remate de Aaron, e no treito final o Baio case se leva o partido, nunha contra de Iván Rojo e nun remate de cabeza de Pablo Novo. S.D. AGOLADA 3 - S.D. FISTERRA 0 FISTERRA: Paulo, Dani, Ayose, Roco, Breixo (Angel 72´), Roa, Ezequiel, Pablo Lestón, Isaac (Rodrigo 82´), Jesús (Juanma 70´) e Edu (Daniel Martínez 80´) GOLES: 1-0 60´Alex Rivas   2-0 62´Diéguez de pti   3-0 88´Bryan O Fisterra non puido traer nada de Agolada, actual líder da competición, e métese en problemas clasificatorios coa vitoria do Tordoia. Aguantou o cadro verde o primeiro tempo, pero en escasos dous minutos o Agolada sentenciou o encontro. No primeiro tempo o Fisterra defendeu ben e tivo boas ocasións nas botas de Isaac e Pablo Lestón. En dous minutos foiselle o partido ó Fisterra, nun córner e nun penalti de Ayoze. Anulouse un gol moi extrano a Isaac. A expulsión de Pablo Lestón, moi rigurosa, acabou de afundir ó cadro fisterrán, que veía como a pouco do final o Agolada anotaba o terceiro e definitivo tanto. TORDOIA C.F. 3 - S.D. SAN LORENZO 0 SAN LORENZO: Javi Souto, Samuel (Dani Cotelo 69´), Pablo Díaz, Juanjo, Baneira (Parafita 46´)(Puyol 83´), Dani Pena, Mario, Pablo Garrido (Anxo 63´), Diego Varela, Yago (Brais Cancela 56´) e Alex Taibo GOLES: 1-0 16´Liñares de pti   2-0 23´Denis   3-0 41´Denis Pouco puido facer o San Lorenzo en Tordoia. Un dubidoso penalti por mans de Juanjo adiantou ó Tordoia, e a calidade do dianteiro Denis fixo o resto. O San Lorenzo, con moitas baixas, non foi quen de plantar cara, e aínda por enriba viu como se lesionaba Parafita de novo, que xa saíra no segundo tempo algo tocado. Pouco lle queda de esperanza ós de Verdillo, con 4 xornadas por diante e 10 puntos de distancia sobre o primeiro equipo que se salva.  

Comentarios