Mércores. 19.06.2019
El tiempo

1ª Galicia: o Fisterra demostra o seu potencial

1ª Galicia: o Fisterra demostra o seu potencial
Tremenda vitoria en Ara Solis do Fisterra ante o líder Sigüeiro demostrando que teñen equipo para alcanzar altas cotas. O Baio caeu na casa dun dos favoritos, o Flavia, con contundencia, e o Dumbría caía no último minuto en Tordoia. O Soneira escala postos coa súa vitoria ante o Esclavitud e a Esteirana recuperou boas sensacións co seu empate ante un dos de arriba, o Piloño. S.D. FISTERRA 1 - SIGÜEIRO C.F. 0 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés, Roco, Dani Rubia, Coté (Dani Martínez 85´), Breixo, Aarón, Bruno (Pichino 80´), Pablo Lestón (Roa 57´)(Gabriel Vigo 90´) e Mackay (Edu 89´) GOL: 1-0 2´Bruno Inicio arrollador do Fisterra. Un saque de banda que peina Aarón, toca Mackay e Bruno de chilena anota o primeiro e único tanto. No primeiro cuarto de hora Mackay e Bruno marraron clarísimas ocasións para aumentar a vantaxe. Colleu o control do partido o equipo visitante pero á contra o Fisterra fixo moito perigo. No segundo tempo buscou o empate o Sigüeiro pero o Fisterra aguantou, cos seus xogadores moi motivados. So a balón parado crearon verdadeiro perigo os visitantes pero Iván Bouzón estivo moi seguro. FLAVIA S.D. 3 - C.D. BAIO 0 CD BAIO: Julián, Pablo (Sergio 65´), Alex Varela (Moreno 48´), Isaac, Peque, Norberto, Alex Figueiras, MC, Bieito, Iván Rojo (Josiño 73´) e Santi Díaz (Raúl 73´) GOLES: 1-0 29´Uxío   2-0 52´David Pérez   3-0 70´David Pérez Non puido o Baio traer puntos de Padrón. Un primeiro tempo igualado viu como Uxío, o ex do Xallas, anotaba un golazo cun disparo dende fora da area. Pouca opción tivo de remontada o Baio, pois ó sair dos vestiarios David Pérez, despois dunha boa xogada individual, anotou o segundo tanto. O mesmo xogador aproveitou un rexeite de Julián para anotar o terceiro e sentenciar o encontro. TORDOIA C.F. 1 - C.F. DUMBRÍA 0 CF DUMBRÍA : Iván Baña, Canario, Alberto Loureiro, Pablo Paz, Eloy, Matías, Iago, Marcote (Charly 86´), Darío, David (Xabi 71´) e Yuyo. GOL: 1-0 90´Matías en propia porta O Dumbría non foi quen de traer nada positivo do difícil campo do Tordoia e caeu nos últimos intres de partido cun gol en propia porta de Matías, despois dun encontro igualado no que os de Julián tiveron opcións de levarse o partido pero na xogada desafortunada do final perdeu todo o traballado. De inicio unha falta do local Maki foise alta. O Dumbría foise facendo co partido pouco a pouco. Marcote tivo un par de oportunidades. Yuyo nun despiste dos locais e Matías á saída dun córner case adiantan ó Dumbría. O Tordoia estivo mellor na reanudación. Denis e Maki foron un pesadelo para os visitantes. Tivo unha boa opción Alberto pero o seu disparo dou no logueiro. Nunha contra final o centro de Dani Pena tocouno Matías e serviu para que o Tordoia se levase os puntos. SONEIRA S.D. 5 - ESCLAVITUD S.D. 2 SONEIRA SD: Javi Souto, Samu Vázquez, Alemán, Sito, Aarón, Sandelo, Alex Taibo (Sergio 72´), Agra (Nazo 77´), Pichi (Fran 81´), Adrián Pose e Basti (Darío 89´) GOLES: 1-0 9´Alex Taibo   2-0 12´Agra   2-1 33´Abel   3-1 44´Pichi  4-1 61´Basti   4-2 64´Ponte   5-2 89´Fran Vitoria importante do Soneira para alonxar as pantasmas clasificatorias cunha goleada e bo fútbol. Adiantouse pronto o Soneira, con goles de Alex Taibo, que non se prodiga moito nestas sortes, e Agra. Recortou distancias o Esclavitud pero antes do descanso Pichi poñía terra de por medio. No segundo tempo Basti, e case que co tempo cumprido Fran cerraron a goleada, ante un Esclavitud que pelexou pero foi inferior ó conxunto de Pedro Gómez. S.D. ESTEIRANA 0 - S.D .PILOÑO 0 SD ESTEIRANA: Alex, Tobío (Rafa Piñeiro 87´), Dani Rama, Maroñas, Simón, Samu Pensado, Alex Rama (Pachi 90´), Elías, Pablo Rama (Adrián 85´), Josiño Barreiro (Manu 70´) e Raúl Partido moi disputado no Xosé Luis Vara, con ritmo moi alto de ida e volta no primeiro tempo pero sen demasiadas ocasións. O segundo tempo foi máis tranquilo, pois os equipos baixaron as súas prestacións físicas. No último cuarto de hora os visitantes apretaron e tiveron boas ocasións pero a Esteirana resistiu e conseguíu un punto que pode ser o inicio da remontada na clasificación.

Comentarios