Luns. 09.09.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Soneira acércase ó liderato, o San Lorenzo estrease

1ª Galicia: o Soneira acércase ó liderato, o San Lorenzo estrease
Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio, patrocina a 1ª Autonómica Dúas vitorias de diferente cor pero igual sabor de boca na 1ª, as de Soneira e San Lorenzo, que mete ós soneiráns na zoa de cabeza, e ó San Lorenzo permítelle conquerir a primeira vitoria do ano. O Baio ofreceu un partidazo e igualou a 4 tantos co Lalín, con tres goles de MC, e o Fisterra levou un bo correctivo en Chaián. CD UNIÓN 1 - SONEIRA 2 SONEIRA: Anxo, Pichi, Agra, Jota, Aarón, Alex Figueiras (Bermúdez 86´), Sandelo (Mayor 66´), Nazo Bruno (De la Sierra 63´), Basti (Pablo 81´), Via Rápida. GOLES: 0-1 59´Basti   1-1 83´Saviola   1-2 84´Pichi Unha fulgurante reacción do Soneira co gol de Pichi contestando acto seguido da igualada do Unión, posibilitoulle ó cadro de Rafa levarse o partido no sempre difícil campo de Vilas de Rianxo. Despois dun primeiro tempo de total dominio do Soneira, o Unión tivo a mellor ocasión nun remate ó longueiro. Adiantouse mediado o segundo acto o Soneira cun gol de Basti, que parece que está empezando a atopar porta, factor importante para que o Soneira sexa aspirante ó ascenso, e despois o propio Basti e Figueiras tiveron claras ocasións, e cando o gol de Saviola semellaba o principio da remontada local, esta foi cortada de raíz por Pichi e o Soneira trouxo os puntos para Vimianzo. SILLEDA 1 - SAN LORENZO 4 SAN LORENZO: Javi Souto, David Baneira (Javi Puñal 82´), Juanjo, Pablo Díaz, Luciano, Samuel (Adrián 76´), Aitor, Yago Varela (Diego Varela 57´), Mario (Brais Cancela 82´), Alex Taibo e Kevin. GOLES: 0-1 30´Mario   0-2 54´Mario   0-3 75´Aitor   0-4 81´Mario   1-4 89´Martín Expulsado Kevin 44´ Primeira vitoria do San Lorenzo que a pesar de xogar con 10, tivo un Mario en estado de gracia e apalizou ó Silleda, no sempre difícil campo santiagués. No primeiro tempo xa se viu que o San Lorenzo non viaxara en balde, mandou duas faltas ós paos. Adiantáronse á media hora, e cando parecía que o equipo local apretaría ó xogar con un home mais, os de Verdillo sentenciaron o encontro mostrando a súa superioridade. CD BAIO 4 - LALIN 4 BAIO: Dani Varela, Isaac, Yago Couto (Moreno 76´), Mario (Adrián Lema 75´), Norberto, Fachal, Martín, Rubio (Pablo Novo 71´), Peque, MC e Santi Díaz GOLES: 0-1 4´Alberto 1-1 26´Santi Díaz 2-1 44´MC 2-2 50´Alberto 3-2 53´MC 3-3 70´Ricardo 3-4 77´Albero 4-4 78´MC O Baio está dando espectáculo no Platas Reinoso Vaia locura no Platas Reinoso. O Baio xogou un gran primeiro tempo e tivo que ir con mais vantaxe ó descanso. MC e Santi Díaz erraron claros man a man. O segundo tempo foi un manicomio, con alternativas, aberto e sen control. O Baio puido perder pero tamén ganar nunha xogada final que con superioridade na contra Martín lanzou fora cando se cantaba o gol. Volveu MC a reencontrarse co gol, e quizais sexa esa a nota mais positiva deste encontro. CHAIAN 4 - FISTERRA 1 FISTERRA: Joselu, Fabián (Dani Martínez 66´), Breixo, Robertín (Andrés 82´), Dani Rubia, Ezequiel (Noé 83´), Aarón (Gabri 77´), Roa, Piti, Víctor (Mané 82´) e Jesús GOLES: 1-0 13´Jacobo   1-1 37´Ezequiel   2-1 59´Antonio   3-1 71´Anxo   4-1 86´Alex Caeiro Mala tarde dun Fisterra con moitas baixas, que sucumbiu ante un dos equipos chamados a loitar polo descenso. Os fisterráns lograron igualar por medio desa tremenda promesa que é Ezequiel, o gol inicial do Chaián. Pero en canto os locais se puxeron por diante no segundo tempo, o Fisterra abriuse buscando a igualada e encaixou dous tantos mais que non fan xustiza ó sucedido.

Comentarios