Xoves. 10.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Igual por arriba e tensión por abaixo

2ª Autonómica: Igual por arriba e tensión por abaixo
O Mazaricos deu un gran paso ante o Outes Foto- Liga da Costa ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Nova xornada da Liga da Costa e quedan 5 por disputar e moitas cousas en xogo. Como o liderato, cunha Esteirana que segue amosándose firme e que mantén os 4 puntos de vantaxe sobre Baio e Cee. Se aguanta a Esteirana arriba, será preciosa esa loita entre baieses e ceenses pola segunda praza, que dá lugar á promoción, e na que o Cee ten o golaverage individual a favor. Os 3 solventaron os seus choques ante equipos de abaixo.

I é que por abaixo aínda hai moito que decidir. Co filial dumbriés descendido, o Montelouro aínda se aferra á épica, e de feito ten ao Cabana a sí 5 puntos a pesar de ter sumado só 3 puntos nas últimas 9 xornadas. E o Cabana tamén está nunha posición delicada, pois a súa 16ª praza está pendente dos posibles arrastres dos equipos de 1ª Autonómica, que mesmo poden afectar ao seguinte grupo, nos que Volantes, Outes e Mazaricos, a pesar de ter 5 puntos máis que o Cabana, tampouco se poden despistar.


Montelouro - Cee (0-4)

Montelouro-Cee-FOto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Pedro, Cesar, Isma, Álvaro, Pablo, Fernando (Dani, min.56), Raúl, Chema (José, min.64), Geiko, Edu (David, min.56), Pesco (Pepe, min.59).
  • CEE: Parroto (Paulo, min.66), Nico, Fiuza (Jorgito, min.46), Berto (Fermín, min.56), Rafa, Piquero, Carlos Leis (Rivi, min.56), Angeliño, Penedo, Serginho, Víctor (Isma, min.62).
  • Goles: 0-1, min.20: Penedo; 0-2, min.30: Berto; 0-3, min.44: Víctor; 0-4, min.51: Piquero de penalti.
  • Expulsión: os locais Pedro (min.50), Juan e Fernando (min.53), estos dous no banco.

Vitoria clara dos ceenses ante un Montelouro que aínda se intenta aferrar á categoría. Pese a a superioridade visitante a primeira ocasión clara foi para o Louro, saque de falta de Edu que Parroto rexeita e Álvaro fusila ao ceense que saca unha boa man desviando o balón a córner. Responderon rápido os ceenses con dous tiros de Angeliño e Serginho que despexa Pedro a saque de esquina. Aos vinte minutos un bo pase de Víctor a Penedo aprovéitao este para superar por baixo ao porteiro. Dez minutos despois chegaba un novo gol, saque de esquina sacado por Angeliño que Berto remata no segundo pau ao fondo da rede. O Cee sentenciaba o partido no último minuto deste primeiro tempo, Víctor aprovéitase dun rexeite e o seu tiro esquinado cóase na portería.

Na reanudación un claro penalti de Pedro sobre Penedo, onde o porteiro foi expulsado e o defensa Pablo ocupo o seu lugar, transfórmao Piquero. A partir de aí o partido decaeu, pero cómpre destacar o debut de Rivi logo de case dúas tempadas inédito.

Montelouro-Cee-Foto- Edu Olveira

San Lorenzo - Corcubión (1-5)

  • SAN LORENZO: Abraham, David, Adrián, Casillero, Dubra (Quillo, min.45), Anxo (Palermo, min.60), Chucho, Cachizo, Eloy (Canteiro, min.75), Fuente, Javi.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Johny, Senra, Julito, Balucho, Pablo Lestón (Antón, min.75), Sebas, David Muxía, Cristian, Lema (Abraham, min.90), Javi (Antón Trillo, min.80).
  • Goles: 1-0, min.25: Chucho de tiro cruzado; 1-1, min.30: Cristian á contra; 1-2, min.40: Cristian a pase de Lema; 1-3, min.60: Javi; 1-4, min.75: Pablo Lestón de falta; 1-5, min.85: David de Muxía á contra.

Tremenda a reacción do Corcubión trala súa derrota ante o pechacancelas, e a pesar das numerosas baixas e dos movementos estranos na directiva. De feito, este sábado o clube corcubionés celebrou unha Asemblea na que a directiva presentou as contas á directiva saínte, e o clube queda á espera. Pero tanta movida, xa rozando os temas persoais, están a cansar ao míster, un Manolín que nos anunciaba que, ao 99% o ano que vén non estará no banco branquiazul ante a marea, e a pesar de que o seu proxecto era de 2 anos.

No partido, o San Lorenzo se metía por diante co gol de Chucho, pero aí desapareceu o cadro de Verdillo, e os de Manolín, a base de brega, fixeron da lama virtude, e remontaron antes do descanso con dous goles de Cristian, que volvía ver porta. Na segunda, un bregador Javi, ampliaba a renda e eran Pablo Lestón e David de Muxía os que sentenciaban.


Dumbría B - Buño (1-6)

  • DUMBRÍA B: Fer (David, min.60), Fresa, Kevin, Tati, Cabana (Dudo, min.46), Toja, Pereira, Rivas (Martín, min.60), Josiño, Roi, Álex.
  • BUÑO: Brais, Eloy (Casais, min.52), Alfredo, Ángel, Rubén (Mauri, min.73), Emilio, Jorge, Dourado (Durado, min.64), Miguel, Dani, Gurita (Víctor, min.75).
  • Goles: 0-1, min.18: Emilio; 0-2, min.20: Gurita; 1-2, min.30: Álex; 1-3, min.46: Dani; 1-4, min.50: Dani; 1-5, min.75: Dani; 1-6, min.85: Víctor.

Vitoria que dá tranquilidade case de xeito definitivo ao Buño ante un filial dumbriés que estivo metido bastantes minutos do partido. Sobre todo tralo gol de Alex, que á media hora recurtaba os tantos seguidos de Emilio e Gurita. Dani, certificou a vitoria cun hat trick.


Esteirana - Cabana (4-1)

  • ESTEIRANA: Ramón, Maxi (Kike, min.46), Suizo (Iago, min.65), Dani Rama, Simón, Pepiño, Uru (Pichu, min.60), Álex, Alberto, Adelino (Roberto Pladur, min.46), Pablo (Chispi, min.46).
  • CABANA: Sergio, Pasos, Pepe (Mario, min.70), Dani, Iván (Posiño, min.65), Sandro, Manolo (Berti, min.75), Iván Mato, Fernando, Adán, José (Eloy, min.46).
  • Goles: 0-1, min.20: Fernando de penalti; 1-1, min.50: Roberto Pladur; 2-1, min.55: Kike; 3-1, min.60: Roberto Pladur; 4-1, min.65: Roberto Pladur.

Foi quen o líder de remontar o gol inicial de Fernando ante un Cabana que se metía por diante e que xogaba mellor na primeira metade. Pero coa entrada de Kike, Roberto Pladur e Chispi no descanso, a Esteirana tivo a verticalidade que se lle espera e en 20 minutos daban a volta ao marcador sentenciando o partido con 3 goles de Pladur.


Baio - Volantes (3-1)

Baio-Volantes-Foto- Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Mario, Moncho, Eloy, Norberto (Fachal, min.78), Rubio (Cristian, min.60), Martín, MC, Jorge (Chucho, min. 72), Alberto.
  • VOLANTES: Rubén (Iago, min.80), David, Maikel (Yerai, min.75), Mingos (Rochela, min.46), Josiño, Nimo, Varo (Brais, min.60), Adrián, Javi, Pardelo, Chenel.
  • Goles: 1-0, min.55: Alberto; 2-0, min.61: Cristian; 3-0, min.80: Cristian; 3-1, min.88: Chenel.

Bo partido do Baio que solventou ante un Volantes que tardou en atopar porta ata os últimos instantes. A primeira parte estivo marcada polo xogo no centro do campo, sen apenas ocasións claras en ambos conxuntos. Aínda que sí houbo algunha, nin Rubio nin Jorgito Vidal Martinez acertaron. Nesta xogada o colexiado foi moi protestado, sobre todo polo sector naranxa, logo de que permitise continuar co partido cando había outro balón no terreo de xogo e moi preto da xogada.

Continuou o intercambio de pases característico dos baieses e o Volantes só conseguiu chegar tres ou catro veces para disparar á portería defendida por Anxo Lema Grille. Non faltou o protagonismo do colexiado coruñés Álvaro Gil Soriano, que foi moi permisivo coas faltas e isto non mantiña contentos a ningún dos dous bandos.

Na segunda metade a cousa cambiou e a profundidade comezou a ser maior nas xogadas dos branquiazuis que non tiveron piedade e anotaron os tres goles en apenas un cuarto de hora. Primeiro foi Alberto quen bateu a Rubén cun tiro que pasou lamendo o pasou; logo, entre o recén incorporado ao campo Christian Ordóñez García e un defensa naranxa remataron un pase da morte do pichichi local Martin Fuentes Santos "MC"; e por último, Christian volvería a ser protagonista para sentenciar o partido ao facer o 3-0. Unha pérdida de balón do capitán Martín ao borde da área local permitiu a Chenel bater por abaixo a Anxo logo de que quedase "vendido".

Baio-Volantes-Foto- Santi Diaz

Muros - Castriz (2-2)

Muros-Castriz-Foto- Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Pulpo (Eloy, min.70), Paqui (Samuel, min.80), Dani, Javi (Jesús, min.80), Gelo, Saúl, Jesús, Manu, Kiko, Pedro de Nieto (Piki, min.55).
  • CASTRIZ: Toño, Martín, Sergio (Rubén, min.55), Luis, Agra, Mata, Javi (Iván, min.65), Anxo, Roberto, Muni (Cili, min.55), Sebas.
  • Goles: 1-0, min.30: Manu de penalti; 1-1, min.44: Luís; 1-2, min.55: Sebas; 2-2, min.70: Manu de penalti.
  • Expulsión: o xalleiro Agra (min.80).

Partido igualado en Muros no que dous penaltis a favor do equipo local foron os que determinaron o marcador. O Castriz remontaba o gol inicial de Manu de penalti, Luís empataba antes do desacnso e Sebas metía os rossoneros por diante aos 10 da segunda. Pero de novo Manu, firme dende os 11 metros, asinaba o empate que deixa aos dous equipos como estaban, nunha cómoda media táboa.

Siareiras do Castriz en Miraflores-Foto- Jorge Parri

Mazaricos - Outes (2-1)

Mazaricos ante o Outes-Foto- Liga da Costa
  • MAZARICOS: Dani, Casais, Rodri, Matías, Chico (Tubi, min.46), Martín (Oreiro, min.55), Ricardo, Estéfano, Esteban (Brais, min.55), Molinos (Cristian, min.75), José Ángel.
Outes en Mazaricos-Foto- Liga da Costa
  • OUTES: Gato, Arturo, Chúa, Borja, Damián (Saúl, min.46), Poke (Michi, min.55), Mario, Martín, Elías, Kin,, Migui (Fabio, min.75).
  • Goles: 1-0, min.20: José Ángel; 1-1, min.75: Elías; 2-1, min.80: José Ángel.

Partido vita e vibrante entre dous equipos moi necesitados. E venceu o que máis presas tiña, un Mazarios que agora caza ao propio Outes e mais ao Volantes, quedando con 5 puntos sobre o Cabana, e con 10 sobre o Montelouro. José Ángel, con dous tantos, foi o gran protagonista, adiantando aos amarelos e sobre todo marcando o gol da vitoria a falta de 10 minutos para o final.

Mazaricos-Outes-Foto- Sara Ramos

Zas - Carnota (1-1)

  • ZAS: Miki, Amado, Oliver, Lagoa, Martín, Pío, Adrián, Pablo, Ismael, Pastor, Mario.
  • CARNOTA: Luis, Tono, Manolo, Pedro, David, Boni, Jacobo, Rodrigo, Nakata, Martín (Urco, min.65), Berni.
  • Goles: 0-1, min.10: Rodrigo de falta; 1-1, min.15: Lagoa de penalti.

Choque igualado entre dous equipos moi semellantes e con moitas baixas. Apenas 1 cambio entre os dous equipos, e dous goles no primeiro cuarto de hora. Rodrigo, o gran insustituible para o cadro de Cambeiro, adiantaba aos seus de falta, pero de contado, Lagoa, de penalti, marcaba o empate.

Cómpre destacar o debut, de Pío, procedente do Xallas de Santa Comba, nas filas zaenses.

Pio debutou co Zas-Foto- Sp Zas

Corme - Sofán (4-2)

  • CORME: Suso, Dani, Jesús, Pandi, Chino (Alejandro, min.56), Martín (Abel, min.80), Manu (Joshua, min.70), Adri (Javi, min.88), Juan, Lucas, Brais.
  • SOFÁN: Bugy (Dani, min.85), Cantudo (Gustavo, min.70), Lista, Juanjo, Marcos, Iván Rey, Míchel, Eloy Boedo, Pikas (Jacobo, min.60), Suso, Santi.
  • Goles: 1-0, min.5: Juan de penalti; 1-1, min.10: Santi; 1-2, min.46: Eloy Boedo; 2-2, min.56: Manu; 3-2, min.60: Manu; 4-2, min.70: Juan.

Con 4 vitorias consecutivas chegaba o Sofán ao Cairo, pero o Corme parou á SD. Os cormeláns conseguiron amosar un bo xogo, sobre todo na segunda metade, para decantar a vitoria local, que os deixa a 3 puntos desa 4ª praza pola que loitan ambos equipos ademais do Zas, e que polo de agora está en poder do cadro carballés.

A primeira metade foi de golpes continuos. Juan adiantaba aos locais de penalto, pero Santi igualada de contado. Comezaba a segunda co gol de Eloy Boedo para a SD, pero volvía responder pronto, desta volta, o Corme, co empate de Manu, que en 5 minutos daba a volta ao marcador, para que Juan remachase a remontada e deixase os puntos en casa.


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios