2ª Autonómica: O Cee descólgase
A derrota do Cee ante o eterno rival, o Corcubión, deixa aos de Floreal e José Carlos a 7 puntos do liderato e a 3 da 2ª praza. Cómplicase o ascenso para os ceenses, ante unha Esteirana e un Baio que non fallan, como demostraron nas súas díficiles saídas ao Eleuterio Balayo co Volantes e a Castriz.
Por abaixo, vitorias do Outes e do Cabana, que deixan ao Montelouro case cun pé en segunda, xa a 8 da salvación con 12 puntos por xogar. Pero nin Cabana, nin Volantes, nin Mazaricos, nin sequera Outes con esta vitoria, poden despistarse, pois o mal estado dos equipos costeiros en 1ª fai que poida haber ata 2 postos de arrastre.
Corcubión - Cee (3-2)
- CORCUBIÓN: Cristian, Alán, Senra (Edu, min.70), Julito, Johnny (Balucho, min.46), Sebas, Pablo Lestón, Lema, David (Mario, min.60), Cristian, Lourido.
- CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Rafa, Berto (Serginho, min.72), Piquero, Carlos Leis (Rivi, min.65), Angeliño, Diego Cespón, Penedo, Víctor.
- Goles: 0-1, min.5: Piquero; 1-1, min.35: Lema de penalti; 1-2, min.50: Diego Cespón dende 30 metros; 2-2, min.55: Cristian: 3-2, min.65: Mario.
- Expulsión: o ceense Diego Cespón min.80.
Derrota que deixa case nun imposible a liga para os ceenses e complícalles a segunda praza, ante o eterno rival, un Corcubión que pese a verse por baixo do marcador ata en dúas ocasións conseguiu darlle a volta en dúas ocasións e darlle unha boa alegría á súa, onte, numerosa afección.
Na primeira metade o Cee realizo un bo partido onde levo o control do balón. Adiantáronse os de Floreal aos 5 minutos, nun saque de esquina ao segundo pau onde Penedo contrala e centra para que Piquero á media volta supere a Cristian. Busco aumentar diferenzas os ceenses, pero Cristian anticípase a Penedo tralo pase de Leis. Respondeu o Corcubión ao cuarto de hora na súa primeira chegada, Cristian desfaise de Berto pero o seu tiro sae desviado. Volvía pisar área ceense á media hora de novo esta vez era Pablo Lestón quen se coa entra a defensa pero o seu tiro despéxaos a córner Parroto.
Aos 35 chegaría o penalti, protestado polos ceenses por suposta falta de Piquero a Lourido, que Lema non desperdiciaría. Aínda se foi arriba o Cee neses últimos compases do primeiro tempo, pero Diego Cespón con todo ao seu favor remata desviado un centro de Penedo.
A segunda parte empezou igual que a primeira, adiantándose os ceenses grazas a un golazo de Diego Cespón, enganchou un balón desde máis de trinta metros. Pero aí desapareceu o Cee e os de Manolin reaccionaron rápido e tomaron o mando do partido. Tan só tres minutos despois un centro de Alán remátao Cristian só dentro do área e a súa cabezazo cólase na portería visitante. Este gol foi un duro golpe para o Cee, que vía como minutos despois, Mario, que tan só levaba oito minutos sobre o terreo de xogo, aprovéitase dun fallo defensivo para superar a Parroto na súa saída e dar así a volta ao marcador no ecuador deste segundo periodo. Un Cee, que se quedou cun home menos a dez minutos para o final ao ver Diego Cespón a súa segunda amarela, buscou o empate e o Corcubión puido aumentar diferenzas nas moitas contras que desaprovetou. Os ceenses reclamaban, mentres, un penalti por mans en área local.
Buño - San Lorenzo (2-1)
- BUÑO: Brais, Ángel, DIego, Alfredo (Secundino, min.46), Rubén (Gurita, min.66), Emilio, Jorge, Miguel, Juan (Dani, min.46), Mauri (Eloy, min.73), Víctor.
- SAN LORENZO: Sergio, David, Adrián (Robin, min.82), Dubra, Quillo, Anxo, Chucho (Carlos, min.70), Cachizo, Palermo (Eloy, min.77), Fuentefría, Javi Pensado (Bolón, min.82).
- Goles: 0-1, min.20: Cachizo; 1-1, min.70: Víctor; 2-1, min.80: Miguel.
Vai reclamar o san Lorenzo a actuación arbitral, que considera fundamental para a derrota. Os de Gueli pediron un penalti por mans e protestaron o gol que daba a vitoria por suposto fóra de xogo. I é que o Buño era capaz de darlle a volta ao gol incial de Cachizo nunha boa segunda metade dos malpicáns. Víctor primeiro, e Miguel, a falta de 10 minutos, e en posible fóra de xogo, daban os 3 puntos ao Buño que lle vale para superar ao San Lorenzo na táboa, e meterse 9º.
Volantes - Esteirana (0-1)
- VOLANTES: Rubén Santos, Josiño (Yeray, min.76), Juan do Sivil, Amu, Varito, Brais (Martín, min.61), Adrián, Javi de Baño, Chenel, Pardelo (Nacho, min.71)
- ESTEIRANA: Ramón, Simón, Chispi (Roi, min.88), Damián Suizo, Pablo, Pepiño, Uru, Álex, Alberto, Kike (Iago, min.83), Róber Pladur (Picholeiro, min.80).
- Goles: 0-1, min.10: Kike; 0-2, min.65: Kike, de penalti.
Tremendo ambientazo, coma sempre, no Eleuterio Balayo de Muros, para ver un novo derbi. Prevíase intenso, pois o Volantes non pode descoidarse e a Esteirana ten que seguir sumando. Pero non se lle deron ben os derbis este ano ao Volantes, pois dos 6 disputados ante Esteirana, Muros e Montelouro apenas sacou 1 punto. Onte estivo cerca, pero a eficacia blaugrana demostrou que o cadro esteirán está un punto por riba. E parte da culpa a ten Kike Paluca, onte de novo decisivo. Aos 10 minutos culminaba unha gran acción colectiva, e na segunda machaba dende os 11 metros, e iso que o Volantes tivo grandes fases de xogo, combinando ben e chegando a meta de Ramón, pero sen acerto cara gol.
Castriz - Baio (1-3)
- CASTRIZ: Toño, Martín, Luis, David Pose, Prego, Anxo (Iván, min.76), Javito (Rubén, min.60), Cilindro, Roberto, Pablo (Víctor, min.70).
- BAIO: Anxo, José Antonio, Mario, Chema, Eloy, Norberto (Cristian, min.60), Martín (Fredi, min.82), Rubio (Chucho, min.46), Jorge (Pablo, min.75), MC, Alberto.
- Goles: 0-1, min.25: Jorge; 0-2, min.44: Jorge; 0-3, min.50: Norberto; 1-3, min.70: Luís.
Comezou a primeira metade e o dominio baiés foi claro durantes os primeiros 45 minutos. Esta superioridade sobre os xalleiros deu os seus froitos e chegaron os dous primeiros goles da tarde. O primeiro chegou nun saque de banda que colgou á área Chema e, logo que Norbi cabecease o balón e se estrellase no longueiro, Jorge enviouno ao fondo das redes xalleiras. E no último minuto da primeira parte a historia non cambiou moito; pase en largo a Norbi que cede o balón a Jorgito para que este remate a porta baleira e faga o 0-2 antes do descanso.
A pesar da superioridade dos de Félix, o Sociedad Deportiva Castriz avisou varias veces a Anxo, que firmou unha gran actuación salvando aos seus de varios goles. Mesmo tivo que despexar a córner un saque do porteiro que se foi envenenado e estivo a piques de sorprendelo.
Na segunda metade a posesión continuaba sendo para o Baio. Corrían os primeiros minutos trala reanudación cando Norbi volviu a intervir no terceiro e último gol baiés, pero esta vez sería el quen batería por baixo ao meta local cun tiro que lle pasou entre as pernas. A dupla Jorge-Norbi funcionou.
E cando aínda faltaba media hora, os locais recurtaron distancias a un Baio que baixara a súa guardia e metera varios cambios.
Outes - Muros (1-0)
- OUTES: Gato, Damián, Arturo, Chúa, Borja, Poke (Lass, min.73), Potro (Saúl, min.50), Martín Caamaño, Elías (Fabio, min.81), Quin (Álvaro, min.85), Migui.
- MUROS: Fabio, Sexo, Javi de Vístete (Veloso, min.80), Dani Corniños, David, Lisardo (Samuel, min.80), Saúl, Gelo, Manu Dosil (Piki, min.70), Kikinho (Pedro de Paky, min.55), Jesús (Juanito Murciano, min.65)
- Gol: 1-0, min.60: Quin.
Importante vitoria do Outes que o saca da zona máis perigosa ante un Muros plagado de baixas. Foi un choque atípico, sen demasiada tensión a pesar do que se xogaba o cadro local. A primeira metade deixou demasiado medio campo e poucas xogadas de ataque, e foi Quin, aos 15 da segunda, tras un roubo no medio campo dos seus, o que faría o gol da vitoria.
Carnota - Mazaricos (0-0)
- CARNOTA: Luís de la Peña, Manolo Chouza, Jacobo, Pedro de Pichín, David de Brea, Boni (Pumuky, min.68) Rodrigo, Tono da Caixa, Nakata (Manuel Luis, min.69), Pablo Beiro, Buonanotte (Manoliño, min.56)
- MAZARICOS: Pejo, Matías, Óscar, Casáis, Rodri, Ricardo (Brais, min.72), Oreiro, Esteban, Martín, Estéfano, José Ángel (Molinos, min.65).
Partido de 0-0 en Lombáns entre dous equipos que se respetaron demasiado. Apenas tiveron traballo os Luís de la Peña e Pejo, antes as poucas embestidas de uns e outros. O Carnota, coas baixas habituais, puido, cando menos, disfrutar dun re debut, o do punta Manoliño, que voltaba aos terreos de xogo nun dos seus ex equipos para darlle ao Carnota a mordente que lle falta cando non están Joselu nin Casti.
Sofán - Zas (1-1)
- SOFÁN: Dani, Marcos, Lista, Juanjo, Cantudo (Gustavo, min.66), David Pensado, Míchel, Eloy Boedo (Pensado, min.78), Iván Rey, Suso Docampo, Santi.
- ZAS: Miki, Martín, Óliver, Lagoa, Pereiro, Pablo, Peke, Diego (César, min.63), Isma, Pastor (Braulio, min.63), Mario.
- Goles: 1-0, min.20: Eloy Boedo; 1-1, min.35: Mario.
- Expulsión: ao sofanista Lista (min.70).
Un punto, e puideron ser 3 os que sacou o Zas do Carral. Nun duelo de dous dos equipos que loitan pola 3ª praza, o Zas foi mellor, sobre todo na segunda metade, tras un primeiro tempo no que Eloy Boedo adiantaba aos locais tralo dominio inicial do Sofán, pero que Mario igualaba corroborando a reacción visitante.
A xogada do partido, o paradón de Dani a unha falta do obús zaense, un Iván Lagoa que cando hai unha falta ao borde da área, fai tremer a propios e estranos. Ademais, o Zas segue ampliando a súa plantilla, e fichou a Damián.
Corme - Montelouro (7-1)
- CORME: Javi, Adolfo, Dani, Jesús (Joshua, min.55), Pandi (Chino, min.68), Martinciño (Abel, min.66), Juan Chans, Adrián Doldán (Alejandro, min.70), Miguel Torrado, Lucas, Brais.
- MONTELOURO: Álvaro, Cesar, Isma, Jose, Pablo, Dani, Raúl, Chema, Geiko, Edu, Pesco.
- Goles: 1-0, min.10: Juan Chans; 2-0, min.20: Juan Chans; 2-1, min.40: Geiko; 3-1, min.50: Lucas; 4-1, min.60: Juan Chans; 5-1, min.65: Juan Chans; 6-1, min.70: Juan Chans; 7-1, min.75: Juan Chans.
Está servindo este final de Liga para comprobar que o ano que vén vai haber moito Corme. Estase destapando o novo Juan Chans, que onte asinaba nada menos que 6 tantos diante da súa parroquia. O Montelouro, aínda co soño de manterse (esta semana teno un pouco máis difícil coa vitoria do Cabana que o deixa a 8 puntos a falta de 12 por xogarse), aguantou moi ben a primeira metade, reaccionando e todo ante os dous goles inicials de Chans. Pero o gol de Lucas á volta do descanso matou aos loureáns, que marcharon do partido e se viron totalmente superados.
Cabana - Dumbría B (4-0)
- CABANA: Añón, Pazos (Rubén Rama, min.20), Pepe, Marcos, Eloy, Iván de Treos (Sande, min.70), Sandro, Manolo do Cruceiro (Mario, min.64), Fernando (Adao, min.55), Iván Mato, Berti.
- DUMBRÍA B: Fher, Charly, Dudo, Toja, Abuelo, Pereira, Tomás, Rivas, Rodri, Álex Pazos, Riki.
- Goles: 1-0, min.25: Fernando; 2-0, min.35: Rubén Rama; 3-0, min.70: Fernando; 4-0, min.75: Adao.
Importante triunfo do Cabana ante o pechacancelas nun partido con pouca historia. O Dumbría chegaba cos xustos e apenas puido prantar cara que viu como o Cabana levou a iniciativa en todo momento. Fernando e Rubén Rama marcaban na primeira, e o propio Fernando, e máis Adao, facía os goles na segunda.
Máis información
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso segue metidos no lío.
- Preferente: Xornada de paso.
- Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril.
Novas relacionadas
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o UC Cee, Santi Díaz.