Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso seguen metidos no lío

1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso seguen metidos no lío
Malpica-Camarinas-Foto-Wash-Calvo

En descenso durme esta semana o Fisterra trala súa 5ª derrota consecutiva e o seu 7º partido sen gañar. Os de Juan Jesús están nun mal momento e ven como o Flavia e o Laro os alcanzan. Non pode durmir moito máis tranquilo o Ponteceso, con só un punto máis que Fisterra e Flavia trala derrota ante o líder.

O que si respira é o Camariñas, e gracias a que Cheo non acertaba dende os 11 metros xa no desconto, para permitir que os de Berto sumasen unha nova vitoria fóra de casa que os deixan a 5 do descenso.

Para a semana (quedan 4 partidos), temos dúas finalísimas: Ponteceso-Laro e Fisterra-Piloño. Ambos terán que gañar se non queren afrontar as últimas 3 xornadas en postos de descenso.

Malpica - Camariñas (1-2)

Malpica en Pedra Queimada-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Suso, Charly (Eme, min.65), Víctor (Martín Uruguaio, min.55), David Castro, Mario Casal (Marco, min.46), Alemán (Marcos Amado, min.77), Ismael, Cheo, David Blanco, Fernando Varela, Adrián.
11 do Camariñas en Pedra Queimada-Foto- LUis E Porto
  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Rodrigo, Sergio, De la Sierra, Caamaño, Brais Triñáns, Moriño, Álex (Oduma, min.85), Juan oBello, Martín (Paco, min.75).
  • Goles: 0-1, min.50: Alex de barriga tras un córner de Juan oBello; 1-1, min.70: Cheo tras un paradón de Pombo a un tiro de David Blanco; 1-2, min.75: Juan oBello de falta directa cun tiro raso.

Levou o Malpica un prezado triunfo de Pedra Queimada que o alonxa lixeiramente dos postos perigosos. E ten que darlle as gracias a Cheo, que no min.92 marraba un penalti que significaría o empate. Na primeira parte foi o Malpica o que levou un pouco mais a iniciativa. Era Brais Mouzo o primeiro que avisaria tras un córner botado en corto. Pero de contado, Ismael, David Blanco e Fernando Varela avisarían a Pombo.

Na segunda a efectividade do Camariñas reflexouse no marcador. Alex adiantaba pronto aos de Berto, que seguen facendo os deberes que non fan na casa lonxe do Hermanas Patiño. Pero o Malpica reaccionou e conseguiúa empatar por medio de Cheo. Non tardou en respostar o cadro vermello e Juan Obello superaba a barreira e puña o 1-2 no marcador, que non tería sido definitivo se Cheo non marrara dende os 11 metros co tempo cumplido.

Gol-de-Juan-oBello-no-Malpica-Camarinas-Foto-Wash-Calvo

Estudiantil - Ponteceso (2-0)

  • PONTECESO: Norberto (Suso, min.84), Rubén, Jorge (Diego, min.65), Dani Pallas, Javi Peón, Lorenzo, Josito, Recarey, Bieito (Manu Urbieta, min.70), Bolón (Alberto Recarey, min.80), Canay (Martín Puente, min.76)
  • Goles: 1-0, min.5: Colón, de penalti; 2-0, min.70: Adrián Beiroa.

Era un choque difícil o do Ponteceso no campo do destacado líder, e malia facer un bo partido os de Nacho voltaron de baleiro. Foron dous ex do fútbol da Costa como Colón e Adrián Beiroa os que puxeron a puntiña, nun partido que o Estudiantil soubo manexar, controlar e aguantar ata sentenciar. Os visitantes tiveron poucas ocasións para acadar o empate e co 2-0 acababa o partido.

Amio - Fisterra (3-1)

  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil (Bebeto, min.85), Piti (Munitis, min.80), Sergio Manín (Dani, min.56), Robertín, Roco, Santi (Mario, min.70), Guardiola, Cote, Aitor, Hugo de Dios.
  • Goles: 1-0, min.15; 2-0, min.55; 2-1, min.70: Roco; 3-1, min.82.

Volveu de baleiro, por 5ª semana consecutiva, o Fisterra. E iso que arrincaba vén o cadro de Juan Jesús, con Cotte e Aitor facendo dano. Pero tampouco tiveron sorte, e na primeira un gol tras un córner daba vantaxe aos locais. Comezaba a segunda cun gol tanto, tras un rebote, que facía moito dano ao cadro verde, que aínda así se recuperaba e recurtaba por medio de Roco. Pero non tivo tempo para reaccionar, pois os santiagueses sentenciarían de falta aínda con 10 longos minutos para o remate.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios