Sábado. 12.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Xornada de estreas

2ª Autonómica: Xornada de estreas
Zas-Carnota-Foto-Alejandro Mel

Ponse o Buño de líder trala 2ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Unha xornada marcada pola Barca e da Barquiña, que deixou a varios equipos en cadro.

Unha xornada que deixa cousas importantes, como o primeiro partido da historia con luz artificial na Grixa, desputado o xoves pasado. E que deixa tamén a primeira vitoria do Baíñas e do Seaia na categoría.

Polo demais, atentos ao Buño, cun inmellorable comezo e que xa se sitúa de líder.

Porteño - Ponteceso (3-1)

  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Gabi, Manu, Caamaño, Doyle, Iago, Marcos (Óscar, min.55), Cristian (Oli, min.85), Anxo (Wii, min.46) e Jose (Javi, min.60).
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Fabi (Lorenzo, min.80), Pablo, Peón, Dani Cotelo, Medienta, Alberto Recarey, Juanma (Eloy, min.65), Dito (Manuel, min.75), Dani Valle (Cristian Fuentes, min.70).
  • Goles: 1-0, min.20: Pejo de cabeza a unha falta lateral; 1-1 min.30: Alberto Recarey de falta; 2.1 min.52: Caamaño de cabeza; 3-1, min.70: Pejo de novo tras un córner.
  • Expulsións: Mendienta no min.72.

Xa parece que Barquiña influíu no choque a pesar de disputarse o xoves no equipo de Marco, que tamén acusou varias baixas do partido do Seaia da primeira xornada. Non tanto nos da Ponte, que esperaron para disfrutar da Barca durante a fin de semana e estrearon alumeado artificial na Grixa.
Partido igualado na primeira metade con máis posesión do cadro pontecesán, que fixo uns bos 45 primeiros menutos, e os locais facendo moi to dano con xogadas a balón parado, de feito 2 dos tantos chegarían a balón parado e os tres por arriba. Alberto Recarey tamén facía dano cas faltas, unha foi dentro e outra repeliuna a cruceta.

Na segunda presionou máis arriba o Porteño, tendo ocasións á contra, como un tiro de Cristian ao apu e outro de Iago. O Ponteceso baixou o ritmo e sufriu un apagóne encaixaron eses dous tantos a balón parado, o que sumado á expulsión de Mendieta acabou co choque.

Cabana - Camariñas (4-1)

Cabana Camarinas nas Redondas-Foto-Cabana SD
  • CABANA: Añón, Ismael (Adán), Aurelio, David (Raúl), Pepe, Fariña (Iván de Treos), Charly, Pepe, Manu Guillamet, Miki, Manolo do Cruceiro (Diego)e Iván Mato.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergi, Piti, Sestayo, Santi, Moriño, Mario Toja, David Toja (Saviola, min.60), Javi (Paco, min.60), Ismael e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.11: Iván Mato; 2-0, min.50: Manolo do Cruceiro; 3-0, min.67: Iván Mato; 3-1, min.84: Yuyo; 4.-1, min.89: Miki.

Moitos xuvenís no equipo de Raúl Periscal que deron a cara e estiveron moito máis enchufados, ante un Camariñas de Gerpe e Javi Baña que chegaba tarde a todo. Iván Mato adiantou pronto aos locais e o Camariñas foi sempre a remolque. A sentenza chegaría á volta dos vestiarios cos tantos o eterno Manolo e do propio Iván Mato.

Camelle - Baíñas (1-4)

  • CAMELLE: Carlos Tajes, Adrián Pasantes, Rodri, Valiña, Snacky, Currás (Cristian,m in.55), Rodrigo, Adri, Sergio, Álvaro (Tedín, min.55) e Jesús (Rubén, min.70).
  • BAÍÑAS: Sergio, Samuel (Sancho min.70), Martín, Héctor, Iván, Mata, Esteban (Capote, min.60), Jaime, Eloy, Tasky e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.9: Adri de penalti; 1-1, min.33: Javi Suárez de penalti; 1-2, min.52: Jaime; 1-3, min.62: Javi Suárez tras un córner; 1-4, min.87: Javi Suárez nun balón longo do meta Sergio.
  • Expulsión: Snacky con rigorosa tarxeta vermella directa na xogada do penalti por unhas mans.

Xa comeza a carburar este Baíñas e un dos primeiros en sufrilo foi o Camelle. E iso que os de Varu comezaron mandando no marcador co gol de Adri dende os 11 metros. Pero á media hora chegaba a xogada clave do partido, cun penalti e unha rigorosa expulsión de Snacky por mans. Non perdoo Javi Suárez que na segunda demostrou que esta categoría tamén lle queda pequena. Cun par de goles a balón parado o Baíñas sumou a súa primeria vitoria na categoría.

Montelouro - Buño (1-5)

Montelouro-Buno-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, César, Pablo, David (Benja, min.65), Isma Cosme, Teo, Gelo, Dani, Pesi (Edu, min.46), Raúl (Pepe, min.46) e Riki.
  • BUÑO: Víctor, Rubén, Matías (Juan Antelo, min.80), Diegón, Fran Borrazás (Ángel, min.72), Jorge Calvete, David Dourado, Charro, M. Uruguayo (MIguel Dourado, min.75), Elías e Víctor Vilar.
  • Goles: 0-1, min.2: M. Uruguayo; 0-2, min.35: Charro; 0-3, min.44: Charro; 0-4, min.55: Charro; 0-5, min.56: M. Uruguayo; 1-5, min.60: Dani.

Ponse novo Buño de Chema Rivadulla e José Queijas de líder da categoría tras unha nova goleada nun partido de claro domino visitante. Xa aos 3 minutos Uru abría o marcador para os malpicáns, que ao descanso xa marchaban 0-3 cos tantos de Charro, que non deixou de percutir durante a segunda metade, sobre todo no treito inicial.

Montelouro-Buno-Foto- Edu Olveira

San Lorenzo - Outes (2-1)

  • SAN LORENZO: Diego, Rubén, Adrián, Pablo Novo, Rudi Cotelo, Alex Figueiras, Alex Taibo (Cachizo, min.60), Schuster, Parafita (Fuentefría, min.75), Carlitos (Dani Laxe, min.70) e Juni (Joaquín, min.55).
  • OUTES: Gato, Chúa, Róber, Borja (Rafa), Oki (Manu), Barral, Martín, David, Saul, Yago e Piki (Babu).
  • Goles: 1-0, min.25: Parafita; 2-0, min.48: Parafita; 2-1, min.83: Chúa de cabeza .
  • Expulsión: o delegado local Jaime no min.80.

Unha parte para cada un e 3 puntos para os carballeses de Verdillo, que se cadra tiveron as ocasións máis claras do partido. Empezou equilibrado, pero na primeira metade puido materializar varias ocasións o cadro de Pedro Novo, sobre todo despois do primeiro tanto de Parafita.

Aguantou o Outes, pero nada máis saír dos vestiarios Parafita facía o segundo. Aí apretou o equipo de Manu Roque pero non chegou para a igualada. Á contra, co 2-0 marraron varias ocasións os locais para sentenciar mesmo cunha ocasión dous contra o porteiro, pero os Juni, Joaquín, Alex Figueira, Carlitos… non estiveron finos.

E se complicou o partido, co gol de Chúa faltando 7 minutos. Os da Serra, que levabana moitos minutos en campo contrario, comezaron a ter ocasións pero non deu chegado o gol do empate.

Seaia - Mazaricos (2-1)

Seaia- Mazaricos-Foto-Seaia
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Adrián, Vistas, Alberto, Eme (Dimaga, min.73), Adra (Zala, min.75), Miguel (Damián, min.70), Camilo, Nando e Barreiro (Juni, min.60).
  • MAZARICOS: Pejo, Chico (Matías, min.30), Ricardo, Martín, Esteban (Ferreiro, min.70), José Ángel, Pereiro, Tuco (Estéfano, min.46), David, Molinos e Chenel.
  • Goles: 0-1, min.20: Molinos; 1-1, min.65: Adra dende a frontal; 2-1, min.93: Adrián Ramos tras un córner.

Sufrida primeira vitoria da historia do Seaia na 2ª contra un equipo moi forte, que prantexou o partido dende atrás deixando con poucos espacios para xogar. De feito saíu mellor o Seaia pero nunha contra mandou Chenel ao longueiro e de contado marcou Molinos para os de Néstor.
A primeira metade remataría con ese resultado e varias ocasións para os dous equipos.

Na segunda foi clave o factor físico, cuns malpicáns que aguantaron máis e creron máis na vitoria. Empatou Adra cun bo disparo dende a frontal e Chenel tivo o 1-2 cunha clara ocasión a porta baleira. Pero o Mazaricos pegou un baixón físico e o Seaia embotellou aos amarelos, pero non foi ata o último suspiro cando nun córner Adrián Ramos conseguía facer os 3 primeiros puntos do Seaia en 2ª Autonómica.

Seaia- Mazaricos-Foto-Seaia

Fisterra - Volantes (0-2)

  • FISTERRA: Andrés, Munitis, Manuel Cartamil, Julito (Breixo, min.55), Dani, Noé (Guardiola, min.46) (Gabi, min.80), Santi, Robertín, Roco (Gabi, min.46), Pablo Lestón e Naranjo (Asier, min.70).
  • VOLANTES: Marcos, Juan, Nimo, Mayuyo, Miguel, Espi (Javi, min.88), Brais (Edu, min.70), Moja, Picho, Jesús (Parde, min.60) e Piti.
  • Goles: 0-1, min.20: Espi; 0-2, min.35: Piti.
  • Expulsión: o meta fisterrán Andrés no min.10.

Poucos efectivos conta Nacho á fronte do Fisterra, con apenas 12 efectivos dos maiores e os xuvenís metendo unha man, a pesar da Barca. E non tivo piedade este Volantes con moitas caras novas, que foi superior durante os 90 minutos.

Ademais, o partido viuse marcado pola expulsión do meta Andrés aos 10 minutos por unha falta a Piti, polo que un xogador se tivo que poñer baixo paus e non houbo opcións á remontada.

Só a partir do minuto 60, o Volantes baixou o ritmo e o Fisterra endureceu o xogo e o ambiente quentouse algo, se ben o equipo que dirixía Chisco pola sanción de Felipe Candamo tivo varias para sentenciar mentres que polo cadro local só tiña unha clara de Naranjo diante do porteiro que non acabou en gol.

Cee - Castriz (2-1)

Cee-Castriz
  • CEE: Parroto, José Ramón, Jorge (Sergio, min.70), Tebo, Jacobo, Josiño, Cristian Hidalgo, Penedo (Andrés, min.75), Leo (Tonecho, min.80), Bruno e Chiru (Piquero, min.46).
  • CASTRIZ: Pablo, Martín, David Velo (Joel, min.70), Ales, Víctor, Martín Uruguayo, Cilindro, Bruno, Chinda, Luís (Dani Martínez, min.60) e Bolón.
  • Goles: 0-1, min.55: Luís; 1-1, min.70: Álex en propia meta; 2-1, min.72: Leo de penalti.
  • Lesións: O xalleiro Luís.

Partido disputado, bonito e igualado pero tamén duro (demais segundo o míster xalleiro Esteban Blanco) e sen ocasións. Primeiros 20 minutos de superioridade local que protestaron un gol anulado por fóra de xogo. O balón estivo disputado, sen dominador claro, con moito traballo no medio campo, e sen apenas chegadas na primeira metade.

Cambiou Esteban o 433 inicial por un 442 buscando as entradas de Cinda e Luís poas bandas. Comezou o cadro visitante marcando por medio de Luís, pero de contado o Cee empataba cun gol en propia meta do Castriz e despois cun penalti que tamén protestaron os xalleiros. De aí ao final estirouse o Castriz pero sen claridade para acadar o que para eles deberí ter sido un xusto empate.

Protestas do Cee ante o gol do Castriz

Zas - Carnota (2-1)

Capis no Zas-Carnota-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Anxo, Oli (Fabián, min.79), Pereiro, Josito, Vecino, Canedo, Peke, David Blanco, Pablo (Dani, min.60) e Isma.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Nico, Ferreiro, Tono da Caixa, Pumuky, Raúl (Pablo PIchín, min.80), Iván, Nakata, Boni, Pablo Beiro (Berni, min.55) e Adrián (David, min.91).
  • Goles: 1-0, min.12: David Blanco; 1-1, min.50: Ferreiro de penalti; 2-1, min.94: Canedo.
  • Expulsión: Nakata no min.91.

Sufríu o Zas para manter os 3 puntos na casa ante 200 espectadores contra un, coma sempre, aguerrido Carnota, que vendeu cara a súa pel e acabou protestando moito a actuación arbitral. Malia dominar o control do balón durante os 90 minutos, ante un replegado Carnota, que buscaba as contras, o choque non se decidiu ata o último suspiro. Nunha desas contras, nada máis comezar o choque, Adrián vía como o colexiado lle anulaba un gol ante a estupefacción dos carnotáns. Luís de la Peña foi o máis destacado dos de Cambeiro, desbaratando un man a man ao fío do descanso de David Blanco que estivo a piques de ampliar a renda aberta no min.12 co seu primeiro gol da temporada. Comezaba a segunda e Ferreiro empataba dende os 11 metros, algo protestado polos locais. Luís paroulle outra clara a Isma e outra a Dani, mentres que aí, no ecuador da segunda tivo o Carnota o partido. Pero xa co tempo cumplido Canedo anotaba o gol da vitoria para os de Iván Cancela, ante as protestas dos carnotáns que pediron falta do rematador sobre Nico.
Unha xogada polémica á que lle engaden que xa era demasiado o tempo engadido no momento do gol, e a rigorosa expulsión de Nakata, se ben o penalti a favor dos de Cambeiro tamén foi esaxerado.

David Blanco e Nico no Zas-Carnota-Foto-Alejandro Mel

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios