Domingo. 08.09.2024
El tiempo

20 novos adestradores contan co Título de Monitor de Fútbol Base tralo curso intensivo de Baio

20 novos adestradores contan co Título de Monitor de Fútbol Base tralo curso intensivo de Baio
Curso Baio Clausura out17 Clausura do Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base celebrado en Baio

Este pasado xoves 5 de outubro, tivo lugar a clausura del Curso de Monitor Intensivo que se desenvolveu en Baio durante os últimos dous meses. Son 20 os alumnos que sacaron un título xa necesario para adestrar en todas as categorías base así como na 3ª Galega.

A entrega estiveron, ademais dos grandes protagonistas chegados de todas partes da bisbarra, o alcalde de Zas, Manuel Muiño, así como o director da Escola Galega de Entrenadores, Manuel Mosquera e o coordinador dos cursos na Costa, Manuel Corredoira.

Entrementres, por Fisterra desenvólvese o Curso UEFA B, pero perdeuse unha boa ocasión para desenvolver o Curso UEFA A en Baio ao ter habido só 7 alumnos. Haberá que esperar varios meses para a vindeira convocatoria.

O cormelan Alejandro xa e Monitor de Futbol Base O cormelán Alejandro xa é Monitor de Futbol Base

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios